Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 17 de xuño de 2011

FESTA FIN DE CURSO



NOTA INFORMATIVA.
FESTA FIN DE CURSO

Estimados pais/nais:

Dende a ANPA queremos comentarvos que o próximo mércores día 22 de xuño celebrarase “A FESTA DE  FIN DE CURSO”, en colaboración có Colexio, na que os nenos e nenas de Primaria (de 1º a 6º) participarán en diferentes  actividades  de auga polo que pedimos a vosa colaboración para que os rapaces e rapazas xa veñan preparadas dende  a casa,  que   leven posto o traxe de baño (debaixo da roupa) e camiseta que se poida mollar, calzado fácil de poñer e sacar, e unha  muda de roupa interior ou outro traxe de baño. 

O calzado  debe ser axeitado para este tipo de actividades como: fanequeiras, ou  tenis que se poda mollar. (evitaremos as chancletas que non se suxeiten ao pé para evitar tropezóns).

Os alumnos de infantil tamén terán a súa festa, no ximnasio (sin auga pero con hichable), polo que deben traer calcetíns e calzado fácil de sacar e poñer.




PROGRAMA FESTA FIN DE CURSO

Programa Festa Fin de Curso



                                      Recibe un cordial saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario