Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 2 de xuño de 2014

VENTE DE CRUCEIRO COA ANPA SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2014: VIAXE A ILLA DE ONS






Propoñémosvos dende a Anpa, como como colofón a este curso 2013-2014 un marabilloso paseo no que sen dúbida, poderedes gozar da riqueza paisaxística do arquipélago de Ons. Apreciaredes o contraste dos impetuosos acantilados da súa vertente oceánica, fronte á suavidade e beleza das súas idílicas praias situadas na cara este, máis a resgardo dos temporais do Atlántico Norte.


DÍA: SÁBADO 21 de XUÑO DE 2014

  • 10,00 hs. Embarque no Porto de Marin (Pantalán exterior a escola Naval)
  • 11,00 hs. Chegada a Illa de Ons. Percorremos a Ruta do Faro: Cunha lonxitude de 4 km e un desnivel de 120 m permite, nun pequeno recorrido, facerse unha idea da illa. Cruza pola parte máis estreita desta ata a Enseada de Caniveliñas onde se pode apreciar unha das fontes de auga doce máis importantes. Gozando das vistas dende o punto máis alto do arquipélago.
  • 18,30 hs. Partida de Ons.
  • 19,30 hs. Chegada ao peirao de Marín. Fin da aventura.


INSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos dias 5 e 6 de xuño (xoves e venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs.

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa.



  NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc. 


   

0 comentarios:

Publicar un comentario