Actividade: Ciclo de cine Infantil CURSO 2013-2014
Organizado por:
Dirixido a: Nenos e nenas de 3 a 12 anos
Datas: Un sabado ao mes, de Octubre 2013 a Marzo de 2014.
Lugar: Auditorio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Hora: Sábados as 17:00 h
Entrada: Libre e gratuíta para os socios da Anpa,(logo de recollida da invitación da cal seredes informados da data e hora de recollida das mesmas mediante circular, email e neste blog) ata completar aforo 180 butacas
O ciclo de cine infantil consta de 6 películas, seleccionadas entre distintas producións de cine infantil, recomendadas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.
Ante as dinámicas de consumo contemporáneas resulta un desafío e unha necesidade o feito de ir ao cine "doutro xeito". Así a confección do ciclo se ofrece como unha alternativa de consumo, ao mesmo tempo que proporciona un espazo de aprendizaxe e de reflexión sobre a cultura cinematográfica onde o ocio e a aprendizaxe van collidos da man.Pola súa calidade formal e estética, así como polos modelos e valores implícitos nos seus argumentos, son películas que, máis alá da diversión, contribuirán tamén á educación dos nenos e nenas, promovendo valores como os da convivencia, a solidariedade, a liberdade, a defensa do medio ou a cultura da paz.

Así mesmo, transformando os hábitos de consumo das imaxes, facilítanse uns coñecementos que permiten desenvolver e potenciar unha actitude crítica respecto aos pensamentos e valores que transmiten as imaxes.
INFORMACIÓN DETALLADA CICLO DE CINE :
0 comentarios:
Publicar un comentario