Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 13 de novembro de 2017

Recordatorio para inscricións ANPA 2017-2018


Informámosvos de que o prazo para facerse socio neste curso 2017-2018 con seguro escolar remata o día 15 de novembro de 2017. Despois desta data non se admitirán altas de ningún seguro escolar.
Aínda así o prazo para asociarse continuará aberto ata o día 15 de decembro de 2017, xa sen seguro escolar.

Os socios que aínda non recolleron o seu carnet poderán facelo á hora de entrada do colexio, solicitándoo a algún membro da directiva.




¿COMO FACERSE SOCIO?

Para acceder ás actividades e vantaxes é imprescindible ser socio da ANPA (para estar cuberto polo seguro). Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 14 de setembro de 2017 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 25€ por unidade familiar, independente do número de cativos.

Para asociarse, cubrir o formulario de inscrición e depositalo na caixa de correo da ANPA ou enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.

No mesmo formulario de inscrición de socio da ANPA é posible adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negociou coa compañía Helvetia. Trátase dunha cota anual única de por nena/o de 7,50 € e é valido até o 1 de outubro de 2018.


0 comentarios:

Publicar un comentario