Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 16 de decembro de 2009

Folga dos traballadores das instalcións públicas deportivas de Galicia




NOTA INFORMATIVA

A piscina Municipal de Campolongo informa da convocatoria de folga para o vindeiro martes día 22 de Decembro polo que se suspende calquera actividade deportiva. Polo tanto a  actividade extraescolar  de natación do CEIP ÁLVAREZ LIMESES  na Piscina  Municipal de Campolongo para ese dia queda suspendida.

En vacacións se manteñen as clases por se os usuarios queren recuperar a hora ou asistir máis dias.


martes, 15 de decembro de 2009

As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo



      AVISO:  As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de  precaución polo mal tempo

A Consellería de Educación tomou esta decisión en base á predición deita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) 15 de decembro de 2009


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.

A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

Fonte:  http://www.edu.xunta.es/

venres, 11 de decembro de 2009

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO




O noso colexio, foi elixido na cidade de Pontevedra para comezar o proxecto Camino Escolar Seguro, debido á situación do colexio por unha parte e polo apoio recibido polo profesorado e a asociación de pais e nais de alumnos,e comerciantes.


Este proxecto busca favorecer un acceso seguro e agradable de ida e volta do colexio e facer de cálea un contorno amigable, seguro, acolledor e formativo para todos os nenos, e, por extensión, ao resto das persoas, logrando deste xeito unha cidade pensada para ser habitada.


Obxectivos


Para a cidade:

• Contribuír a que Pontevedra sexa unha cidade máis segura, habitable e sostible.

Para a infancia: 

 • Fomentar a súa autonomía facendo do camiño escolar un espazo seguro e de convivencia.


 • Dar participación aos nenos para mellorar a súa condición de cidadáns activos e responsables.


 • Aprenderán unha forma de vida máis saudable e menos sedentaria.


 Para todos os cidadáns:

 •  Mellorar a coordinación e cooperación entre os servizos municipais e as necesidades cidadás.

 •  Mellorar a mobilidade e a calidade do aire que respiramos, reducindo o uso do transporte privado nos desprazamentos escolares.

•  Para o éxito do proxecto é fundamental a participación do colexio, os nenos, os pais, o profesorado, o contorno da comunidade (comerciantes, veciños), axentes do concello de seguridade vial etc..

•  A adhesión ou colaboración no proxecto é totalmente voluntaria, pero a parte fundamental de cooperación serán os pais. A colaboración dos pais é totalmente necesaria.


Fases

 • Sensibilización e motivación a todos os pais

 • Constitúese o Foro presentación  no que interveñen a comunidade educativa (profesores e pais), o barrio (asociacións de veciños e comerciantes) e persoal do Concello (Policía Municipal, Técnicos de Educación , etc...) que van a intervir na posta a en marcha do proxecto, solucionando os puntos que sexan conflitivos no camiño e no tráfico, como pasos de cebras que non lle respectan ou problemas con semáforos...

• Elaboración de enquisa a alumnos e pais, a través da observación do contorno e os seus hipotéticos problemas. Analizarase o camiño desde a perspectiva do neno.

• Clases en aulas sobre a seguridade e mobilidade impartida polos profesores. Dous profesores xa lle adheriron para dar as clases.

• Deseño das rutas segundo os camiños sinalados para chegar ao colexio.

• Clases tamén dadas polos axentes de educación vial que xa viñeron outros anos.

• Formación da ruta, sinalando o camiño ou os camiños e facendo participe a veciños e comerciantes.

• Formación de pedibuses onde os nenos farán o percorrido de forma autónoma pero acompañados no traxecto por outros compañeiros que se irán unindo na ruta e algúns adultos (pais voluntarios e monitores de mobilidade). A policia municipal actuará vixiando, calmando e regulando o tráfico nos puntos que se vexan necesarios


Nas proximas datas o Concello de Pontevedra, en colaboración co Colexio e a Anpa do Álvarez Limeses, realizaran unha presentacion permenorizada do proxecto aos pais e nais do Colexio Alvarez Limeses onde se detallaran as fases do proxecto e se atenderan todas as cuestion e suxerencias plantexadas pola comunidade educativa do C.E.I.P Álvarez Limeses


NOTA IMPORTANTE: Permanecede atentos as novidades ...seguiremos informando e dende  o Anpa Álvarez Limeses facemos un chamamento para asistir a dita presentación e que prantexedes todas as dubidas e temores que teñedades asi como  calquera consideracion sobre o proxecto que consideredes oportuna.

luns, 7 de decembro de 2009

Roteiro Xoán Manuel Pintos

O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) convídante a participar no Roteiro Xoán Manuel Pintos, o vindeiro sábado 12 de decembro. A saída será ás 11.00 horas desde a rúa Xoán Manuel Pintos, a carón da ponte do Burgo. Duración aproximada: 1 hora. Asistencia libre, sen  necesidade de inscrición. Este roteiro pola cidade quere manter viva a memoria  do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, figura central do Rexurdimento galego.

Roteiro Xoán Manuel Pintos

venres, 4 de decembro de 2009

Medio Rural invitará a todos os centros da provincia de Pontevedra a coñecer a Aula Forestal do Viveiro de Areas en Tui



Pontevedra, 3 de decembro de 2009.- A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra invita, a través da xefatura de Medio Rural, a tódolos centros educativos da provincia a que coñezan a Aula Forestal do Viveiro de Areas en Tui.

O obxectivo destas visita é dar a coñecela actividade didáctica e divulgadora que desenvolve este aula centrada no medio forestal entendido como unha natureza nova e dinámica que ocupa a meirande parte da superficie do noso país, e tamén como unha cultura coa cal se identifica a sociedade actual.

A Aula Forestal do Viveiro de Areas ofrece atractivos módulos interactivos e xogos dedicados aos sons e sinais dos animais do bosque, efectos erosivos dos lumes forestais, colonización das árbores segundo a altitude do terreo, etc... que engaiolan aos máis cativos. Ademais tamén contén interesantes mostras vexetais e animais.

As actividades consistirán en visitas guiadas, de entre 60 e 30 alumnos, polos monitores da área nas propias instalacións e pola finca de 12 hectáreas con parcelas de cultivo de especies autóctonas galegas, parcelas de experimentación e outras de tipo ornamental con curiosas árbores centenarias.

O pasado ano máis de 4.000 rapaces visitaron xa estas instalacións.

xoves, 3 de decembro de 2009

CEAPA: REVISTA PADRES Y MADRES

Iniciamos la publicacion online de la Revista Padres y Madres de CEAPA en numero actual es el Nº102 pero podeis ver los numeros anteriores en la web de CEAPA



Una Educación Infantil de calidad para todos los niños y niñas
 


CEAPA   Nº 102 Septiembre-Octubre 2009