Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 29 de xaneiro de 2016

Escrito Secretaría Xeral da Igualdade Bases Convocatoria Axudas 2016

Dende fai varios anos a Secretaría Xeral da Igualdade puxo en marcha axudas para a conciliación da vida familiar e laboral para a organización de actividades extraescolares polas Anpas nos centros públicos de ensino. Na anterior convocatoria do ano 2015, de 400 Anpas provinciais, a Anpa do Alvarez Limeses, foi unha das 15 que se concedeu a subvención integra e cun dos maiores grados de puntuación, chegando a superar incluso unha auditoría a nivel europeo. Isto xa indicaba a dificultade que supuña para as Anpas acollerse a estas axudas e o grado de "profesionalidade" que debían ter na súa xestión altruísta. Mais toda ese esforzo non é suficiente para poder presentarnos á convocatoria de axudas para o presente curso escolar 2015/2016 polos motivos que pasamos a indicar no documento  que poñemos en coñecemento  da  Secretaría Xeral da Igualdade , dos socios e de toda persoa que teña a ben consultalo, no seguinte documento con rexistro de entrada 9824/RX 219154 do 26 de Xaneiro de 2015....



En definitiva, a Xunta directiva da Asociación de nais e pais de alumnos Joaquín Costa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Álvarez Limeses de Pontevedra, despois de participar e conseguir axuda en todas as anteriores convocatorias para a conciliación da vida familiar e laboral desa Secretaría Xeral da Igualdade, renuncia a presentar programa ningún na presente convocatoria,polas trabas operativas que se deducen delas, e que en ultimo termo serán as nenas/os os que se verán prexudicados por unha potencial diminución na calidade e cantidade  das actividades extraescolares, e os pais e nais posto que verán como se dificulta enormemente a conciliación da vida laboral e familiar, fin ultimo de esta convocatoria de axudas e  que segundo estas bases se fai inviable para as Anpas en xeral e a nosa en particular.

A nosa Anpa seguirá a traballar para conseguir a mellor educación posíbel para as nosas fillas e os nosos fillos aplicando principios de igualdade e cooperación nas súas actividades. 


Atentamente,




Manuel Álvarez
Presidente

               


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Mellor teñan a "ben" consultalo no canto de "ven"

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Grazas pola aportación, procedemos a correxir o erro.

Publicar un comentario