Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 25 de maio de 2012

Escolas de Verán do Concello de Pontevedra 2012


Ludoverán 2012 é unha actividade da Conselleria de Educación do Concello de Pontevedra coa colaboración da FANPA de Pontevedra.  



Escolas de Verán 2012
CARTEL ESCOLAS DE VERAN 2012  descargar aqui  
BASES E FICHA DE INSCRIPCIÓN    descargar aqui

Escolas de Verán 2012

Son un espazo educativo e de encontro para os nenos/as do concello de Pontevedra, que ten como obxectivo ode potenciar o desenvolvemento integral das nenas e nenos a través dunha programación que combina o xogo con actividades formativas, creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e o potenciación de hábitos saudables e de convivencia en grupo, ao tempo que se propicia a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo do verán.
A quen vai dirixido
O Programa vai dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados e empadroados no Concello de Pontevedra

Número de prazas, días e horarios
Dúas escolas urbanas nos CEIP Manuel Vidal Portela e CEIP Campolongo de luns a venres con horario de 9:00 a 14:00 horas
  •  70 prazas en cada unha das quincenas de xullo
  • 60 prazas en cada unha das quincenas de agosto

· Unha escolas urbana en Monte Porreiro Campolongo de luns a venres con horario de 9:00 a 14:00 horas
- 30 prazas en cada unha das quincenas de xullo e agosto.
· Unha escola urbana de Inglés  Playing in summer no CEIP BarcelosCampolongo de luns a venres con horario de 9:00 a 14:00 horas
- 70 prazas en cada unha das quincenas de xullo e agosto.
· Catro escolas no rural:
CEIP Vilaverde e  CEIP Cabanas  luns e mércores con horario de 10:00 a 13:30 horas
CEIP Pontesampaio e CEIP Santo André de Xeve martes e xoves  con horario de 10:00 a 13:30 horas
- 20 prazas en   xullo e agosto.
Servizos complementarios
Na Escola Urbana de verán do CEIP Manuel Vidal Portela e na Escola de verán en lingua inglesa Playing in summer do CEIP Barcelos, contarán cos servizos complementarios, sempre que haxa un mínimo de 20 participantes en cada un dos servizos.
1.  Programa madruga (7:30 a 9:00)
2.  Servizo de Comedor (14:00 a 15:30)
3.  Servizo esporádico de madruga e comedor

 Prezos
ESCOLAS
Prezo por quincena
Prezo para familias numerosas
Escola de verán urbana
35 €
21 €
Escola de verán urbana Playing in summer
35 €
21 €
Escola de verán rural ( COTAS MENSUAIS )
25 €
17 €
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Madruga Sen almorzo
22€
22 €
 Madruga Con almorzo
28€
28 €
Comedor
42 €
42 €

CUSTO DO SERVIZO ESPORÁDICO :
· Madruga CON almorzo 3,15 € - SEN almorzo 2,5 €
· Servizo de Comedor 7,5 €
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

A programación de actividades realízase por quincena. Cada quincena xira arredor dunha temática que é o eixo motivador e de conexión entre as distintas actividades.

En cada actividade temática os nenos/as das Escolas terán a oportunidade de implicarse nun novo proxecto, nunha nova aventura na que participarán activamente a través de diferentes propostas: ambientacións, xogos, obradoiros, saídas,…. 
 As actividades temáticas levaranse a cabo con tódolos grupos de idade adaptando os seus contidos ás diferentes idades dos participantes.
 Ademais das actividades temáticas haberá unha programación diaria con xogos de interior e exterior, deportes, cancións, música e baile, ....
 PROGRAMACIÓN POR QUINCENAS:
1ª QUINCENA DE XULLO:
 Temática : “Navegantes”
 Obxectivo: amosar ás nenas e nenos  a vida no mar  por medio de visitas e excursións a zona costeira, grandes xogos, recreacións, lendas, historias e tradicións . 
Obradoiros:

  •  Papiroflexia: faremos os nosos barquiños de papel que posteriormente botaremos a navegar.
  •  Nos mariñeiros: un mariñeiro faranos unha demostración dos nos básicos que logo tentaremos realizar nós mesmos/as na escola de verán.
  •  Obradoiro  creativo de complementos e disfraces: para meternos no papel dos grandes navegantes fabricamos catalexos, disfraces de marinos, piratas.
  • Obradoiro de curtas: gravamos nunha curta as nosas aventuras mariñas.
  • Obradoiro de lendas e historias mariñas 

Grandes xogos: Xincana pola cidade da Pontevedra Mariña da man de distintas personaxes que nos irán dando pistas para descubrir e coñecer a nosa historia e cultura mariñeiras

Visitas: 
  •  Visitamos un pobo tipicamente mariñeiro como é Combarro.
  • Visita a reprodución da cámara da Fragata Numancia no museo de Pontevedra
  
2ª QUINCENA DE XULLO
Temática : “Eureka” 
Obxectivo: traballar cos nenos e nenas o proceso creativo e de invención “ dende o chupa-chups á nave espacial ou as grandes creacións literarias, facéndoos partícipes deste proceso a través de xogos e dinámicas para traballar o proceso creativo 
Obradoiros:

  • Obradoiro de creación literaria: 
  • Obradoiro de investigación: como se crearon e como funcionan as cousas que utilizamos a diario
  • Obradoiro de inventos e máquinas imposibles con material de refugallo
  • Obradoiro de cociña creativa
  • Obradoiro de barro

Visitas:  
  • Biblioteca de Pontevedra
  •  Visita a unha imprenta

Grandes xogos: O trivial dos descubrimentos e dos inventos.
 1ª QUINCENA DE AGOSTO
 Temática :  “Aventureiros”
 Obxectivo: Con esta temática trátase de espertar o interese das nenas e nenos polo patrimonio natural e histórico a través de actividades multiaventura na natureza, busca de restos, escavacións, rutas de sendeirismo, xogos de orientación e de aventura .....

Obradoiros:
  • Obradoiro de complementos: creación de caderno de apuntamentos, chapeus e utensilios de traballo para realizar as nosas pequenas expedicións.
  • Obradoiro de historias viaxeiras polas distintas escolas
  • Obradoiro de pequenas escavacións arqueolóxicas

Visitas:
  • Realización de pequenas rutas de sendeirismo
  • Saída ao parque do sentidos de Marín

Grandes xogos:  xogo de orientación 
2ª QUINCENA DE AGOSTO

Temática : “Codia e miolo”

Obxectivos: dentro da temática de alimentos saudables queremos achegar aos nenos ao consumo dos cereais como alimento básico na súa dieta, traballando diferentes aspectos dende o seu cultivo ata a elaboración de receitas (produtos, xogos, lendas, oficios, visita a un muíño, receitas......) 

Obradoiros:
  • Obradoiro de cociña: Elaboración de pan e galletas
  • Obradoiro de horticultura:
  • Obradoiro de mostras de cereais
  • Charla obradoiro sobre os cereais na alimentación
 Visita: 
  • Ruta dos muíños pola senda do Almofrei
  • Visita a unha panadería

Grandes xogos: circuíto de xogos populares relacionados coa tradición agrícola
Actividades específicas da Escola urbana de verán Playing in summer 
Ademais da programación de actividades de lecer que será  común  a tódalas escolas de verán, os nenos e nenas de Playing in summer  asistirán todos os días a unha clase teórico-práctica por niveis de inglés, con exercicios, xogos e dinámicas para reforzar e potenciar os aspectos lingüísticos e gramaticais xa coñecidos polos alumnos, aprendendo a aplicalos a nivel comunicativo para poder interactuar e relacionarse en inglés dunha maneira natural e fluída.
· Obradoiro de inglés: con actividades diarias de reforzo e repaso en inglés
· Actividades especificas: magazine, minibook, role play.....
· Xogos e deportes
· Obradoiros temáticos
· Saídas e visitas culturais.

                                                                Recibide un cordial saudo



0 comentarios:

Publicar un comentario