Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

domingo, 30 de setembro de 2018

martes, 25 de setembro de 2018

COMEDOR SEPTIEMBRE 2018

Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de setembro 2018 .

Menús
  • Menú plan Madruga setembro 2018
  • Menú Comedor setembro 2018


  • Actividades
  • Actividades plan Madruga setembro 2018
  • Actividades Comedor setembro 2018
  • FICHA COMEDOR 2018-19

    Información sobre o comedor



    Descarga a ficha de inscripción do comedor coa información do mesmo.

    SOCIOS ANPA 2018-19

    Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2018 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 25€ por unidade familiar, independente do número de cativos.

    Para asociarse:

  • Inscrición: hai que cubrir o formulario de inscrición e depositalo na caixa de correo da ANPA ou enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.


  • Pago: Pasarase ao cobro no mes de novembro en caso de escoller a domiciliación bancaria. O pago en efectivo farase o luns 25 de setembro de 2018 no vestíbulo de Dirección do Colexio, en horario de 9:15 a 9:30.


  • Formulario inscrición


    Por outra banda, no mesmo formulario de inscrición de socio da ANPA é posible adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negociou coa compañía AXA. Trátase dunha cota anual única de por nena/o de 8 €.

    Información seguro

    ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-19

    Listaxe e información da oferta de actividades extraescolares de ANIAS para o CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2018-2019.



    Descarga aquí las Actividades

    Descarga aquí el Formulario

    xoves, 31 de maio de 2018

    Menús e actividades comedor e plan Madruga - Xuño 2018


    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de xuño. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Xuño 2018
    Actividades - Xuño 2018

    martes, 8 de maio de 2018

    Excursión 4º e 5º Infantil: VigoZoo


    Data: Sábado 26 de maio
    VigoZoo atópase nun contorno de excepción para observar unha paisaxe vexetal de extraordinaria beleza. A súa fauna está formada por interesantes exemplares de todo o mundo, aínda que o seu propósito é amosar e estudar a fauna galega e ibérica.
    O zoo achega a natureza aos pequenos e lles educa no respecto a amor aos animais.
    Pasarémolo de marabilla coas visitas programadas, cun roteiro guiado polo zoolóxico, aulas da natureza e visita ao mini-planetario.

    Información adicional

    luns, 30 de abril de 2018

    Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Maio 2018



    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de maio. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Maio 2018
    Actividades - Maio 2018

    venres, 27 de abril de 2018

    Excursión 2º e 3º Primaria: Casa das Ciencias, Acuario, Domus (A Coruña)


    Data: 5 de maio
    A Casa das Ciencias concebiuse como un lugar para se divertir coa ciencia, e Umberco Eco cualificouno como o museo máis formidable do mundo.
    A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é o primeiro museo interactivo conceptual e monográfico adicado ao ser humano.
    A Casa dos Peixes atópase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Nela viven tamén os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... e mesmo o espectacular entorno natural é parte do museo.
    Visitarase tamén o MUNCYT e o Parque de San Pedro.

    Información adicional

    Excursión 6º Infantil e 1º Primaria: Museo do Mar (Vigo)


    Data: 12 de maio
    O Museo do Mar é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento. Na súa exposición permanente pódense atopar medios audiovisuais e interactivos e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo non só é a colección permanente: explorade tamén as exposicións temporais.

    Museo do Mar de Galicia

    Información adicional