Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 13 de decembro de 2011

ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA



ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA


Data: 16 de decembro
Horario: dende as 16:30 as 19:30 horas
Lugar: CEIP CAMPOLONGO
Programación: Actividades de Globoflexia
Actividade de maquillaxe artístico-infantil
Xogos con Paracaídas e pelotas xigantes
Animación Musical
Gymkhana temática
Dous castelos inchables

O próximo venres día 16 de decembro no CEIP CAMPOLONGO en horario de 16,30 a 19,30 h, a Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra organiza unha actividade de ocio e tempo libre que ten por nome ¡¡Anímate a unha tarde diferente en Pontevedra!!

Anímate a unha tarde diferente! está aberta a toda a poboación que se achegue ao colexio e contará con actividades de globoflexia, xogos con paracaídas e pelotas xigantes e  maquillaxe artística para converterse nun personaxe de conto. Ademais os que queiran poderán participar nunha gymkhana temática con xogos e probas sorprendentes ou subir aos dous castelos inchables. Todas as actividades estarán coordinadas polo equipo de monitores e alumnos da Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra formado por un total de 100 integrantes.

A través desta iniciativa tanto a Escola como o Concello queren animar ás pontevedresas e pontevedreses a participar nunha actividade lúdica para todos e promover hábitos de ocio e entretemento saudable. A entrada será libre, contribuíndo así a unha xornada de lecer en familia.

A Escola de Tempo Libre FESAN leva máis de 10 anos organizando actividades de ocio e tempo libre, xa que dentro dos seus obxectivos está o de promover hábitos de ocio e entretemento saudable entre os nenos, mozos e maiores. Estes obxectivos véñense logrando con éxito ao ampliar FESAN, a través da súa Escola, o seu ámbito de actividade á promoción de profesionais formados en cursos tales como monitor de ocio e tempo libre, monitor de comedor escolar, monitor de transporte escolar, animador xerontológico ou monitor de persoas con discapacidade.

Isto permite a FESAN ofrecer unha catálogo integral de servizos de ocio e entretemento saudable que van dende a prestación directa deste tipo de servizos ata a formación, contratación e apoio á inserción laboral de profesionais en centros tales como ludotecas, escolas infantís, campamentos, comedores escolares, empresas de transporte escolar ou centros de maiores. 

Se chove farase dentro do Pavillón do CEIP Campolongo, senón no patio exterior do centro. 

                                                                   Recibe un cordial saúdo de:



0 comentarios:

Publicar un comentario