Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 15 de maio de 2012

Actividades de Maio, Mes da Lingua para os días 15,16 e 17





MAIO, MES DA LINGUA
(Programa completo en http://www.pontevedra.eu/pub/documentos/20120430030443_maio-mes-da-lingua.pdf)

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición.

Trátase dun conxunto de actividades orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto as organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística, como aquelas programadas e desenvoltas por asociacións, centros de ensino e colectivos do concello, sensibilizados coa situación social da lingua galega.

Recomendamos...


Martes 15 de maio
CONFERENCIA Paz Andrade, por Xesús Portas Ferro e Xosé Álvarez
Ás 20.30 h no local social do Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo

Mércores 16 de maio

LECTURA DO MANIFESTO Vitaminas para o galego
Ás 17 h diante da Casa do Concello (rúa Michelena 30)
Organizan: Vitaminas para o galego e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
 
CONTACONTOS galegos da tradición oral e Poemas de Paz Andrade, con Xesús Portas Ferro e varios veciños/as e socios/as
Ás 20.30 h no local social do Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo

CONCERTO do Día das Letras Galegas da Filharmonía de Galicia
Ás 20.30 h no Pazo da Cultura
Dirixe: Maximino Zumalave. Textos de Celso Emilio Ferreiro musicados por  Antón García Abril, caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade, e cantata das cantigas sobre textos de Rogelio Groba.
Organiza: Consello da Cultura Galega e Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra


Xoves 17 de maio

Manifestación Pola lingua que nos une
, ás 12 h, na alameda de Santiago de Compostela
Máis información en
http://www.queremosgalego.org/

CINEMA EN GALEGO
en Cinebox Vialia
Ás 17 e 19 h, Engurras
Prezo da entrada 5 €
Vales desconto de 1 € nos comercios da campaña Proba en Galego (http://probaengalego.blogaliza.org/)
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Colabora: Cinebox Vialia


ACTO POPULAR EN HOMENAXE A PAZ ANDRADE

Ás 20 h na praza de Curros Enríquez
Recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asoc. Sociocult. O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra.
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra


CINEMA EN GALEGO en Cinebox Vialia
Ás 22 h, Tamén a chuvia
Prezo da entrada 5 €
Vales desconto de 1 € nos comercios da campaña Proba en Galego (http://probaengalego.blogaliza.org/)
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Colabora: Cinebox Vialia

E tamén....

MARTES 15 DE MAIO


PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS
Ás 12.30 h no IES A Xunqueira 1
Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: Onda Cero Radio e IES A Xunqueira 1


CONFERENCIA A matria poética de Valentín Paz Andrade, por Carlos Callón
Ás 19.30 h na biblioteca pública
Organiza: biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola

MÉRCORES 16 DE MAIO

PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS
As 12.20 h no IES Luís Seoane
Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: Cadena Cope e IES Luís Seoane


ENTREGA DE PREMIOS dos certames de microrrelato da Escola Oficial de Idiomas
Ás 18.30 h na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Organiza: Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra



                                                                               Recibide un cordial saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario