Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

xoves, 13 de setembro de 2012

CHARLA-COLOQUIO LOPD (Ley Orgánica de Protección de Datos)



O pasado venres día 8 de setembro Pablo Gómez Taboada, vogal da Xunta directiva da Anpa encargado de seguros e protección de datos e Juan M. Pérez Nartallo, presidente, deron unha charla-coloquio organizada pola Fanpa no Centro social de O Gorgullón a que asistiron unhas 25 Anpas para dar a coñecer a experiencia da nosa Anpa respecto da protección de datos de carácter persoal. A Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses é punteira entre as Anpas de Pontevedra neste crucial tema que atende ao dereito á intimidade.

                                                         

                                                             Recibide un cordial saúdo

mércores, 12 de setembro de 2012

De Volta ao Cole: BENVIDOS



Hoxe 12 de Setembro, comezamos  de novo o Cole. Tras as vacacións estivais, os nosos nen@s volven ás aulas e con eles, a frenética cotineidade  do día a día e das mil e unha tarefas e actividades coas que completar cada xornada.

O calendario de actividades extraescolares ofrecidas no cole, está a punto de saír, e intentaremos colgalo para a súa consulta ao longo do curso.

Un saúdo ao equipo  directivo  e persoal docente ao que desexamos un grato labor na dirección e xestión  e árdua tarefa de ensinar nun colexio público tan emblemático como é o CEIP ALVAREZ LIMESES.

Aproveitamos tamén para dar a benvida aos novos alumnos que se incorporan este ano ao CEIP  ÁLVAREZ  LIMESES e aos seus papas e mamas, animándoos a participar e colaborar nas diversas actividades que se organizan dende o Anpa, que son moitas e variadas ao longo do curso e como non, a contarnos os seus pareceres e opinións a través deste  Blog, ou correo electrónico da anpa ou o buzon da Anpa do Colexio

Un saúdo e Feliz Curso 2012-2013 para todos/as.

Pd.-Pouco a pouco con tempo iremos actualizando contidos....


                                                                   Recibide un cordial saúdo

martes, 4 de setembro de 2012

Volta ao Cole: Mercores 12 de Setembro




Xa estamos de volta!...recordarvos que  segundo a Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013, nos centros docentes sostidos con fondos públicos a volta ao cole esta fixada para o 

                                  MERCORES 12 DE SETEMBRO DE 2012.

Irémosvos informando a través do blog e correos masivos de todas as actividades e novidades que se vaian dando.


Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. Calendario escolar 2012/2013 (DOG)

Calendario escolar 2012/2013

Setembro
3, 4, 5, 6  Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011/2012
12  Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria
17  Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial

Outubro
12 Día non lectivo. Día da Hispanidade

Novembro
1 Día non lectivo. Todos os Santos
2 Día non lectivo. Día do Ensino

Decembro
6 Día non lectivo. Día da Constitución
22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal

Xaneiro
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Vacacións de Nadal

Febreiro
11, 12, 13   Vacacións de Entroido

Marzo
25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Semana Santa

Abril
1   Vacacións de Semana Santa

Maio
1 Día non lectivo. Festa do traballo
17 Día non lectivo. Día das Letras Galegas

Xuño
21 Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

                                                            
                                                               Recibide un cordial saúdo




xoves, 2 de agosto de 2012

Importante: Informacion subida do IVE(Imposto sobre valor engadido)




Despois das medidas tomadas polo Goberno de España sobre aumento das porcentaxes de IVE (Imposto sobre valor engadido) dende a Anpa queremos lembrarvos que esta medida entrará en vigor o vindeiro 1 de setembro. Todo o material escolar que até o de agora tiña un IVE reducido ou superducido, ceras, cartulinas, cadernos escolares, etc. pasa a ter o IVE xeral, isto é, de tributar polo 4% ou 8% pasará a tributar polo 21%; polo que cremos necesario advertirvso de que debedes facer as compras de istos materiais antes do remate do mes. O mellor será que consultedes na papelería ou quisco do barrio donde fagades istas compras habitualmente, alí vos poderán dicir a forma de facer (quizáis adiantando algunhas compras a este agosto) para non ter que pagar demáis. Polo que respecta aos libros o tipo de IVE non mudou.


                                                                 Recibide un cordial saúdo


martes, 3 de xullo de 2012

Desratización exteriores Colexio

Nas semanas pasadas no colexio detectouse a presenza de ratas nas inmediacións da 2ª casa (casa abandonada), na beirarrúa do colexio cara á panadería e no propio patio do cole. Semellaba que tanto Concello como Consellería pasabanse a pelota dun para o outro ante os requirimentos do Director do Centro.

Finalmente o pasado venres pola tarde a empresa Cespa procedeu a unha desratización da casa e patio do colexio, reforzando algo a porta da 2ª casa no seus baixos.

Agardamos que esta solución sexa suficiente á espera de poder restaurar a casa o antes posíbel.

                                           Recibide un cordial saúdo de

martes, 26 de xuño de 2012

¡ Feliz Verán 2012 !


Din que é de ben nacidos, ser agradecidos.

É por isto, que todas as persoas que compoñemos a Xunta Directiva do ANPA ÁLVAREZ LIMESES, vos damos asgrazas pola vosa colaboración, nas actividades que se levaron a cabo ao longo de todo este Curso  escolar 2011-12.

É unha grata experiencia pertencer ao ANPA ÁLVARZ LIMESES. Nela, poñemos  as nosas ilusións, tempo, esforzo e traballo, o mellor que sabemos. Xa sabemos que ¡nunca chove a gusto de todos!, pero esperamos que algo de todo o noso traballo, vos chegase e fose do voso agrado... con iso, conformámonos.

Seguímonos vendo polo cole en Setembro, e agora como fin de festa deixamosvos con ista  pequena videomontaxe, agardamos que vos guste.




Un saúdo e  ¡ Felices Vacacións de Verán a tod@s!!




                                                                Recibide un cordial saúdo


Banco do libros de texto a través da Redeaxuda




A Concellaría de Benestar Social Municipal, que xestiona Carmen Fouces, acaba de pór en marcha o Banco do libros de texto a través da Redeaxuda. Trátase dun novo proxecto de reutilización de libros de texto vixentes mediante a creación dun banco de libros de texto. O obxectivo é aliviar as economías familiares para o vindeiro curso escolar e reutilizar aqueles libros que aínda están en bo uso.


O funcionamento deste Banco de libros de texto será o seguinte:

• As familias deixarán nos centros os libros de texto vixentes cunha antigüedade máxima de catro anos
• Cubrirán un documento no que figurarán os libros que donan e os que solicitan.
• A data límite para a donación de libros é o 6 de xullo.


Dende aí, o Concello recollerá os libros e as peticións das familias nos centros e, fará os lotes que se repartirán en setembro.

Os criterios para beneficiarse deste programa serán:

1. As familias usuarias dos Servizos Sociais e conten cos informes favorables para a adxudicación de libros.
2. As familias que máis libros donaron, recibirán un punto por libro
3. As familias con máis fillos, recibirán un punto por fillo.


Os libros teñen que estar vixentes para o curso 2012/13 e teñen que estar en bo estado. Só se poden donar libros a partir de terceiro de Primaria, dado que os libros non poden estar escritos.
O Banco de libros de texto ponse en funcionamento hoxe mesmo e toda a información colgarase na web www.redeaxuda.com

Para pór en marcha este programa, a Concellaría de Benestar Social Municipal está en contacto con todos os centros de ensino do concello, coas Anpas e direccións de centros.

COA COLABORACIÓN DE TODOS E TODAS ESTA INICIATIVA PODE SER UN ÉXITO E 
FAVORECER AS FAMILIAS DO NOSO CONCELLO.

Recibide un cordial saúdo


xoves, 21 de xuño de 2012

Baile e Festa Fin de Curso 2011-2012




ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
http://anpalavarezlimeses.blogspot.com
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
 688 90 80 80


Como xa coñecerán a Anpa organiza a fin de curso 2011-12 cun baile e unha festa.

Baile de fin de curso


O próximo xoves 21 de xuño celebraremos o baile de fin de curso na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota). 

O prezo da entrada é de 1,00 € por persoa. 
O baile será de 17:00 a 22:00 hs.

Por cuestións de espazo no local, recoméndase que traian ás rapazas e aos rapaces de idades máis novas (3 anos a 1º de Primaria) entre as 17:00 e as 19:30 hs., e entre as 19:30 e as 22:00 hs. aos maiores.


Temos numerosos agasallos que se sortearán durante toda a tarde. Cada persoa recibirá o seu ticket, que terá un número co que participar no sorteo.



Festa fin de curso

O venres próximo día 22 e durante a mañá celebrarse no colexio e só para todas/os os cativos o festa fin de curso.
Despois de debatir moito, unha ampla maioría prefiriu que a Anpa organizase a festa como nos anos anteriores, é dicir, festa no interior do colexio para as seis aulas de infantil (3, 4 e 5 anos) con:

FESTA INFANTIL (3,4,5 anos)
  • HINCHABLE
  • OBRADOIRO DE MAQUILLAXE DE FANTASÍA
  • XOGOS DE ANIMACIÓN
FESTA PRIMARIA (1º a 6º ambas inclusive)

E Festa da auga no patio principal do colexio para todas as aulas de primaria (1º a 6º, ambas incluidas). 

Realizaremos todo tipo de Probas a realizar a modo de circuíto, dividindo aos nenos/as por grupo clase que irán rotando polas diferentes probas distribuídas polo patio.



  • · Concurso de Pesca en piscina
  • · Carreira de xemelgos con globos de auga
  • · Tiro acuático
  • · Baloncesto esponxa
  • · Diana submarina.
  • · Bebedor desesperado
  • · Carreira de gobeletes de auga
  • · Os transportadores de auga
  • · Carreira de bombeiros
  • · A mazá na auga
  • · Vaso baleiro
  • · Carretillas de auga
  • · Encher o balde

IMPORTANTE: Pedimos a vosa colaboración para que os rapaces e rapazas xa veñan preparadas dende  a casa,  que   leven posto o traxe de baño (debaixo da roupa) e camiseta que se poida mollar, calzado fácil de poñer e sacar, e unha  muda de roupa interior ou outro traxe de baño. 

O calzado  debe ser axeitado para este tipo de actividades como: fanequeiras, ou  tenis que se poda mollar. (evitaremos as chancletas que non se suxeiten ao pé para evitar tropezóns).


Ás 14:00 hs. do citado venres finaliza o periodo lectivo do curso 2011-12.

A Anpa non vai de vacacións, para calquera consulta ou demáis poden chamar ao teléfono 688 90 80 80 ou enviar un correo electrónico, anpa.alvarez.limeses@gmail.com. Co inicio do curso no mes de setembro teremos a nosa asemblea ordinaria anual na que contamos ter a maior presencia posible.

Grazas a todas e todos por participar na procura dunha educación mellor a nosas fillas e a nosos fillos.
Feliz verán!



                                                                               Recibide un cordial saúdo de

CANTAJUEGO no Pazo da Cultura


Espectáculo
Cantajuego
sábado 23 de xuño ás 16:30 e ás 19:00 horas
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Prezo: 24,00 eur.
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook
CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical en formato audiovisual, levado a cabo por especialistas en estimulación psicomotriz e no traballo psicopedagóxico. Orientado a nenos e nenas de de 0 a 6 anos, CantaJuego emprega a música e o movemento para poñer en funcionamentos a imaxianción e a fantasía. Estas experiencias potencian a piscomotriciadade, o mundo afectivo e as relacións sociais. 
Cantar e xogar de xeito divertido e visualmente impactante permite aos nenos e nenas educar o oído, o sentido do ritmo, a voz, o movemento, a expresión corporal, aumentando a confianza en si mesmos/as, a autoestima e o benestar persoal. 

Interpretado polo grupo EnCanto, CantaJuego é a oportunidade para os adultos de achegarse aos nenos, rir e gozar de bonitas cancións xuntos. Pontevedra será a única parada en Galicia da xira deste grupo que os pequenos adoran. 


Venda anticipada de entradas en www.servinova.com a un prezo de 24 euros ou na billeteira do auditorio, a partir das 15:00 horas para a función das 16:30h. e das 17:00 para a das 19:00h. 

  

Paralelamente a Federación Aspace celebrará unha acción solidaria na que os nenos poderán participar nun obradoiro de maquillaxe ou pintar nun mural que decorará as súas instalación, ambas actividades co prezo simbólico de un 1 euro cada unha, destinado a axudar aos afectados de parálise cerebral.
Departamento de Comunicación 
Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
Teléfono: 986 83 30 61
Fax: 986 87 40 70
comunicacion@pazodacultura.org
www.pazodacultura.org
                           Recibide un cordial saúdo de

HERBAS E RITUAIS DE SAN XOAN CON VAIPOLORRÍO





Vaipolorio un ano mais esta a recoller polas diferentes parroquias     ribeiráns do val do Río Gafos as diferentes herbas e rituais empregadas na NOITE DE SAN XOAN.
 
Este ano contamos cao Sra Elvira Alfonso ,veciña de Figueirido e un ano mais con Amancio Castro profesor de ciencias naturales e directivo de Vaipolorío.
 
 
MAIS INFORMACIÓN : 676 842 942


                                                             Recibide un cordial saúdo de