Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 23 de abril de 2015

Excursión de 6º Infantil (5 anos) e 1º de Primaria A RUTA DO SALGUEIRAL ECO-LA

Nesta ocasión a visita ao Salgueiral ofrécenos unha visión dende moi próxima  do proceso artesanal da la,  que pretende achegar aos escolares a coñecer parte da nosa historia, realizando de xeito tradicional o custoso proceso de transformación  da la de ovella en prendas de primeira necesidade como a roupa. Traballos como o da la conforman unha actividade tradicional da sociedade galega que, ademais, constituíu unha das bases da economía doméstica e do sustento familiar nun pasado que non queda moi lonxe.

A nosa proposta encamíñase a revivir dun xeito lúdico este proceso. Viviremos a hospitalidade dos veciños/as do Salgueiral, que nos acompañaran e explicaran de primeira man esta tradición. Veremos como esa actividade forma parte das nosas raíces, xa que a practicaban os nosos antepasados, e contarannos como os axudou a subsistir xeración tras xeración ata hoxe en día. Reflexionaremos, igualmente, sobre a necesidade de conservar esas tradicións e coñecementos populares.



Mediante un xogo de pistas os rapaces e rapazas irán coñecendo  a protagonista deste proceso, a ovella; ela é quen nos ofrece un recurso tan importante e necesario como é a la. Grazas a colaboración dos veciños/as, os rapaces/zas descubrirán as razas de ovella máis importantes e cales delas son as que frecuentan máis o actual rural galego. Veremos tamén a función que teñen nunha casa da aldea e os seus aproveitamentos.




Repasaremos aspectos do ciclo vital do animal e centrarémonos na parte do seu corpo que  nos dá maior recurso, a la. A partires deste elemento, explicaremos en que consiste o rapado e dedicarémonos a amosar o uso tradicional que lle damos a la.

AVISO: AS/OS NENAS/OS  DEBERÁN LEVAR A SÚA MERENDA E COMIDA


NOTA: Saída en autobús  as  9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.





0 comentarios:

Publicar un comentario