Xa están os ALMORZOS DE XANEIRO 2022
e tamén os MENÚS DE XANEIRO 2022
A ANPA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES RECLAMA ESPALLAR O CRIBADO REALIZADO EN INFANTIL A PRIMARIA E O PECHE PREVENTIVO DO CENTRO EDUCATIVO
“Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”
Pontevedra, 19 de novembro de 2021.- A ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses reclama ás autoridades competentes espallar o cribado realizado en infantil a primaria e o peche preventivo do centro educativo ante o crecemento exponencial da covid no colexio. “Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”, asegurou o colectivo de nais e pais.
Segundo informa a ANPA do Álvarez Limeses “somos conscientes de que o centro educativo cumpre cos protocolos da Xunta ao milímetro e xa fixo estas reclamacións” pero insiste en que “o cribado en infantil é insuficiente, hai moitas nenas e nenos desta etapa educativa en cuarentena con irmás e irmáns maiores, en primaria, que seguen asistindo ao centro educativo. Sabemos que xurdiron novos positivos deste cribado o que reafirma a nosa postura. Sen realizar probas PCR ao alumnado de primaria descoñecemos por completo o alcance real do gromo”. Precisamente polo descoñecemento do alcance real do gromo no CEIP Álvarez Limeses, a ANPA pide que se tomen medidas preventivas máis amplas e propón o peche temporal do centro educativo. “Deste xeito –asegurou a asociación- estaremos evitando que se sega a espallar o virus, fundamentalmente, entre persoas asintomáticas”.
Finalmente, a ANPA desexa ao alumnado, profesorado e familias da comunidade educativa do CEIP Álvarez Limeses que están a padecer a covid-19 unha pronta recuperación.

Familias , este mes amplíase o prazo para as actividades extraescolares do mes de Outubro ata o 30 de Setembro.
Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición do seguro escolar da ANPA no curso 2021-2022. O importe único é unha cota anual de 10.02 euros por cada neno/a.
Unha vez cuberta a solicitude, deixala xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta na caixa de correo da ANPA na fachada principal do colexio ou tamén é posible facela chegar por correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com. O prazo máximo é o 30 de Outubro do 2021.
DESCARGAR INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2021-2022
Adxuntamos un resumo das coberturas da póliza:
Informámosvos para quen queira facer o ingreso na conta que o enderezo do noso banco da Anpa é o seguinte:
Ibercaja
Rúa Marqués de Riestra, 21
Pontevedra
Do mesmo xeito, queriamos comentarvos tamén que o prazo para as inscricións é ata o 21 de decembro de 2021, e que permanecemos aínda pendentes de pechar o seguro, do cal agardamos poder dicirvos algo canto antes .
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Os informamos para quien quiera hacer el ingreso en cuenta que la dirección de nuestro banco de la Anpa es el siguiente :
Ibercaja
Rúa Marqués de Riestra , 21
Pontevedra
De la misma forma, queríamos comentaros también que el plazo para las inscripciones es hasta el 21 de diciembre de 2021, y que permanecemos todavía pedientes de cerrar el seguro, del cual esperamos poder deciros algo cuanto antes .
Listaxe e información de actividades extraescolares de ANIAS para CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2024-2025.