Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 11 de decembro de 2009

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO




O noso colexio, foi elixido na cidade de Pontevedra para comezar o proxecto Camino Escolar Seguro, debido á situación do colexio por unha parte e polo apoio recibido polo profesorado e a asociación de pais e nais de alumnos,e comerciantes.


Este proxecto busca favorecer un acceso seguro e agradable de ida e volta do colexio e facer de cálea un contorno amigable, seguro, acolledor e formativo para todos os nenos, e, por extensión, ao resto das persoas, logrando deste xeito unha cidade pensada para ser habitada.


Obxectivos


Para a cidade:

• Contribuír a que Pontevedra sexa unha cidade máis segura, habitable e sostible.

Para a infancia: 

 • Fomentar a súa autonomía facendo do camiño escolar un espazo seguro e de convivencia.


 • Dar participación aos nenos para mellorar a súa condición de cidadáns activos e responsables.


 • Aprenderán unha forma de vida máis saudable e menos sedentaria.


 Para todos os cidadáns:

 •  Mellorar a coordinación e cooperación entre os servizos municipais e as necesidades cidadás.

 •  Mellorar a mobilidade e a calidade do aire que respiramos, reducindo o uso do transporte privado nos desprazamentos escolares.

•  Para o éxito do proxecto é fundamental a participación do colexio, os nenos, os pais, o profesorado, o contorno da comunidade (comerciantes, veciños), axentes do concello de seguridade vial etc..

•  A adhesión ou colaboración no proxecto é totalmente voluntaria, pero a parte fundamental de cooperación serán os pais. A colaboración dos pais é totalmente necesaria.


Fases

 • Sensibilización e motivación a todos os pais

 • Constitúese o Foro presentación  no que interveñen a comunidade educativa (profesores e pais), o barrio (asociacións de veciños e comerciantes) e persoal do Concello (Policía Municipal, Técnicos de Educación , etc...) que van a intervir na posta a en marcha do proxecto, solucionando os puntos que sexan conflitivos no camiño e no tráfico, como pasos de cebras que non lle respectan ou problemas con semáforos...

• Elaboración de enquisa a alumnos e pais, a través da observación do contorno e os seus hipotéticos problemas. Analizarase o camiño desde a perspectiva do neno.

• Clases en aulas sobre a seguridade e mobilidade impartida polos profesores. Dous profesores xa lle adheriron para dar as clases.

• Deseño das rutas segundo os camiños sinalados para chegar ao colexio.

• Clases tamén dadas polos axentes de educación vial que xa viñeron outros anos.

• Formación da ruta, sinalando o camiño ou os camiños e facendo participe a veciños e comerciantes.

• Formación de pedibuses onde os nenos farán o percorrido de forma autónoma pero acompañados no traxecto por outros compañeiros que se irán unindo na ruta e algúns adultos (pais voluntarios e monitores de mobilidade). A policia municipal actuará vixiando, calmando e regulando o tráfico nos puntos que se vexan necesarios


Nas proximas datas o Concello de Pontevedra, en colaboración co Colexio e a Anpa do Álvarez Limeses, realizaran unha presentacion permenorizada do proxecto aos pais e nais do Colexio Alvarez Limeses onde se detallaran as fases do proxecto e se atenderan todas as cuestion e suxerencias plantexadas pola comunidade educativa do C.E.I.P Álvarez Limeses


NOTA IMPORTANTE: Permanecede atentos as novidades ...seguiremos informando e dende  o Anpa Álvarez Limeses facemos un chamamento para asistir a dita presentación e que prantexedes todas as dubidas e temores que teñedades asi como  calquera consideracion sobre o proxecto que consideredes oportuna.

0 comentarios:

Publicar un comentario