En primeiro lugar agradecer a asistencia a convocatoria de reunion para o proxecto camiño escolar seguro que tivo lugar onte no colexio. Pois ben, para saber o grado de aceptación do proxecto polos pais e nais de alumnos do colexio, a concellaria de proteccion cidadá e a policia local, en colaboración co claustro e a Anpa do CEIP Álvarez Limeses, enviarase a seguinte enquisa nos vindeiros dias para elaborar un estudio de desprazamentos asi como o grado de aceptacion e disposición a empregalos por cada familia.
Podedes descargar a enquisa e cubrila no seguinte enlace, para elo dende a Anpa creamos un formulario en formato pdf que unah vez cuberto poderedes imprimir para facilitarvos a laboura, o cal poderedes entregar ao profesorado ou a dirección do centro.
Gracias pola vosa colaboración
ENQUISA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
0 comentarios:
Publicar un comentario