Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

sábado, 20 de setembro de 2025

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

 


O mércores, 24 de setembro de 2025, celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria da Anpa Álvarez Limeses no ximnasio do colexio, ás 19:30 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria.

 

Esta convocatoria é para as nais, pais e titores de todos os alumnos do centro.

 

Orde do día : 

    • Intervención da Dirección do centro : Presentación.

    • Aprobación, se procede, da acta anterior.

    Explicación das condicións da axuda económica para a excursión de 6º de primaria.

    • Aprobación, se procede, do orzamento para o curso 2025/2026.

    • Aprobación, se procede, da compra dunha mesa para o comedor escolar.

    Incorporación de novos membros para a Xunta Directiva (o axeitado sería que houbese un representante de cada clase).

    • Suxestións e preguntas.

  

Ainda non tes o teu carné de soci@ da ANPA? Aproveita a ocasión e solicitao!! Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné novo.

mércores, 10 de setembro de 2025

CARNÉ SOCIO ANPA 2025-26

 


Se xa eres soci@ da ANPA Álvarez Limeses podes solicitar o teu carné 2025-26! 

 

Nos vindeiros iranse fixarando varias datas para que podades recollelo. Polo momento temos as seguintes datas:

-Xoves 11 de setembro 13:45h - Patio do colexio

-Mércores 17 de setembro 13:45h - Patio do colexio

 

Poderedes atopar a Pili entregandoos, ambos días, as 13:45h no patio do colexio, entre as duas portas, preto dos contenedores.

 

Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné novo.

 

Se nesas horas non tedes dispoñibilidade para recoller/actualizar o voso carné, nos vos preocupedes, haberá máis quendas para a recollida.

 

Tamén podedes poñernos en contacto con nos a través das RRSS, no teléfono 688 90 80 80 ou no e-mail anpa.alvarez.limeses@gmail.com para atopar a mellor forma de facervos entrega do carné.

 

Recordade que o carné e preciso para desfrutar de todos os descontos que ofrecen os colaboradores da ANPA (nos próximos días actualizaremos o listado, pero xa os adiantamos que seguen vixentes os descontos do curso pasado).

Benvidos á ANPA!

martes, 9 de setembro de 2025

GRUPO WHATSAPP - DIFUSIÓN ANPA ÁLVAREZ LIMESES


Familias, o Anpa Álvarez Limeses dispón dun grupo de WhatsApp para informar de todas as novidades.
Se alguén o desexa pode unirse ao mesmo a través da seguinte ligazón:




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025-2026


Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición nas actividades extraescolares.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade no mes de outubro remata o día 25 de setembro.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade en calquera outro mes remata o día 20 do mes anterior.

 

A data de realización das actividades comezará o 1 de outubro de 2025 e rematarán o 14 de xuño de 2026.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

 

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase ao correo electrónico extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray  nº39

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 


LISTADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES




domingo, 7 de setembro de 2025

Menú basal comedor Setembro 2025


ALMORZO BASAL SETEMBRO 2025

XANTAR BASAL SETEMBRO 2025





Información comedor escolar curso 2025-2026

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2025-2026




INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2025-2026


Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición  do seguro escolar da ANPA no curso 2025-2026. 

O importe único é unha cota anual de 10 euros por cada neno/a.

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 30/09/2025.

 

ACCESO FICHA INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2025-2026


COBERTURA SEGURO ESCOLAR ANPA 2025-26




INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026



Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2025-2026. 

O importe único é unha cota anual de 30 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). 

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 15/12/2025.


ACCESO FICHA INSCRICIÓN SOCI@ ANPA 2025-26