"SABADO 24 DE
MAIO: “RUTA DA PEDRA E DA AUGA”

Os muíños
lévannos ata a “ Aldea Labrega”, unha
representación en granito da vida rural galega de principios do século XX cos
seus elementos tradicionais: a igrexa, o horreo, o forno, o cruceiro e os animais
domésticos. Sen apartarnos do río, xunto ao que poderemos observar a riqueza da
súa flora, cun gran número de especies de ribeira, chegamos á parroquia de
Armenteira, na que poderemos visitar o Mosteiro de Armenteira, un sinxelo e austero
edificio cunha capela de estilo románico levantada a mediados do século XII
coma mosteiro benedictino, aínda que a partir do século XVI á Orde de San Juan.
AVISO: OS NENOS DEBERÁN LEVAR A
SÚA MERENDA
NOTA: Saída en autobús as 9:00
dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.
PREZO SOCIO/A: 15,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 40,00 €


0 comentarios:
Publicar un comentario