Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

sábado, 20 de setembro de 2025

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

 


O mércores, 24 de setembro de 2025, celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria da Anpa Álvarez Limeses no ximnasio do colexio, ás 19:30 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria.

 

Esta convocatoria é para as nais, pais e titores de todos os alumnos do centro.

 

Orde do día : 

    • Intervención da Dirección do centro : Presentación.

    • Aprobación, se procede, da acta anterior.

    Explicación das condicións da axuda económica para a excursión de 6º de primaria.

    • Aprobación, se procede, do orzamento para o curso 2025/2026.

    • Aprobación, se procede, da compra dunha mesa para o comedor escolar.

    Incorporación de novos membros para a Xunta Directiva (o axeitado sería que houbese un representante de cada clase).

    • Suxestións e preguntas.

  

Ainda non tes o teu carné de soci@ da ANPA? Aproveita a ocasión e solicitao!! Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné novo.

mércores, 10 de setembro de 2025

CARNÉ SOCIO ANPA 2025-26

 


Se xa eres soci@ da ANPA Álvarez Limeses podes solicitar o teu carné 2025-26! 

 

Nos vindeiros iranse fixarando varias datas para que podades recollelo. Polo momento temos as seguintes datas:

-Xoves 11 de setembro 13:45h - Patio do colexio

-Mércores 17 de setembro 13:45h - Patio do colexio

 

Poderedes atopar a Pili entregandoos, ambos días, as 13:45h no patio do colexio, entre as duas portas, preto dos contenedores.

 

Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné novo.

 

Se nesas horas non tedes dispoñibilidade para recoller/actualizar o voso carné, nos vos preocupedes, haberá máis quendas para a recollida.

 

Tamén podedes poñernos en contacto con nos a través das RRSS, no teléfono 688 90 80 80 ou no e-mail anpa.alvarez.limeses@gmail.com para atopar a mellor forma de facervos entrega do carné.

 

Recordade que o carné e preciso para desfrutar de todos os descontos que ofrecen os colaboradores da ANPA (nos próximos días actualizaremos o listado, pero xa os adiantamos que seguen vixentes os descontos do curso pasado).

Benvidos á ANPA!

martes, 9 de setembro de 2025

GRUPO WHATSAPP - DIFUSIÓN ANPA ÁLVAREZ LIMESES


Familias, o Anpa Álvarez Limeses dispón dun grupo de WhatsApp para informar de todas as novidades.
Se alguén o desexa pode unirse ao mesmo a través da seguinte ligazón:




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025-2026


Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición nas actividades extraescolares.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade no mes de outubro remata o día 25 de setembro.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade en calquera outro mes remata o día 20 do mes anterior.

 

A data de realización das actividades comezará o 1 de outubro de 2025 e rematarán o 14 de xuño de 2026.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

 

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase ao correo electrónico extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray  nº39

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 


LISTADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES




domingo, 7 de setembro de 2025

Menú basal comedor Setembro 2025


ALMORZO BASAL SETEMBRO 2025

XANTAR BASAL SETEMBRO 2025





Información comedor escolar curso 2025-2026

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2025-2026




INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2025-2026


Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición  do seguro escolar da ANPA no curso 2025-2026. 

O importe único é unha cota anual de 10 euros por cada neno/a.

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 30/09/2025.

 

ACCESO FICHA INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2025-2026


COBERTURA SEGURO ESCOLAR ANPA 2025-26




INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026



Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2025-2026. 

O importe único é unha cota anual de 30 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). 

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 15/12/2025.


ACCESO FICHA INSCRICIÓN SOCI@ ANPA 2025-26




xoves, 6 de febreiro de 2025

Vantaxes para os socios da ANPA no curso 2024-2025.

    A ANPA traballa para obter condicións vantaxosas para todos os seus socios no presente curso 2024-2025 naquelas actividades, productos ou servizos que as entidades colaboradoras oferten.

De seguido podedes atopar os acordos acadados. Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa pertenza á ANPA:



  • A libraría La Nube de Papel ofrece un desconto do 10% en material escolar e un 5% en todos os libros para os socios da ANPA.

  • Peluqueria infantil Kiddy's : 10% de descuento.

  •  A zapatería CHIQUI ofrece un desconto do 10% os socios da ANPA .

  • A libraría papelería CLIP ofrece ofrece un desconto do 10% en material escolar e un 5% en todos os libros para os socios da ANPA.

  • A tenda de calzado de roupa infantil  Elvi ofrece un 10% de desconto no primeiro par de zapatillas, un 15% no segundo par e o 10% de desconto en roupa 10 %(non acumulables a outras ofertas e só válido en temporada escolar ).

  • Óptima Mira Maruxa ofrece ás seguintes ventaxas : Examen visual gratuito anual, Montura + Lentes antirreflejante monofocales 79 €. 2 Monturas + Lentes antirreflejante 129€, cambio gratuito de lentes en primer año por cambio de graduación en niñ@s menores de 15años, Montura + Lentes Progresivos 189 €. 2 monturas + lentes progresivos 259 €, - 20% en monturas, cristales y lentes de contacto.

  • Flipopark : 5% en los menús.

  • Aladdin Park : 5% en los menús.

  • Carlin : 5% descuento excepto informática, papel, libros y consumibles.

  • Nobel : ofrece un desconto do 10% en material escolar e un 5% en todos os libros ( excepto libros de texto ).

  • Mr Bambú 10% en :

  • Juguetes de madera y juegos educativos

  • Ropa orgánica

  •  Mochilas, botellas y fiambreras

    NO ACUMULABLE A OTROS DESCUENTOS.

  • Merchy Fotografía Estudio :
    Oferta de 10% en reportajes fotográficos, tanto sean en estudio como en exteriores.
    Sobre marcos, álbumes, marcapáginas, minibooks será de un 5%.

  • A Balea das Cores: 5% de descuento en TODO.

  •  Taller Abierto : os socios un desconto dun 10% na cuota mensual nas súas clases de arte para nenos.

  •  The Tree House ( tenda de roupa/calzado infantil) 10% de descuento en las colecciones de ropa (excluyendo complementos/accesorios) .

  • Ortodent : ofrece la primera  consulta gratuita, y en el caso de ser necesario un estudio completo de ortodoncia (radiografía, panorámica, telerradiografía, fotos y modelos) sin ningún  tipo de coste y compromiso, además de un 10% de descuento en sus tratamientos. 

  • Librería Aviones de Papel : 5% de descuento en libros (incluyendo libros de texto) y 10% en material escolar.

  •  Camikame  ofrecenos un 10% de desconto non acumulable a outras ofertas ou descontos.

  • Folder :Una vez firmado este documento, se creará la ficha del Anpa del colegio indicado, con un 10% de descuento. No incluye aquellos: -productos cuyo precio ya se encuentre en rebajas o liquidación. - productos de consumible informático y papel de impresor. - los meses de diciembre, julio, agosto y septiembre. -durante el catalogo de vuelta al cole (promociones especificas para los estudiantes). -no acumulable a otros descuentos.

Seguimos traballando para ampliar este listado.


Imprescindible presentar o carnet.