Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 31 de maio de 2012

Exposición de traballos feitos na actividade extraescolar “Obradoiro Creativo de Artes Plásticas” polas alumnos/as da profesora Pili




Baixo a supervision da proferosa Pili, os alumnos/as da actividad extraescolar "Obradoiro Creativo de Artes Plásticas",organizada pola Anpa Ceip Alvarez Limeses,  viñeron realizando diferentes traballos ao longo do curso. Froito desta actividade son varios murais, traballos  decoracion téxtil 


Hoxe quedaron expostos, para deleite de todos, no vestíbulo da entrada do colexio







Recibide un Cordial Saúdo


mércores, 30 de maio de 2012

CURSO 2012/2013 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NATACIÓN BUDO


CURSO 2012/2013
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NATACIÓN CENTRO BUDO

Pola presente queremos facervos chegar a nosa oferta para a actividade extraescolar de natación  a desenvolverse no Centro Budo  entre o 1-10-2012 y el 30-6-2013.  

Horario Colexio Álvarez Limeses
Martes 16:15 horas -45  plazas
Xoves16:15 horas-10 plazas
Luns 16:45 horas -5  plazas

NATACIÓN   1 día/seman

De 6 a 16 años .........Cuota trimestral: 31,00 Euros. (10,33 €/mes). Iva incluido.
 De 3 a 5 años ....... Cuota trimestral: 44,00 Euros. (14,66 €/mes). Iva incluido

NATACIÓN   2 días/seman
De 6 a 16 años ..... Cuota trimestral: 52,00 Euros. (17,33 €/mes). Iva incluido.
De 3 a 5 años ....... Cuota trimestral: 74,00 Euros. (24,66 €/mes). Iva incluido.

 Horario especial

Luns 18:15 horas Tarifa trimestral: 48 € (independiente da idade dos nenos/as).

INSCRIPCIÓN  e  PAGOS: Xunto co impreso de inscrición, e antes do comezo do curso, debe aboarse a cota correspondente ao primeiro trimestre e informar o número de conta para os efectos da domiciliación bancaria dos recibos sucesivos. O segundo e terceiro trimestre (xaneiro-febreiro-marzo/2013 e abril-maio-jun/2013, respectivamente) aboaranse por domiciliación bancaria. En caso de non informar o número de conta antes do inicio do segundo trimestre, cobrarase un importe de 2,10 € en concepto de 'Anulación bonificación domiciliación bancaria".


Requisito Indispensable: En todo caso debe pagarse a cota de socio da Anpa no colexio para podr inscribirse no Centro Budo.

Para calquera aclaración non dubidedes en consultarnos.


                                                                 Recibide un cordial saúdo

CURSO DE VERÁN NATACIÓN ESPECIAL SOCI@S DO ANPA

A Dirección do Centro Budo transladanos a proposta  escolar para o verán 2012, con prezos especiais para o  CEIP ÁLVAREZ LIMESES  











Gimnasio Budo.
Calle La Estación, 17, 36003 
Pontevedra, España
Teléfono: (34) 986 85 20 21
Fax: (34) 986 85 20 21


                                                                                 Recibe un cordial saúdo


FESTIVAL NATACIÓN BUDO ESCOLAR 2012





A/at: socios/as da A.N.P.A.  CEIP ÁLVAREZ LIMESES
Pontevedra, 30 de maio de 2012

O motivo da presente é comunicarvos que o venres 8 de Xuño ás 16:30 horas, procederemos a celebrar o FESTIVAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2012, como vén sendo habitual estes últimos anos e no que o noso colexio ten participación.

O festival realizarase, como en anos anteriores, con alumnos de nivel verde, vermello, azul e negro, que realizarán unha exhibición individual das destrezas adquiridas no presente curso e unha competición por relevos que determinará o colexio campión escolar 2012.

O listado dos alumnos que participan no devandito festival será exposto nos taboleiros de anuncios de Centro Budo para que os pais e alumnos estean informados.
Gimnasio Budo.
Calle La Estación, 17, 36003 
Pontevedra, España
Teléfono: (34) 986 85 20 21
Fax: (34) 986 85 20 21


Recibide un cordial saúdo de:

venres, 25 de maio de 2012

Escolas de Verán do Concello de Pontevedra 2012


Ludoverán 2012 é unha actividade da Conselleria de Educación do Concello de Pontevedra coa colaboración da FANPA de Pontevedra.  



Escolas de Verán 2012
CARTEL ESCOLAS DE VERAN 2012  descargar aqui  
BASES E FICHA DE INSCRIPCIÓN    descargar aqui

Escolas de Verán 2012

Son un espazo educativo e de encontro para os nenos/as do concello de Pontevedra, que ten como obxectivo ode potenciar o desenvolvemento integral das nenas e nenos a través dunha programación que combina o xogo con actividades formativas, creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e o potenciación de hábitos saudables e de convivencia en grupo, ao tempo que se propicia a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo do verán.
A quen vai dirixido
O Programa vai dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados e empadroados no Concello de Pontevedra

Número de prazas, días e horarios
Dúas escolas urbanas nos CEIP Manuel Vidal Portela e CEIP Campolongo de luns a venres con horario de 9:00 a 14:00 horas
  •  70 prazas en cada unha das quincenas de xullo
  • 60 prazas en cada unha das quincenas de agosto

· Unha escolas urbana en Monte Porreiro Campolongo de luns a venres con horario de 9:00 a 14:00 horas
- 30 prazas en cada unha das quincenas de xullo e agosto.
· Unha escola urbana de Inglés  Playing in summer no CEIP BarcelosCampolongo de luns a venres con horario de 9:00 a 14:00 horas
- 70 prazas en cada unha das quincenas de xullo e agosto.
· Catro escolas no rural:
CEIP Vilaverde e  CEIP Cabanas  luns e mércores con horario de 10:00 a 13:30 horas
CEIP Pontesampaio e CEIP Santo André de Xeve martes e xoves  con horario de 10:00 a 13:30 horas
- 20 prazas en   xullo e agosto.
Servizos complementarios
Na Escola Urbana de verán do CEIP Manuel Vidal Portela e na Escola de verán en lingua inglesa Playing in summer do CEIP Barcelos, contarán cos servizos complementarios, sempre que haxa un mínimo de 20 participantes en cada un dos servizos.
1.  Programa madruga (7:30 a 9:00)
2.  Servizo de Comedor (14:00 a 15:30)
3.  Servizo esporádico de madruga e comedor

 Prezos
ESCOLAS
Prezo por quincena
Prezo para familias numerosas
Escola de verán urbana
35 €
21 €
Escola de verán urbana Playing in summer
35 €
21 €
Escola de verán rural ( COTAS MENSUAIS )
25 €
17 €
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Madruga Sen almorzo
22€
22 €
 Madruga Con almorzo
28€
28 €
Comedor
42 €
42 €

CUSTO DO SERVIZO ESPORÁDICO :
· Madruga CON almorzo 3,15 € - SEN almorzo 2,5 €
· Servizo de Comedor 7,5 €
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

A programación de actividades realízase por quincena. Cada quincena xira arredor dunha temática que é o eixo motivador e de conexión entre as distintas actividades.

En cada actividade temática os nenos/as das Escolas terán a oportunidade de implicarse nun novo proxecto, nunha nova aventura na que participarán activamente a través de diferentes propostas: ambientacións, xogos, obradoiros, saídas,…. 
 As actividades temáticas levaranse a cabo con tódolos grupos de idade adaptando os seus contidos ás diferentes idades dos participantes.
 Ademais das actividades temáticas haberá unha programación diaria con xogos de interior e exterior, deportes, cancións, música e baile, ....
 PROGRAMACIÓN POR QUINCENAS:
1ª QUINCENA DE XULLO:
 Temática : “Navegantes”
 Obxectivo: amosar ás nenas e nenos  a vida no mar  por medio de visitas e excursións a zona costeira, grandes xogos, recreacións, lendas, historias e tradicións . 
Obradoiros:

  •  Papiroflexia: faremos os nosos barquiños de papel que posteriormente botaremos a navegar.
  •  Nos mariñeiros: un mariñeiro faranos unha demostración dos nos básicos que logo tentaremos realizar nós mesmos/as na escola de verán.
  •  Obradoiro  creativo de complementos e disfraces: para meternos no papel dos grandes navegantes fabricamos catalexos, disfraces de marinos, piratas.
  • Obradoiro de curtas: gravamos nunha curta as nosas aventuras mariñas.
  • Obradoiro de lendas e historias mariñas 

Grandes xogos: Xincana pola cidade da Pontevedra Mariña da man de distintas personaxes que nos irán dando pistas para descubrir e coñecer a nosa historia e cultura mariñeiras

Visitas: 
  •  Visitamos un pobo tipicamente mariñeiro como é Combarro.
  • Visita a reprodución da cámara da Fragata Numancia no museo de Pontevedra
  
2ª QUINCENA DE XULLO
Temática : “Eureka” 
Obxectivo: traballar cos nenos e nenas o proceso creativo e de invención “ dende o chupa-chups á nave espacial ou as grandes creacións literarias, facéndoos partícipes deste proceso a través de xogos e dinámicas para traballar o proceso creativo 
Obradoiros:

  • Obradoiro de creación literaria: 
  • Obradoiro de investigación: como se crearon e como funcionan as cousas que utilizamos a diario
  • Obradoiro de inventos e máquinas imposibles con material de refugallo
  • Obradoiro de cociña creativa
  • Obradoiro de barro

Visitas:  
  • Biblioteca de Pontevedra
  •  Visita a unha imprenta

Grandes xogos: O trivial dos descubrimentos e dos inventos.
 1ª QUINCENA DE AGOSTO
 Temática :  “Aventureiros”
 Obxectivo: Con esta temática trátase de espertar o interese das nenas e nenos polo patrimonio natural e histórico a través de actividades multiaventura na natureza, busca de restos, escavacións, rutas de sendeirismo, xogos de orientación e de aventura .....

Obradoiros:
  • Obradoiro de complementos: creación de caderno de apuntamentos, chapeus e utensilios de traballo para realizar as nosas pequenas expedicións.
  • Obradoiro de historias viaxeiras polas distintas escolas
  • Obradoiro de pequenas escavacións arqueolóxicas

Visitas:
  • Realización de pequenas rutas de sendeirismo
  • Saída ao parque do sentidos de Marín

Grandes xogos:  xogo de orientación 
2ª QUINCENA DE AGOSTO

Temática : “Codia e miolo”

Obxectivos: dentro da temática de alimentos saudables queremos achegar aos nenos ao consumo dos cereais como alimento básico na súa dieta, traballando diferentes aspectos dende o seu cultivo ata a elaboración de receitas (produtos, xogos, lendas, oficios, visita a un muíño, receitas......) 

Obradoiros:
  • Obradoiro de cociña: Elaboración de pan e galletas
  • Obradoiro de horticultura:
  • Obradoiro de mostras de cereais
  • Charla obradoiro sobre os cereais na alimentación
 Visita: 
  • Ruta dos muíños pola senda do Almofrei
  • Visita a unha panadería

Grandes xogos: circuíto de xogos populares relacionados coa tradición agrícola
Actividades específicas da Escola urbana de verán Playing in summer 
Ademais da programación de actividades de lecer que será  común  a tódalas escolas de verán, os nenos e nenas de Playing in summer  asistirán todos os días a unha clase teórico-práctica por niveis de inglés, con exercicios, xogos e dinámicas para reforzar e potenciar os aspectos lingüísticos e gramaticais xa coñecidos polos alumnos, aprendendo a aplicalos a nivel comunicativo para poder interactuar e relacionarse en inglés dunha maneira natural e fluída.
· Obradoiro de inglés: con actividades diarias de reforzo e repaso en inglés
· Actividades especificas: magazine, minibook, role play.....
· Xogos e deportes
· Obradoiros temáticos
· Saídas e visitas culturais.

                                                                Recibide un cordial saudo



mércores, 23 de maio de 2012

CAMPAMENTO PONTEVERÁN 2012



FINALIDADE

Ofertar a  mocidade e infancia de Pontevedra un programa educativo e lúdico de actividades de tempo libre para as vacacións do verán, baseado en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e do deporte.

DESTINATARIOS/AS


Priorizaranse nenos e nenas, mozos e mozas de 8 a 30 anos do Concello de Pontevedra. No caso de non cubrirse as prazas poderán optar persoas doutros concellos a través da listaxe de espera.


PRE-INSCRICIÓNS: 


Do 4 ao 15 de xuño  para as actividades "campamento polideportivo" e "campamento de natureza e tempo libre" 

Sorteo publico o luns 18 de xuño as 12h. na Casa Azul e posterior publicación de listaxes coas persoas admitidas e listaxes coas reservas (por orde do sorteo).
Formalización de inscricións e presentación de documentación do 19 ao 22 de xuño.
Lembramos que as actividades teñen un numero de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais (10 prazas por campamento).

INSCRICIÓNS 


Para o resto de actividades, inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra, r/ Sor Lucí­a, 2, 3º, tel. 986840367 xuventude@pontevedra.eu. Para actividades do Club de Piragüismo Río Verdugo de Ponte Sanpaio as inscricións realizaranse no propio club.
Todas as actividades teñen un número de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais (aprox. o 10%).

No caso dos campamentos urbanos, unha mesma so poderá inscribirse nun deles.

DESCONTOS


As cotas de inscrición estan subvencionadas na súa maior parte e a maiores establecéndose os seguintes descontos: 


20% desconto co Carne Xove
50% desconto a familias numerosas
50% desconto a partir da 2ª persoa da mesma unidade familiar
100 % con derivación dos Servizos Sociais municipais
Os descontos son excluintes entre si


Descarga cartel en maior resolución cliclando en CALENDARIO PONTEVERÁN 2012



  1. Campamentos
  • CAMPAMENTO DE NATUREZA E TEMPO LIBRE (9-14 anos) (6-15 xullo)
  • CAMPAMENTO URBANO I (8-12 anos) (2-13 xullo)
  • CAMPAMENTO URBANO II (8-12 anos) (16 ao 27 xullo)
  • CAMPAMENTO EN SALCEDO (8-12 anos) (30 xullo-3 agosto)
  • CAMPAMENTO POLIDEPORTIVO (10-15 anos) (6-10 agosto)
  1. Actividades culturais, deportivas e no medio natural
  • 1º Festival de Graffiti e Torneo 3x3 "Dálle Brasa 2012" - 23 e 24 xuño
  • 4º TORNEO DE FÚTBOL-7 MASCULINO E FEMININO "PONTEVERÁN-CAFyD" (14-30 anos) (14 e 15 xullo)
  • A MOUREIRA ENLOUQUECIDA: maratón fotográfico (14-30 anos)
  • INICIACIÓN Á ESCALADA (14-30 anos) (24,26 e 28 xullo)
  • INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO (9-15 anos) (xullo e agosto)
  • RUTAS EN KAIAK DE MAR POLAS RÍAS (16-30 anos) (14 e 25 xullo, 26 agosto)
  •  PRE-INSCRICIÓNS:
    Do 4 ao 15 de xuño só para as actividades "campamento polideportivo" e"campamento de natureza e tempo libre"
    Sorteo público o luns 18 de xuño ás 12h. na Casa Azul e posterior publicación de listaxes coas persoas admitidas e listaxes coas reservas (por orde do sorteo). 
    Lembramos que as actividades teñen un número de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais (10 prazas por campamento).

    Descarga o folleto clicando na cando na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/pveran2012.pdf
  • INICIACIÓN AO CLOWN (15-30 anos) (2-6 xullo)
  • INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA(16-30 anos) (9,10,12,13, 16,17 e 18 xullo)
  • INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN (a partir de 8 anos)(6 e 7 xullo)
  • PRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN DE EVENTOS MUSICAIS (16-30 anos) (2-6 xullo fase teórica)
  • INFORMÁTICA BÁSICA E DE INICIACIÓN(14-30 anos) (xullo e agosto)
INSCRICIÓNS :
Para o resto de actividades, inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.
Na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra, r/ Sor Lucía,2, 3º, tel. 986840367 xuventude@pontevedra.eu agás para as actividades do Club de Piragüismo Río Verduxo de Ponte Sampaio que se realizarán no propio club.




                                                              Recibide un cordial saudo



mércores, 16 de maio de 2012

Novidades Anpa Importantes





A  Xunta Directiva da Anpa informa que chegou a un acordo con Anias sobre as actividades extraescolares para o mes de xuño. Así istas realizaránse con normalidade entre o 1 e 15 de xuño como se veñen facendo durante o presente curso. 

A única variación será que o prezo ese mes será 6,00 € e 7,00 € respectivamente para as actividades polas que se viñan pagando 12,00 € e 14,00 € por mes enteiro.



IMPORTANTE: Na semana do 18 ao 22 de xuño 
non haberá actividades extraescolares. 



A Xunta directiva da Anpa prepara unha festa na Discoteca Daniel para a tarde do xoves 21 de xuño, e a festa fin de curso no colexio para a mañá do venres día 22 e algunha sopresa mais para o mes de xuño....e ata aqui podo contar!!!... 

De todo terán cumprida información polos medios habituais: circulares, blog, envíos masivos de correo electrónico e teléfono da Anpa...


                                                         Recibide un cordial saúdo