Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 6 de setembro de 2022

Extraescolares 2022-2023

Prezadas familias, a partir de hoxe ábrese o periodo de inscrición nas actividades extraescolares do próximo curso!

O periodo de inscrición vai dende o 6 de ata o 26 de setembro no caso de Anias e ata o 20 no caso de Educaocio,  para poder comezar coas actividades en outubro. Durante o curso escolar a inscrición farase polo mesmo sistema, antes do día 20 do mes anterior.

Comezarán a partir de outubro de 2022 e rematarán en xuño de 2023.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

Este ano traballaremos con dúas empresas, Anias coa que levamos xa varios anos traballando e probaremos unha actividade con Educaocio.

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39. No caso de EDUCAOCIO  enviarase a través do correo electrónico: educaocioanimacion@hotmail.es. Tamén podedes deixalo no buzón da Anpa e farémolo chegar .

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 

LISTAXE ACTIVIDADES ANIAS 

INSCRICIÓN ANIAS 

INSCRICIÓN EDUCAOCIO

0 comentarios:

Publicar un comentario