Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

luns, 9 de febreiro de 2026

FESTA DE ENTROIDO ANPA ÁLVAREZ LIMESES



 Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos invitarvos á Festa de Entroido que terá lugar o xoves, 19 de febrero, de 17:00 a 19:30h no CEIP Álvarez Limeses. 

Se o tempo o permite, realizarase no patio, do contrario trasladaremos o evento o ximnasio.

A entrada será de balde para as familias socias e para os menores de tres anos, e terá un custo de 3€ por neno/a para as familias non socias.  

Os nenos e nenas deberán vir acompañadas dunha persoa adulta.   

Haberá DJ, desfile de disfraces para os nenos e nenas do cole con concurso de disfraces e premios! 

Na festa atoparedes tamén postos de venta do alumnado de 6º de primaria, para recadar para a excursión de fin de curso. Animámosvos a colaborar.  

Recordade que, con motivo da festa, o xoves 19 de febreiro non haberá actividades extraescolares.

Non faltedes! Agardámosvos para celebrar xunt@s o Entroido como se merece!

Un saúdo,

 

0 comentarios:

Publicar un comentario