Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 23 de maio de 2012

CAMPAMENTO PONTEVERÁN 2012



FINALIDADE

Ofertar a  mocidade e infancia de Pontevedra un programa educativo e lúdico de actividades de tempo libre para as vacacións do verán, baseado en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e do deporte.

DESTINATARIOS/AS


Priorizaranse nenos e nenas, mozos e mozas de 8 a 30 anos do Concello de Pontevedra. No caso de non cubrirse as prazas poderán optar persoas doutros concellos a través da listaxe de espera.


PRE-INSCRICIÓNS: 


Do 4 ao 15 de xuño  para as actividades "campamento polideportivo" e "campamento de natureza e tempo libre" 

Sorteo publico o luns 18 de xuño as 12h. na Casa Azul e posterior publicación de listaxes coas persoas admitidas e listaxes coas reservas (por orde do sorteo).
Formalización de inscricións e presentación de documentación do 19 ao 22 de xuño.
Lembramos que as actividades teñen un numero de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais (10 prazas por campamento).

INSCRICIÓNS 


Para o resto de actividades, inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra, r/ Sor Lucí­a, 2, 3º, tel. 986840367 xuventude@pontevedra.eu. Para actividades do Club de Piragüismo Río Verdugo de Ponte Sanpaio as inscricións realizaranse no propio club.
Todas as actividades teñen un número de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais (aprox. o 10%).

No caso dos campamentos urbanos, unha mesma so poderá inscribirse nun deles.

DESCONTOS


As cotas de inscrición estan subvencionadas na súa maior parte e a maiores establecéndose os seguintes descontos: 


20% desconto co Carne Xove
50% desconto a familias numerosas
50% desconto a partir da 2ª persoa da mesma unidade familiar
100 % con derivación dos Servizos Sociais municipais
Os descontos son excluintes entre si


Descarga cartel en maior resolución cliclando en CALENDARIO PONTEVERÁN 2012



  1. Campamentos
  • CAMPAMENTO DE NATUREZA E TEMPO LIBRE (9-14 anos) (6-15 xullo)
  • CAMPAMENTO URBANO I (8-12 anos) (2-13 xullo)
  • CAMPAMENTO URBANO II (8-12 anos) (16 ao 27 xullo)
  • CAMPAMENTO EN SALCEDO (8-12 anos) (30 xullo-3 agosto)
  • CAMPAMENTO POLIDEPORTIVO (10-15 anos) (6-10 agosto)
  1. Actividades culturais, deportivas e no medio natural
  • 1º Festival de Graffiti e Torneo 3x3 "Dálle Brasa 2012" - 23 e 24 xuño
  • 4º TORNEO DE FÚTBOL-7 MASCULINO E FEMININO "PONTEVERÁN-CAFyD" (14-30 anos) (14 e 15 xullo)
  • A MOUREIRA ENLOUQUECIDA: maratón fotográfico (14-30 anos)
  • INICIACIÓN Á ESCALADA (14-30 anos) (24,26 e 28 xullo)
  • INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO (9-15 anos) (xullo e agosto)
  • RUTAS EN KAIAK DE MAR POLAS RÍAS (16-30 anos) (14 e 25 xullo, 26 agosto)
  •  PRE-INSCRICIÓNS:
    Do 4 ao 15 de xuño só para as actividades "campamento polideportivo" e"campamento de natureza e tempo libre"
    Sorteo público o luns 18 de xuño ás 12h. na Casa Azul e posterior publicación de listaxes coas persoas admitidas e listaxes coas reservas (por orde do sorteo). 
    Lembramos que as actividades teñen un número de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais (10 prazas por campamento).

    Descarga o folleto clicando na cando na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/pveran2012.pdf
  • INICIACIÓN AO CLOWN (15-30 anos) (2-6 xullo)
  • INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA(16-30 anos) (9,10,12,13, 16,17 e 18 xullo)
  • INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN (a partir de 8 anos)(6 e 7 xullo)
  • PRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN DE EVENTOS MUSICAIS (16-30 anos) (2-6 xullo fase teórica)
  • INFORMÁTICA BÁSICA E DE INICIACIÓN(14-30 anos) (xullo e agosto)
INSCRICIÓNS :
Para o resto de actividades, inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.
Na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra, r/ Sor Lucía,2, 3º, tel. 986840367 xuventude@pontevedra.eu agás para as actividades do Club de Piragüismo Río Verduxo de Ponte Sampaio que se realizarán no propio club.




                                                              Recibide un cordial saudo



0 comentarios:

Publicar un comentario