Espectáculo
"La guerra de Troya" de Fundación La Caixa Xoves 17 de xaneiro ás 18:30 horas. Lugar: Pazo da Cultura Prezo: Entrada Libre Máis información en www.pazodacultura.org e http://www.educaixa.com/-/la-guerra-de-troya
Hai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas
nacións máis poderosas da terra se enfrentaron nun terrible conflicto: A guerra
de Troya.Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles,
Ulises... O amor, o poder, a ambición, a gloria, a honra. Unha ahistoria
universal que co tempo se converteu en relato. Nun mito que, durante sécalos,
nos axudou a reflexionar sobre a realidade do mundo e a naturaza do home.A mitología grecolatina é un dos pilares da civilización
occidental, e a historia de Troya continúa vixente para dar desposta a algunhas
preguntas trascendentais que nos facemos aínda hoxe en día.Todo isto nun espectáculo que combina a narración con
títeres e audiovisual de animación, recomendado especialmente a partir de 8
anos.
|
||
Recibide un cordial saúdo
|
martes, 15 de xaneiro de 2013
PAZO DA CULTURA: "La guerra de Troya" de Fundación La Caixa
domingo, 13 de xaneiro de 2013
Obradoiro Cabezudos
Xa comezou o obradoiro de cabezudos para o Entroido 2013....seguiremos "cabezoneando"...queremos decir traballando o vindeiro sabado...
Recibide un cordial saúdo
xoves, 10 de xaneiro de 2013
Circular 5 de 9 de Xaneiro de 2013
A
Anpa organiza un obradoiro para cativos e proxenitores (nais, pais, titores,
avós...) de fabricación de cabezudos.
Lugar: edificio do comedor do colexio.
Horario
e días: de 11 a 13 hs. os 5 sábados até entroido, 12, 19 e 26 de xaneiro e 2 e
9 de febreiro.
Prezo:
0,00 € para socios da Anpa e 5,00 € para non socios.
Material
necesario aportado por cada participante: periódicos vellos, caixa de cartón de
medidas suficientes para conter o cabezudo, recipiente para auga (botella de
plástico recortada), idea da cabeza que se quere realizar.
Descripción: Consiste
en facer en varias sesións, 3 ou 4 deben ser suficientes, un cabezudo por
participante e logo nun día do entroido facer unha saída pola cidade. É unha
actividade para pequenas/os e maiores sen límites de idade. Cadaquen fará o seu
cabezudo e poderá conservalo. Non é preciso apuntarse, simplemente só tedes que
vir a calquera das sesións que comezan o vindeiro sábado ás 11:00 hs. no
comedor.
Agardamos
que ista iniciativa sexa do voso interese.
Novas
da Anpa:
A
Xunta directiva da Anpa realizou xestións diante da Asociación Xoan XXIII para
que procedese á retirada do quiosco que se atopa situado diante do colexio por
moi diferentes motivos, desuso, perigo para os cativos e transeúntes,
estéticos... Felizmente o luns pasado recibimos comunicación pola súa parte de
que decidiran a retirada.
Recibide un cordial saúdo
luns, 7 de xaneiro de 2013
VOLTA AO COLE DESPOIS DO NADAL: MARTES 8 DE XANEIRO
VOLTAMOS AO COLE MAÑA
MARTES DIA 8 DE XANEIRO
DOS CREADORES DE "VOU INDO" E OS PRODUCTORES DE "AINDA É CEDO" CHEGA EN 3D, "VOLTO AO COLE QUE TEÑO QUE VOLTAR"...ESTREO NO CEIP ÁLVAREZ LIMESES MAÑA MARTES DIA 8 DE XANEIRO.
Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo full para afrontar este ano tan ....e esta aquí podemos contar polos recortes.
Recibide un cordial saúdo
venres, 21 de decembro de 2012
mércores, 19 de decembro de 2012
A Alianza Social Galega chama a cidadanía a concentrarse o 20 de decembro nas principais cidades e comarcas galegas
Rexeita os novos recortes impostos polo PP
As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Social Galega fan un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
As mobilizacions previstas son:
A CORUÑA
|
19:30
|
Delegación do Goberno
|
FERROL
|
19:30
|
Edificio da Xunta
|
SANTIAGO
|
19:30
|
Praza Galiza
|
BARCO VALDEORRAS
|
20:00
|
Praza do Concello
|
LUGO
|
20:00
|
Praza Armañá
|
BURELA
|
20:00
|
Praza da Mariña
|
MONFORTE
|
19:30
|
Praza de España
|
OURENSE
|
19:30
|
Subdelegación do Goberno
|
PONTEVEDRA
|
19:30
|
Subdelegación do Goberno
|
VIGO
|
20:00
|
Museo de Arte Contemporánea
|
VILAGARCÍA
|
20:00
|
Praza Galiza
|
MANIFESTO
As organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA para dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional, do Banco Central Europeo e da patronal máis neoliberal, están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, denunciamos hoxe os novos recortes impostos polo Partido Popular que van traer máis paro, o empobrecemento da poboación e o aumento da exclusión social.
O Goberno de Mariano Rajoy celebra o seu primeiro ano de goberno impoñendo novos recortes nas pensións e na educación, privatizando a xustiza e condenando á pobreza extrema as familias e persoas desafiuzadas; en definitiva, ditando normas que nos fan retroceder varias décadas en liberdades e dereitos sociais e laborais.
UN NOVO RECORTE ÁS PENSIÓNS
Non satisfeito co recorte aplicado ás pensións nada máis chegar ao Goberno, Mariano Rajoy non só se desmente a si mesmo e mais os membros do seu Goberno que días atrás anunciaban a revalorización das pensións, senón que incumpre a Lei xeral da seguridade social no relativo á garantía de revalorización das pensión ao aprobar a non revalorización de pensións na desviación do ipc en 2012 e modificar a Lei do fondo de reserva.
A decisión do Goberno de non actualizar as pensións segundo o diferencial entre a suba de prezos ata o 30 de novembro, un 2,9%, e o incremento dun 1% aboado a principios de 2012 implica que unha pensión media en Galicia de 700 euros se reduciu en 260 euros o ano pasado, aos que hai que sumar os 260 que perderá este ano. É, polo tanto, unha medida inxusta cun dos colectivos máis vulnerables, o de pensionistas, e tamén ineficaz, enmarcada na continuada política de axustes que está a intensificar os negativos efectos da crise, deprimindo a demanda interna e repercutindo intensamente na actividade económica e o emprego.
RECORTES E RETROCESO NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE ENSINO E SANIDADE
O Goberno prosegue a súa política de destrución do sistema educativo público cos recortes e coa nova reforma educativa (lomce) que combate os principios de comprensión, equidade e calidade, para consolidar un ensino dual mediante a estratexia de abandonar á súa sorte a educación pública e potenciar a privada concertada, ao tempo que converte o sistema educativo nunha carreira de obstáculos, insuperables para quen ten máis dificultades de aprendizaxe e menos recursos económicos.
O anteproxecto presentado, imbuído de afán privatizador e mesmo subvencionador de centros que segregan alumnado por razón de sexo, serve de máscara para afondar nunha reforma ideolóxica do sistema educativo segregadora, elitista e selectiva. Supón un retroceso na xestión democrática dos centros, impón reválidas para conseguir o título de eso e bacharelato, desbota a educación en valores e amosa un desprezo total polo galego e pola conformación plurinacional, plurilingüística e pluricultural do Estado.
Rexeita aspectos como a equidade, a igualdade de oportunidades, a atención á diversidade, a atención individualizada; e incrementa as ratios e as horas lectivas do profesorado, que repercutirán no empeoramento da calidade do ensino e no abandono e fracaso escolar.
Reforza a confesionalidade, é contrario ao ensino laico e mantén o ensino de relixión no currículo escolar.
A privatización da sanidade levada a cabo polo Goberno do PP, coa única intención de poñela nas mans das empresas privadas para o seu lucro (Capio, Ribera de Saúde…), conduce á destrución do sistema sanitario como un servizo público en que se garanta o dereito universal á prestación sanitaria de toda a poboación, sen ter en conta a súa renda económica. O pagamento dos medicamentos polos pensionistas así como o transporte en ambulancias, as próteses e as cadeiras de rodas para as persoas con discapacidade; a supresión do dereito á asistencia de quen non cotice, como os mozos e mozas de máis de 26 anos, certos colectivos de mulleres, inmigrantes ou persoas en exclusión social; e o anuncio de copagamento polos servizos que se exclúan da carteira de servizos son as primeiras consecuencias destas medidas.
Séguese a privatizar hospitais, abandónanse os novos centros de saúde e desmantélanse as áreas sanitarias en función dun modelo privatizador enfocado ao beneficio económico empresarial que deteriora a calidade da atención, dá cabo do dereito á asistencia universal e equitativa e conduce a unha sanidade de ricos e pobres.
NON Á XUSTIZA CLASISTA
A Lei de taxas xudiciais recorta o acceso ao servizo público da xustiza e supón un claro retroceso do Estado de dereito ao limitar gravemente para amplos colectivos sociais, e en moitos casos deixalos fóra, as posibilidades reais de accederen á xustiza.
A Lei de taxas expulsa as persoas sen recursos da Administración de Xustiza porque se impoñen unhas taxas que só poderá pagar unha minoría ao establecer, por exemplo, que unha persoa con ingresos de 1.200 euros pague as mesmas taxas que outra que gañe 100.000 euros; ou que unha familia de dúas persoas con traballo e cobrando o salario mínimo deba pagar taxas; por non falar de que un recurso contra un despedimento vaille custar o mesmo ao traballador ca se quen recorre é a propia empresa.
A Lei de taxas é o inicio do desmantelamento do servizo público da xustiza e ataca o dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.
REFORMA DA LEI HIPOTECARIA
Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice.
Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos.
Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha.
SOLUCIÓN PARA AS VÍTIMAS DAS ESTAFAS BANCARIAS
En setenta mil se estima en Galicia a cifra de persoas afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas. Moitas familias saqueadas pola cobiza do capital financeiro esperan do poder político unha solución que sexa a devolución íntegra dos seus aforros, en moitos casos, de toda unha vida de traballo. Resulta inadmisible que nun Estado que se declara social de dereito rescaten a banca e deixen ao pairo as persoas, os mesmos que urdiron a trama e perpetraron o maior desfalco da historia do noso país en beneficio dos especuladores e incompetentes. Polo tanto, esiximos tamén a protección do aforro popular a través da creación dunha banca pública galega orientada ao desenvolvemento do tecido económico de maneira racional e sostible, que cumpra cos obxectivos sociais que nunca deberon abandonar as caixas de aforro de Galicia.
NON AO RECORTE DAS PENSIÓNS!
NON Á PRIVATIZACIÓN DA EDUCACIÓN E DA SANIDADE!
NON Á XUSTIZA CLASISTA E DISCRIMINATORIA!
NON AOS DESAFIUZAMENTOS!
Recibide un cordial saúdo
NADAL DE CONTOS
Conta contos especial Nadal:
26 de decembro, mércores : Polo Correo do Vento “Xelo, o carteiro xurelo”
27 de decembro, xoves: Polo Correo do Vento “Carola, a carteira centola”
28 de decembro, venres: Compañía do Trinke-Trinke “Viaxe a Sudamérica”
Lugar: Sala infantil
Horario: 18:00 h.
Entrada de balde, ata completar aforo.
Recibide un cordial saúdo
Pazo Da Cultura: Programación 20-22 de decembro
|
Inauguración exposición
Camiños no deseño. A terra na orixe. Xoves 20 de decembro ás 20:00 horas Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura Prezo: Entrada libre |
||
|
|
||
|
||
|
|
|
Teatro
"Contra el viento del norte" de Tanttaka Teatroa venres 21 de decembro ás 21:00 horas Lugar: Pazo da Cultura Prezo: 8 eur. (5 eur. estudantes, parados e xubilados) Máis información en www.pazodacultura.or e facebook |
||
|
|
||
| ||
|
Espectáculo musical familiar
"María Fumaça... cantar e bailar para ser máis feliz" sábado 22 de decemebro ás 18:00 horas no Teatro Principal Lugar: Teatro Principal Prezo: 5 euros Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook. |
||
|
|
||
|
||
|
|
|
Zarzuela
Zarzuela: Coral de Campañó + Orquestra de Cámara de Lira sábado 22 de decembro ás 20:30 horas Lugar: Pazo da Cultura Prezo: 3 euros Máis información no 986877006 |
||
|
|
||
|
luns, 17 de decembro de 2012
Listaxe Admitido/as Escolas de Nadal 2012
Adxuntamos listaxes de admitidos/as nas Escolas de Nadal 2012 organizadas por FANPA-PONTEVEDRA e o Concello de Pontevedra.
Pregamos revisedes se está todo ben e, no caso de ter que facer algunha reclamación, teredes de prazo o 17 e 18 de decembro, ben na oficina de FANPA ou no correo electrónico actividades@nontedurmas.org
Andrés Blanco Mareque*, ten que especificar a escola elixida, contactar por favor.
IMPORTANTE:
LEMBRARVOS QUE QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES EN TODAS AS LUDOTECAS, PODERÉS SEGUIR INSCRIBÍNDOVOS ATA A COMEZO DESTAS.
PARA FACELOS PODEREDES PASAR POLA OFICINA DA FANPA EN HORARIO DE 9:00 A 14:00 E DE 16:00/19:00 HRS E ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN QUE SE VOS PEDÍA NO DÍPTICO.
Recibide un cordial saúdo
venres, 14 de decembro de 2012
Circular 4 de 12 de decembro de 2012
Como
cada ano a Asociación de Jóvenes Enpresarios (AJE) e a Federación de Anpas de
Pontevedra (Fanpa) organizan a recollida de roupa nos colexios para persoas
necesitadas.
A
recollida no noso colexio farase o vindeiro luns día 17 de decembro de 9:00 a
9:30 hs. no vestíbulo de dirección.
A
roupa, de inverno, é para rapaces e rapazas entre 1 e 16 anos. Debe entregarse
dentro dunha bolsa e levar unha etiqueta ben visible coa talla da prenda e a
idade do usuario.
Dende
AJE Pontevedra e Fanpa agradecen ista mostra de solidariedade.
NOVAS DA ANPA:
¡Ho, Ho, Ho!
Recibimos
unha comunicación oficial de Laponia, pola cal se nos indica que Papá Noel, a súa axudante e os
seus paxes farán a tradicional visita ao colexio o derradeiro día lectivo de
este ano 2012.
- As equipaxes para os participantes nas actividades extraescolares de baloncesto, fútbol e balomán, agardamos poder entregalas antes das vacacións de Nadal. De non ser así se entregarían á volta das mesmas en xaneiro. Isto só é posible porque unhas empresas ofertaron o seu patrocinio de forma desinteresada.
- Estamos a preparar un ciclo de cine infantil en pantalla grande. Para socios da Anpa barallamos un importe a pagar de 6,00 € por cativo polo bono de 6 sesións, incluido acompañante maior responsable. O ciclo sería de xaneiro a xuño, un filme por mes, os sábados pola tarde.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












