Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027
Amosando publicacións coa etiqueta Extraescolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Extraescolares. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de setembro de 2017

Actividades extraescolares ANIAS curso 2017-2018

ACTIVIDADES ANIAS 2017-2018

Listaxe e información da oferta de actividades extraescolares de ANIAS para o CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2017-2018.

Actividade extraescolar - Leis Pontevedra F.S.

FUTBOL SALA - LEIS PONTEVEDRA

Actividade extraescolar de fútbol sala xestionada polo Leis, servíndose da experiencia e dos medios cos que conta un clube referente na formación deportiva e humán de xóvenes xogadores. Cuns obxectivos e contidos definidos, un persoal cualificado que atenderá á diversidade dos grupos e cunha metodoloxía profesional.

mércores, 20 de setembro de 2017

CIRCULAR 2, do 20 de setembro - Piscinas de Campolongo e Budo 2017-2018

PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2017-2018

Para inscribirse no 1º Cuadrimestre na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o martes 26 de Setembro de 2017 entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota do 1º cuadrimestre (do 02/10/2017 ao 31/01/2018 ambos dous inclusive) é de 35€ socios/45€ non socios. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois as prazas son limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.


PISCINAS BUDO CURSO 2017-2018

A actividade extraescolar de natación para os socios da ANPA Álvarez Limeses desenrolarase na piscina BUDO entre o 02/10/2017 e o 29/06/2018. Xunto co impreso de inscrición e antes do comezo da actividade debe abonarse a cota do primeiro trimestre e informar o número de conta a efectos de domiciliación bancaria dos recibos sucesivos. Para os alumnos que non poidan asistir ás clases ofertadas, ponse á súa disposición calquera dos horarios habituais do centro cun desconto do 20% sobre a cota mensual correspondente.

mércores, 16 de decembro de 2009

Folga dos traballadores das instalcións públicas deportivas de Galicia




NOTA INFORMATIVA

A piscina Municipal de Campolongo informa da convocatoria de folga para o vindeiro martes día 22 de Decembro polo que se suspende calquera actividade deportiva. Polo tanto a  actividade extraescolar  de natación do CEIP ÁLVAREZ LIMESES  na Piscina  Municipal de Campolongo para ese dia queda suspendida.

En vacacións se manteñen as clases por se os usuarios queren recuperar a hora ou asistir máis dias.