Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

venres, 25 de xaneiro de 2013

CARTEL BAILES ENTROIDO 2013




Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de 17:00 a 20:00 hs. os seguintes dias:

  • Mércores, 6 de febreiro:  Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.
  • Xoves, 7 de febreiro: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

 Prezo por persoa para socios e acompañantes 1,00 €
Prezo para non socios 3,00 €

Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.

Agardamos que os acompañantes acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

AVISO: A A.N.P.A. non se fai responsable dos asistentes no interior dos locais. Os pais deben coidar de que o comportamento dos seús fillos sexa correcto.

Recoméndase non levar accesorios de disfraces que podan resultar perigosos e prohíbese expresamente o uso de sprays, bombas fétidas, chisqueiros, cerillas etc..



                                                              Recibide un cordial saúdo
                                                     






ACTIVIDADES FANPA: MÉTODO DE ARITMÉTICA MENTAL CON ÁBACO



MÉTODO DE ARITMÉTICA MENTAL CON ÁBACO

No programa de actividades organizadas por  FANPA  Pontevedra para o  presente curso 2012/13, atópase o método UCMAS  de aritmética mental con ábaco que é  un programa de desenvolvemento  intelectual deseñado para estimular unha utilización máis completa do  cerebro, especialmente do hemisferio  dereito.
O método UCMAS axuda a desenvolver,entre outras,as seguintes capacidades no neno/a: 
-          Velocidade e precisión en operacións aritméticas.
-          Concentración e atención.
-          Capacidade de escoita.
-          Habilidade para a observación.
-          Memoria visual e orientación espacial.
-          Imaxinación e creatividade.
-          Habilidades analíticas.

Desde o mes de outubro xa se está desenvolvendo  un grupo no CEIP Manuel Vidal Portela e no próximo mes de febreiro formaranse grupos novos no CEIP Campolongo, polo que si estades interesados en  que os vosos fillos e fillas participen neles  deberan chamar ao: 615 780 528/649 346 457 antes do día 31 de xaneiro de 2013

  • Destinatarios:nenos/as   de Educación Primaria ( 5/6 anos aos 12/13 anos) distribuídos en dous niveis  por idades:
·        Grupo  de apertura en Febreiro 2013
o   Xoves de  16:30 a 18:30h – no CEIP Campolongo
·         Prezo: O custo mensual por alumno UCMAS será de 40€ socios ANPA,  43€ non socios da  ANPA (IVE  incluído)
·         Material do alumnado:  O material do  alumno inclúe dous libros por nivel,  un caderno de exercicios por nivel, o estoxo co  ábaco ao  comezo do programa e as certificacións de cada nivel. O custo do material para cada curso escolar será de 30 € máis IVE.

                                                                 
                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    



mércores, 23 de xaneiro de 2013

Circular 6 do 22 de Xaneiro de 2013



CICLO DE CINE

Como xa sabedes de aquí a xuño deste ano cada mes imos proxectar unha película de cine infantil. As proxeccións serán por parte do Cine Club Pontevedra no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac, s/n).

Como o aforo do lugar é limitado só podemos dispoñer de 180 localidades, polo que en principio só terán acceso libre os socios cativos con entrada. A entrega das entradas farase o vindeiro xoves, 24 de xaneiro de 2013 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección. A primeira película programada é “Benvidos a Belleville” o sábado 26 de xaneiro ás 17:00 hs. (tedes toda a información da mesma e do resto do ciclo no blog da Anpa e na web do Museo de Pontevedra). Cabe a posibilidade de conseguir localidades para o público xeral nos mostradores do Sexto edificio do Museo de Pontevedra, aínda que se trata dunha cantidade máis reducida que reparte o propio Museo.

2º cuatrimestre da Piscina de Campolongo

A  empresa Serviocio, concesionaria da Piscina municipal de Campolongo, abre o prazo para a matrícula na actividade extraescolar de natación para o 2º cuatrimestre do curso 2012-2013 (1 de febreiro a 31de maio de 2013).

Os que queiran deberán acudir o vindeiro LUNS 28 de XANEIRO de 2013 entre as 9:00 e as 10:00 hs. ao vestíbulo de dirección para abonar en metálico o importe correspondente ao cuatrimestre, trinta e tres euros con sesenta céntimos (33,60 €). 
Prégase encarecidamente que traigan o diñeiro xusto.

Recorten, cubran e traigan o día 28 a parte inferior  da circular en formato formulario que teñen ao final. Moitas grazas!

NOVAS DA ANPA

Nestes días estase a proceder á entrega dos uniformes ás rapazas e aos  rapaces que están nas actividades deportivas de baloncesto, balonmán e fútbol. Isto só foi posible pola colaboración de dúas firmas comerciais.

BAILE ENTROIDO 2013 : Preparade os vosos disfraces para os tradicionais bailes de entroido que se celebrarán na Discoteca Daniel os días 6, mércores, e 7, xoves, de febreiro do presente ano e dos que en vindeiros  dias teredes mais informacion sobre horarios e prezos.



                                                             
                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    




martes, 22 de xaneiro de 2013

OBRADOIROS ENTROIDO



Con motivo da celebración do entroido a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra, levará a cabo dous obradoiros os dias 11 e 12 de febreiro en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Contido dos obradoiros:

11 febreiro: gorros de gomaespuma.
12 febreiro: disfrazo con materiais alternativos.

Lugar de realización: edificio da sede da FANPA. R/ Alfonso XIII Nº7  (Antigo Conservatorio).

Inscripción: Mediante correo electrónico na dirección actividades@nontedurmas.org , presencialmente na sede da FANPA ,  ou no teléfono 986 84 34 12.
Límite de prazas. Nenos entre 3 e 12 anos.

Data límite de matrícula: 7  de febreiro

ESTA ACTIVIDADE É GRATUITA, SENDO ÍNTEGRAMENTE FINANCIADA POLA FANPA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA.



                                                                 Recibide un cordial saúdo 
                                                    


sábado, 19 de xaneiro de 2013

FOTOS VISITA PAPA NOEL CEIP ALVAREZ LIMESES NADAL 2012

O pasado venres, 21 de Nadal, os alumnos do C.E.I.P. "Álvarez Limeses" recibiron a tradicional visita de Papá Noel. Acompañado por colaboradores e membros da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais, obsequiou a todos os nenos con lambonadas e preguntoulles polo seu comportamento durante todo o ano. Os nenos charlaron con Él e fixeronse mogollón de fotos (ver enlace ao final).





Antes de partir para outros colexios Papa Noel e o seu sequito deixaron esta mensaxe para todos os alumnos/as, pais e nais da ANPA CEIP ALVAREZ LIMESES:

"Todos aquiles que pensedes,que Papa Noel entra pola chimenea, trabucadesvos,  porque en realidade eu chegei a todos e cada un de vos a pasado dia 24 de Decembro, a través do corazón"


No seguinte enlace poderes ver as fotos da sua visita por aulas:




                                                                    
                                                                  Recibide un cordial saúdo 
                                                    



venres, 18 de xaneiro de 2013

CICLO DE CINE INFANTIL 2013




Actividade: Ciclo de cine Infantil

Organizado por: 



                                                 

  
         Museo de Pontevedra                Anpa Joaquín Costa              Cine Club
                                                            do CEIP Álvarez Limeses       Pontevedra        




Dirixido a: Nenos e nenas de 3 a 12 anos

Datas: Un sabado ao mes,de Xaneiro a Xuño de 2013.

Lugar: Auditorio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: Sábados as 17:00 h

Entrada: Libre e gratuíta para os socios da Anpa,(logo de recollida da invitación da cal seredes informados da data e hora de recollida das mesmas mediante circular, email e neste blog) ata completar aforo 180 butacas

O ciclo de cine infantil consta de 6 películas, seleccionadas entre distintas producións de cine infantil, recomendadas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Ante as dinámicas de consumo contemporáneas resulta un desafío e unha necesidade o feito de ir ao cine "doutro xeito". Así a confección do ciclo se ofrece como unha alternativa de consumo, ao mesmo tempo que proporciona un espazo de aprendizaxe e de reflexión sobre a cultura cinematográfica onde o ocio e a aprendizaxe van collidos da man.
Pola súa calidade formal e estética, así como polos modelos e valores implícitos nos seus argumentos, son películas que, máis alá da diversión, contribuirán tamén á educación dos nenos e nenas, promovendo valores como os da convivencia, a solidariedade, a liberdade, a defensa do medio ou a cultura da paz.

Así mesmo, transformando os hábitos de consumo das imaxes, facilítanse uns coñecementos que permiten desenvolver e potenciar unha actitude crítica respecto aos pensamentos e valores que transmiten as imaxes.



INFORMACIÓN DETALLADA CICLO DE CINE :




                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    





martes, 15 de xaneiro de 2013

PAZO DA CULTURA: "La guerra de Troya" de Fundación La Caixa


Espectáculo
"La guerra de Troya" de Fundación La Caixa
Xoves 17 de xaneiro ás 18:30 horas.
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: Entrada Libre
Máis información en www.pazodacultura.org e http://www.educaixa.com/-/la-guerra-de-troya


Hai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas nacións máis poderosas da terra se enfrentaron nun terrible conflicto: A guerra de Troya.Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles, Ulises... O amor, o poder, a ambición, a gloria, a honra. Unha ahistoria universal que co tempo se converteu en relato. Nun mito que, durante sécalos, nos axudou a reflexionar sobre a realidade do mundo e a naturaza do home.A mitología grecolatina é un dos pilares da civilización occidental, e a historia de Troya continúa vixente para dar desposta a algunhas preguntas trascendentais que nos facemos aínda hoxe en día.Todo isto nun espectáculo que combina a narración con títeres e audiovisual de animación, recomendado especialmente a partir de 8 anos.                 


                                                                 Recibide un cordial saúdo 
                                                    
              

domingo, 13 de xaneiro de 2013

Obradoiro Cabezudos

Xa comezou o obradoiro de cabezudos para o Entroido 2013....seguiremos "cabezoneando"...queremos decir traballando o vindeiro sabado...





                                                               Recibide un cordial saúdo 
                                                    


xoves, 10 de xaneiro de 2013

Circular 5 de 9 de Xaneiro de 2013




A Anpa organiza un obradoiro para cativos e proxenitores (nais, pais, titores, avós...) de fabricación de cabezudos. 

Lugar: edificio do comedor do colexio.

Horario e días: de 11 a 13 hs. os 5 sábados até entroido, 12, 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro.

Prezo: 0,00 € para socios da Anpa e 5,00 € para non socios.

Material necesario aportado por cada participante: periódicos vellos, caixa de cartón de medidas suficientes para conter o cabezudo, recipiente para auga (botella de plástico recortada), idea da cabeza que se quere realizar.

Descripción: Consiste en facer en varias sesións, 3 ou 4 deben ser suficientes, un cabezudo por participante e logo nun día do entroido facer unha saída pola cidade. É unha actividade para pequenas/os e maiores sen límites de idade. Cadaquen fará o seu cabezudo e poderá conservalo. Non é preciso apuntarse, simplemente só tedes que vir a calquera das sesións que comezan o vindeiro sábado ás 11:00 hs. no comedor.

Agardamos que ista iniciativa sexa do voso interese.



Novas da Anpa:

A Xunta directiva da Anpa realizou xestións diante da Asociación Xoan XXIII para que procedese á retirada do quiosco que se atopa situado diante do colexio por moi diferentes motivos, desuso, perigo para os cativos e transeúntes, estéticos... Felizmente o luns pasado recibimos comunicación pola súa parte de que decidiran a retirada.

                                                                  Recibide un cordial saúdo 
                                                    


luns, 7 de xaneiro de 2013

VOLTA AO COLE DESPOIS DO NADAL: MARTES 8 DE XANEIRO

  VOLTAMOS AO COLE MAÑA
MARTES DIA 8 DE XANEIRO

DOS CREADORES DE  "VOU INDO" E OS PRODUCTORES DE "AINDA É CEDO" CHEGA EN 3D, "VOLTO AO COLE QUE TEÑO QUE VOLTAR"...ESTREO NO CEIP ÁLVAREZ LIMESES MAÑA MARTES DIA 8 DE XANEIRO.




Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo full para afrontar este ano tan ....e esta aquí podemos contar polos recortes.


Recibide un cordial saúdo