Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 11 de maio de 2015

Excursión de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) : CENTRO DE INTERPRETACIÓN APÍPOLIS



Apípolis é un centro para a comprensión da relación existentes entre os seres humanos e as abellas, que se enmarca dentro dos  equipamentos para a educación ambiental. Os elementos que conforman Apípolis fan que os visitantes aprendan todo o referente  ás abellas ao tempo que o pasan ben, conseguindo que a visita se converta nunha experiencia gratificante e enriquecedora.Apípolis atópase nunha finca de 10.000m que conta con varias salas de exposicións, zonas axeitadas para o descanso e o xogo, unha sala de usos múltiples e varios obradoiros destinados a realización de diferentes actividades.




NOTA : para realizar a actividade “visita al apiario” é conveniente que traian un calzado que lles cubra todo o pe e pregase informar de calquer tipo de alerxia alimentaria ou de outro tipo.

AVISO: A merenda do descanso das 11:30 (incluída no prezo) non precisan levar merenda nin auga



NOTA: Saída en autobús  as  9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.



       


0 comentarios:

Publicar un comentario