Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta XORNADAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XORNADAS. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de marzo de 2012

2º Xornadas de Manga e Anime de Pontevedra e Noites Abertas

Noites Abertas continúa esta fin de semana coas segundas Xornadas de achegamento á cultura xaponesa a
través do Manga e Anime. Tanto venres coma sábado, na Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2)en pleno centro histórico de Pontevedra e dende as 20h. ata as 00h., desenvolveranse estas II xornadas propostas por un colectivo de mozos e mozas estudantes en Pontevedra e que comparten a súa afección polo manga e o anime.

A proposta de actividades nestas xornadas é moi diversa, así e incluirán xogos, trivial, origami, proxeccións,
karaoke-free, un concurso de debuxo rápido e diferentes torneos e probas. Estas xornadas son abertas ao público de NOites Abertas (12-30 anos) e aínda que as persoas interesadas poden inscribirse previamente a través do facebook/tuenti (xornadas manganime), tamén poden facelo no momento de achegarse ás actividades.


En canto ao resto de actividades de Noites Abertas, o venres 9 de marzo a partir das 20h. no Colexio Froebel comezará o obradoiro de Contos ilustrados, e a actividade de Esgrima escénica. A partir das 21h. o
obradoiro de cartomaxia e ilusionismo e ás 22h. darán comezo os Bailes latinos e os obradoiros de abelorios
de ganchillo e técnicas gráficas e costura "Roupa Vella" .

O sábado 10, ademais das 2ª Xornadas de Manga e anime na Casa Azul, a programación amplíase ao Pavillón Multiusos da Xunqueira cunha nova sesión de partidos de Fútbol sala a partir das 21h.

E no colexio Froebel, este mesmo sábado, unha ampla programación con Patinaxe e hockey e os  obradoiros de Teatro e de Cómic e animación 2D dende as 20h. Logo, a partir das 21h. comeza a actividade de Coiro e ás 21,30h. Peluches con calcetíns, para rematar coas actividades que comezarán ás 22h:Pasamanería (abelorios tradicionais) e Tenis de mesa libre.

A organización lembra que, como norma xeral, para as actividades non hai inscrición previa e que se algún dos obradoiros desborda a súa capacidade de participantes, estes poderán acudir a outra actividade que se realice ao mesmo tempo na mesma instalación, por este motivo se oferta unha ampla diversidade da oferta.
Existe tamén o carné de socio/a de Noites Abertas que aínda que non é requisito para particpar no programa, si permite participar en sorteos de agasallos do programa.

Información: Coordinación de Noites Abertas - Oficina de Xuventude - Concello de Pontevedra
r/ Sor Lucía, 2, 3º, 36002 Pontevedra
tel. 986 840367 e-mail: xuventude@pontevedra.eu
www.xuventude.pontevedra.eu
www.noitesabertas.com e tamén Facebook.

                                                             Recibide un cordial saúdo

mércores, 7 de marzo de 2012

Primeiras Xornadas Formativas en Dereito de Familia, Muller e Traballo



O Concello de Marín, a través da súa Concellería de Persoal e Cultura e a Concellería de Medio Ambiente e Benestar Social, decidiu levar a cabo as Primeiras Xornadas Formativas en Dereito de Familia, Muller e Traballo como parte dos actos conmemorativos do día 8 de marzo de 2012, Día Internacional da Muller Traballadora.

Estas xornadas desenvolveranse o venres día 9 de marzo de 16.30 h a 20.00 h, e o sábado 10 de marzo de 10.00 h a 14.00 h; incluíndo entrega de diplomas acreditativos de asistencia e a celebración dun ágape de clausura.

O lugar de celebración está situado dentro do Porto, nas instalacións que a Autoridade Portuaria ten no municipio de Marín.

Como asistentes poderán participar -previa inscrición- todas aquelas persoas interesadas na igualdade e a violencia de xénero, profesionais do ámbito sanitario, educativo, xurídico, policial e social.

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición para asistir ás Primeiras Xornadas Formativas en Dereito de Familia, Muller e Traballo permanecerá aberto ata o día 7 de marzo de 2012.

Para inscribirse deberá enviar o formulario de inscrición ao correo electrónico


  Formulario Inscripción Word

  Cartel Programación (A3)

 Díptico Informativo

                                                                       Recibide un cordial saúdo

mércores, 30 de novembro de 2011

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CITA




XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CITA


Con motivo do primeiro aniversario do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Concellaría de Patrimonio Histórico organiza unhas xornadas de portas abertas que terán lugar os días 2, 3 e 4 de decembro de 2011.

O obxecto destas xornadas é que as entidades sociais e a cidadanía en xeral poidan visitar con acceso gratuíto este equipamento cultural integrado na rede de espazos arqueolóxicos do centro histórico de Pontevedra. Ademais de coñecer as estruturas construtivas da fortaleza, a visita permite facer un achegamento audiovisual á historia da cidade de Pontevedra desde a época romana ata os tempos modernos.

As persoas interesadas deberán dirixirse ao CITA no horario de apertura ao público (luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas; domingos e festivos de 10 a 14 horas; martes pechado) ou facer a solicitude chamando ao número 986 090 677.

No caso das entidades (centros educativos, asociacións) poderán concertar unha visita para grupos dun máximo de 25 persoas nas xornadas de portas abertas (2, 3 e 4 de decembro) ou nos seguintes días do mes de decembro: venres 9, sábado 10, venres 16 e sábado 17.

                                                                               Recibide un cordial Saúdo de: