Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

venres, 21 de outubro de 2016

Circular informativa de Confapa-Galicia e FANPA PONTEVEDRA sobre a folga educativa e baleirado de aulas do 26 de outubro

Dende a Xunta directiva transmitomos a Circular informativa de Confapa-Galicia sobre a folga educativa e baleirado de aulas do 26 de outubro



Chámase a mobilización da comunidade educativa contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade dos gobernos estatal e autonómico, pedimos a sociedade que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da folga xeral educativaq de tódalas ensinanzase etapas, á que están chamados todos os sectores, alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestación por toda Galicia.

A FANPA PONTEVEDRA acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA e asistirá á manifestación que terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 26 na Praza da Peregrina, ás 18.00 horas.






O presidente de CEAPA ofrece unha charla-coloquio en Pontevedra sobre deberes e o modelo educativo

O vindeiro venres, 28 de outubro, ás 19:00 horas no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, José Luís Pazos, como presidente de CEAPA e membro da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado ofrece un coloquio sobre a campaña “Falta unha asignatura: o meu tempo libre”. A charla está Dirixida a todos os axentes no ámbito da educación: nais e pais, profesores, alumnos e autoridades.

Solicítase confirmación de asistencia por motivos organizativos.





venres, 7 de outubro de 2016

Carta Agradecemento do Expresidente Manuel Álvarez

          

Estimadas/os socias/os:

                 Estes días intensos, poñen fin a anos de compromiso da miña persoa como presidente do ANPA  JOAQUIN COSTA DO CEIP ALVAREZ LIMESES. Quero dirixirme a todas/os   as/os que formades parte desta asociación e da comunidade educativa do Ceip Álvarez Limeses.Ao longo destes case 9 anos, traballamos e colaboramos con diversas empresas (Anias, Serviocio, Budo, Marblán, Discoteca Daniel etc...), diversos representantes de distintas administracións(concelleiros de educación ,funcionarios etc...)con persoal do colexio, administración e servizos(converxería e limpeza), non docentes, profesores e coa Dirección, e non quero deixar esta carta sen agradecerlles a todos eles o seu traballo ou paciencia comigo, que desde que ocupei este cargo tiven sempre, a súa colaboración e comprensión en todos os asuntos que tratamos, por moi difíciles ou delicados que puidesen ser, nalgunha ocasión.

Botando un pouco a vista atrás, recordo que durante os últimos meses do curso 2008 un grupo de nais e pais entramos a formar parte activa da ANPA do noso colexio, porque tiñamos inquietudes comúns que debater, compartir e desenvolver, entrando a colaborar cos pais que formaban parte da súa dirección naquel momento. Alégrome daquela decisión e se mo permiten, atrévome mesmo a recomendala. Participei directamente en toda esta organización formando parte de cinco equipos humanos, coas naturais transicións entre eles, cinco Xuntas Directivas diferentes, ás que teño que agradecer a todos e cada un deles a súa presenza, esforzo e dedicación, porque grazas a todos, a máquina seguiu funcionando, todas as súas engrenaxes seguiron rotando perfectamente sincronizadas, e sempre coa premisa fundamental do traballo en equipo como a súa ilusión. Non me cabe ningunha dúbida que así seguirá sendo, porque existe o empuxe real e valioso dos seus compoñentes.

Quero agradecer particularmente aos integrantes da miña xunta directiva que compartiron durante estes case tres últimos anos de presidencia, o traballo, a dedicación e o apoio que me brindaron, porque sen eles calquera esforzo e idea houbese sido en balde. Aínda que deixe a presidencia lévome amigos e iso é se cabe o máis importante.

Teño que pedir desculpas a todos aqueles que se sentiron desilusionados pola miña xestión ou por aqueles que sufrisen algún dos meus fallos, que tamén os houbo, pero quero asegurarlles que sempre actuamos coa mellor das nosas intencións, valorando a xustiza por encima doutras decisións persoais e en aras dun bo funcionamento desta asociación formada por voluntarios sen máis obrigación que o cumprimento cos seus propios fillos e co resto de asociados. Naturais  foron son e serán os seus fallos.

  
Á Asemblea Xeral que agradezo tamén a súa confianza, máis tras case nove anos no cargo (exercendo de vogal, administrador de Tic´s ,  vicepresidente e presidente en última instancia), deixo neste momento a presidencia, porque creo que a renovación é necesaria, creo positivamente que haberá xente na recámara con novas ideas que deben ter a súa oportunidade de expresar e desenvolvelas.

Pensemos nun pelotón de ciclistas, cando a unidade que encabeza o pelotón empeza a fatigarse, é relevado polo seguinte e iste pasa a formar parte do grupo na parte traseira. Lévome a aprendizaxe de todos cos que traballei e paso ao final do grupo colaborando coa marcha, se cabe. Foi un pracer rodearme de xente que cría e cre nun proxecto común e animo dende aquí, aos 380 socios do grupo para participar na marcha. A miña gratitude vaia de antemán. O grupo non pode pararse.

Permitídeme a nivel persoal agradecer á miña filla a súa paciencia e comprensión coas reunións e tarefas de membro da xunta directa e presidente do seu pai nestes 9 anos. Para ela, espero ser e seguir sendo sempre o seu “presidente” na vida. Agradecer tamén a esas nais e pais que converteron nos meus amigos fora do ámbito escolar, e que cos seus sabios consellos, paciencia e comprensión axudáronme a tomar as mellores decisións para os alumnos e o Anpa, agora tócavos seguir “aguantándome” día a día, como amigo e iso “seguro que vai a ser algo mais difícil”.

Dende hoxe toma as rendas , un novo equipo, continuista porque moitos deles estaban na anterior directiva unidos a novas incorporacións con ganas de traballar . Todos eles estarán encabezados por Pablo Gómez , vicepresidente nos meus mandatos e que estou seguro mellorará con suficiencia e corrixirá todos os erros que a miña persoa puidera cometer. Para esta nova directiva pido igual ou mais apoio se cabe , asociándovos e participando en todo o que organicen, porque estou seguro que entre todos podemos superar esa cifra récord 381 socios do curso anterior da cal como presidente me sentín moi  agradecido. Por último, animo tamén a todas aquelas familias que aínda non se asociaron, ou que non o estiveron nunca, porque non é necesario aproveitar dalgún dos seus servizos directos, gozan da existencia da asociación, aínda que non o crean, sempre pensei que a asociación é inherente á condición de alumno e polo tanto á da súa familia, formar a parte da asociación é un acto moito máis importante que iso, ten que ver máis coa solidariedade e co feito de vivir en sociedade. Anímense a sentirse importantes pois todas e todos vós fixéstesme sentir importante estes anos e agardo que vos chegara de volta esa satisfacción a través de todas/os cativas/os as e a súa ilusión por participar de todo o que a Anpa organiza,  porque o verdadeiramente importante son  as/os alumnas/os.

MOITAS GRAZAS A TODAS/OS. UNHA APERTA





COMUNICACIÓN DIRECTIVA CURSO 2016-2017




Estimada/os  socias/os:

A Xunta directiva da Asociación de nais e pais Xoaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses de Pontevedra, comunicaque despois da reunión da Xunta Directiva desta Anpa de data 07 de Outubro de 2016, na que se distribuíron cargos e responsabilidades na mesma, a Xunta directiva quedou composta da seguinte maneira:

PRESIDENTE, Seguros e protección de datos, Consello escolar. Pablo Gómez Taboada.
VICEPRESIDENTE, Manuel Álvarez.
SECRETARIA, Lara Pereira Figueroa, Comisión de actividades extraescolares
ADMINISTRADOR-TESOUREIRO, Jesus Miguel Coejo.
TIC´S, Manuel Álvarez e Jorge Fernández
VOGAIS:
            Jesús Manuel Fontán, Comisión de actividades extraescolares.
Agustín Riobó,  Comisión de excursións.
Guadalupe García,  Comisión de excursións.
Maria Luisa Martínez, Comisión de excursións.
Nuria Nerja,  delegada comedor
Natalia Rodriguez, delegada comedor
Sam Hicham Kourati, apoio
Ricardo García, apoio
Blanca Vega, apoio

XUNTA DIRECTIVA
(OUTUBRO-2016) 




Pontevedra a 08 de Outubro de 2016
Atentamente,

                         Pablo Gómez Taboada                            
                                     Presidente




venres, 23 de setembro de 2016

Actividades Extraescolares Curso 2016-2017







Estimadas familias,

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria tal  e como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada. A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 30 de setembro de 2016 ou via email a extraescolares@anias.es ou na oficina de Anias da  (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),

  • DATA DE REALIZACIÓN do 3 de outubro de 2016 ao 15 de xuño de 2017.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía email extraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 30 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a, por email ou na nosa oficina.
  • COTA(mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra. Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para máis información consultar as Circular de Actividades que seguen :






xoves, 22 de setembro de 2016

Circulares 2 e 3 do Xoves 22 de Setembro: Piscinas Campolongo e Budo

PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2016-2017

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o día  luns 26 de setembro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuadrimestral (de 3 de outubro de 2016 a 31 de xaneiro de 2017) é de 35 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 3 de outubro de 2016  ao 31 de xaneiro de 2017.


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destiandos ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amárelo.
Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e nenas menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
Os país que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e nenos menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
As nais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!




 PISCINA CAMPOLONGO 1º CUADRIMESTRE CURSO 2016-2017


PISCINA CENTRO BUDO CURSO 2016-2017



Pola presente queremos facervos chegar a proposta para a actividade extraescolar de natación a desenrolarse na Piscina BUDO  entre o 1-10-2016 e o 30-6-2017.

INSCRIPCIÓN Y PAGOS: Xunto co impreso de inscrición, e antes do comezo do curso, debe abonarse a cota correspondente ao primeiro trimestre e informar o número de conta a efectos da domiciliación bancaria dos recibos sucesivos. O segundo e terceiro trimestre (ene-feb-mzo/2017 e ab-rmay-jun/2017, respectivamente) abonaranse sen excepción por domiciliación bancaria. En caso de no informar o número de conta antes do inicio do segundo trimestre, cobrarase un importe de 1,50 € en concepto de Anulación bonificación domiciliación bancaria.








mércores, 21 de setembro de 2016

INFORMACIÓN ASOCIARSE AO ANPA CURSO 2016-2017

INFORMACIÓN ASOCIARSE AO  ANPA CURSO 2016-2017


Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2016 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:




 Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21  euros


Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2016-2017. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes novembro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o día xoves 29 de Setembro de 2016 ou Venres 30 de Setembro de 2016  no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o 30 de outubro de 2016.

Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripción de socio da Anpa poderán adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2017 nunhas condicións moi vantaxosas.




mércores, 14 de setembro de 2016

FANPA: ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO E PREÁBACO

Fanpa_logoFanpa_logo

NEUROMOTIVA

CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO E PREABACO

NEUROMOTIVA, é un programa de exercicio mental integral, que estimula a concentración e relaxación dos nenos e nenas  no seu proceso de aprendizaxe na  etapa escolar, favorecendo o desenvolvemento  da creatividade, do pensamento e sobre todo anima a xerar coñecementos propios, utiliza como ferramenta principal o ábaco xaponés que  fortalece a atención selectiva necesaria para calquera modalidade de aprendizaxe.

PREÁBACO favorece a aprendizaxe dos números, a contar correctamente cun apoio visual e manipulativo  e a organizar a estrutura mental do cálculo, estimula o xogo ordenado e preciso co ábaco para adestrar a atención e promover a creatividade ao tempo que fomenta o interese e a motivación de logro.

 CENTROS NOS QUE SE DESENVOLVE
NEUROMOTIVA  CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO
COLEXIO
DÍAS
DESTINATARIOS
PREZO
CAMPOLONGO  
MARTES E XOVES
PRIMARIA
40€
ÁLVAREZ LIMESES
LUNS E VENRES
PRIMARIA
40€
BARCELOS
LUNS E MÉRCORES
PRIMARIA
            40€
   





NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL  PREÁBACO
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE
DÍAS
DESTINATARIOS
PREZO
BARCELOS
MÉRCORES
E. Infantil
20€







* Os grupos de NEUROMOTIVA terán que pagar 30 € anuais de material.

Reunión informativa  o día 15/09  ás 19:00 h no local de FANPA Pontevedra.

MAIS INFORMACIÓN:  Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.Horario de 9:30 a 14:00h.

Teléfonos: 986 864 598 oficina,  685 535 202 Cristina  e  615 780 528 Carmela  de 16:30 a 18:30 h.