Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

martes, 7 de maio de 2013

A asociación de pais do Álvarez Limeses pide a cesión dun local



A asociación de pais de alumnos do colexio Álvarez Limeses solicitou ao Concello a cesión dun edificio municipal situado no recinto escolar e en estado de abandono, para que o colectivo poida reparalo e dedicalo ás súas actividades. Esta proposta, formulada esta mesma semana, encontrou xa o apoio do grupo municipal do PP, que no pleno do onte luns formulou unha pregunta ao respecto. A oposición recorda que a asociación de pais de alumnos aspira a habilitar as dúas primeiras plantas do edificio para salas de usos múltiples e a terceira a oficinas.

Apúntase a que o colexio pode utilizar o edificio polas mañás para necesidades lectivas e deixalo para a asociación de pais nos horarios libres.

EXCURSIÓN DE INFANTIL 3 e 4 anos a Apípolis (Curso 2012-2013)


Foron os de 3 e 4 anos de Educación infantil, 44 rapaces en total.
2  monitores de ANIAS e 4 pais/nais "sufridores/as"


Os nenos da clase de 3 e 4 anos do colexio aprenderon moito sobre as abellas.Separáronos en grupos e mentres lles contaron unha historia da vida das abellas e do traballo dos apicultores, despues cada grupo foi realizando diferentes cousas pero todos pasaron por:


A exposicion da vida das abellas, como se reproducen, como varian no tempo, como traballan, as diferenzas entre elas, etc ali viron un enxame moi grande e despues nunha colmea ensináronlles a abella raíña, e o macho.

Despues foron a facer unha vela e a espremer mel e explicáronlles todo o proceso, ahi foi onde lles regalaron o botecito de mel e a vela. Logo foron a facer bolechas de mel, as cales elaboraron eles mesmos e iso lles gustou moito e por último vestíronse de apicultores, e fomos a ver as abellas onde viron de preto un enxame, unha colmea, a raíña, o zangano, as obreiras e as larvas, esta parte tambien encántolulles moito.





FOTOS EXCURSIÓN DE 4º e 5º de Primaria a DOMUS e MUNCYT (A Coruña) Curso 2012-2013


Foron os de 4º e 5º de Educación primaria, 52 rapaces en total.
3 monitores de ANIAS e 3 pais "sufridores"

Fomos ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología ) pola mañá e comemos alí.
A sede central do MUNCYT na Coruña conta con diferentes espazos que permiten realizar todo tipo de exposicións de carácter temporal e itinerante. As características arquitectónicas do edifico posibilitan a exhibición de pezas de gran volume, maquinaria industrial, vehículos de transporte, etc., unha virtude excepcional, que fixo posibles a instalación da parte dianteira e o tren de aterraxe do Boeing 747 que trouxo o Guernica a España, doaron Iberia, ou a montaxe do primeiro acelerador de partículas deseñado e construíu na Xunta de Enerxía Nuclear cara a 1957.

Antes de ir ao Domus, visita aos arredores da Torre de Hércules.Paseíto e xogos, para que se desafogasen.Pola tarde, primeiro ao Domus, onde non se cansaron de aprender ciencia e tocar todo.Despois ao parque de Santa Margarita, aproveitando que se celebraba o día da ciencia, con demostración de ábaco e xogos incluídos.
Volta á casa

Os chavales....contentísimos




Cine O Apóstolo as 19:00 horas na Biblioteca Pública de Pontevedra


    
Martes 7 de maio
    Cine O Apóstolo, de Fernando Cortizo
    Ás 19:00 h, na biblioteca pública de Pontevedra
    Entrada de balde ata completar o aforo 
    Duraccion 72  minutos


venres, 3 de maio de 2013

Partido CEIP ÁLVAREZ LIMESES vs TENORIO


O equipo do colexio ven de disputar na tarde de hoxe sábado 3 de Maio de 2013 as 18:00 horas, arroupado polos seus siareiros/as incondicionais un entretido e disputado partido de fútbol fronte o equipo do Ceip Tenorio.
                   ¡GRAZAS EQUIPO E SIAREIR@S!










Circular 12 de 3 de maio de 2013. Curso 2012-2013



Circular 12 de 3 de maio de 2013. Curso 2012-2013

Baile galego. Día da muiñeira 2013
Comezou o grupo que prepara a participación no Día da muiñeira, que se celebra na tarde do venres 31 de  maio, os sábados no ximnasio do colexio en horario de 12:00 a 14:00 hs. os días:27 de abril, 4, 11 e 25 de  maio. Mañá tedes a oportunidade de comezar as/os que aínda non o fixestes. O custo para socias/os é de  5,00 €, e para non socias/os de 20,00 €. Tentaremos conseguir un bo prezo para as  rapazas e os rapaces que teñan que arrendar o traxe para participar na concentración, paseo polas rúas da zona vella e posterior baile  na Avenida Montero Ríos.
As persoas interesadas deben presentarse mañá sábado ás 12:00 hs. no colexio.
Fotos recordatorio
IMPORTANTE ACLARACIÓN: A empresa de fotografía Beni Feijoo propuxo pola súa  conta e risco a ista Anpa a posibilidade de facer fotos de todos os alumnos do colexio para presentar ás familias a un prezo excelente  e sen compromiso de adquisición un sobre con fotografías individuais e de grupo. Como nos pareceu  interesante accedimos a colaborar desinteresadamente pois tratábase de ofertar un plus as familias: as que as  querían pagaban un prezo económico e as que non as devolvían para a súa destrucción posterior.
Duns 360 sobres repartidos a maioría foron ou ben pagados ou devoltos. Pero uns  100-120 nin unha cousa nin a outra, polo que sentimos verdadeira vergoña allea e carraxe en como podemos compartir espazo  educativo con proxenitores que non son quen de responsabilizarse de algo tan sinxelo como achegarse a  Bambola (rúa Cruz Gallástegui, a 100 metros do colexio) para pagar ou devolver as fotos. Como poden  apropiarse indebidamente de algo que non lIes pertence por non habelo pagado ou devolto. Pedimos  encarecidamente que paguen ou devolvan as fotos como mínimo recoñecemento ao esforzo da empresa. Máis adiante e para os cursos fin de ciclo (cada 3 anos) haberá unha orla que se repartirá a prezo asequible e  sempre sen compromiso de adquisición.

Reparto de balde de libros
Con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas e debido á relación de colaboración con OQO editora a Anpa entregará gratuitamente un libro da citada editorial a cada rapaz e rapaza membros da Anpa. Ista  entrega é persoal, debe acudir cada cativo a recoller o libro que elixa dos presentes. O acto de entrega terá lugar o sábado día 11 de maio de 2013 de 11:00 a 14:00 hs. no edificio do comedor do colexio.
Asemade a Anpa sorteará entre todos as/os asociadas/os odía 11 de maio de 2013 ás 13:30 hs. no edificio do  comedor do colexio, 2 vales para unha masaxe de costas e 3 bonos de iniciación a pilates, obsequio de FIMEGA. Ver no blog as ofertas para asociadas/os da Anpa. www.fimega.com
Ciclo de cine
Para o filme "Nocturna, unha aventura máxica" a proxectar no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra o sábado 11 de maio de 2013 a partires das 17:00 hs., as entradas de balde repartiranse o  vindeiro martes 7 de maio de 2013 de 9:00 a 9:15 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. 


xoves, 2 de maio de 2013

Preparación dia da Muiñeira: Sábado 4 de Maio as 12 da mañá no colexio


Este sábado as 12:00 horas derradeiro día para  todos aquiles alumnos/as de Baile Galego que  se queiran apuntarse para o Día da Muiñeira que se celebrará nas próximas  datas en Pontevedra.




Partido de Volta CEIP ÁLVAREZ LIMESES vs CEIP TENORIO




Maña Venres dia 3 de Maio as 18:00 horas terá lugar no patio do CEIP ÁLVAREZ LIMESES, o partido de volta entre: 

          CEIP ALVAREZ LIMESES vs CEIP  DE TENORIO.

¡AGARDAMOS POR TOD@S PARA
 ANIMAR AO NOSO EQUIPO!


LEMBRADE: Excursions Fin de Curso Sábado 4 de Maio



Este sábado día 4 de Maio estan pogramadas as excursions de :

  • EXCURSIÓN DE 4º e 5º de Primaria a DOMUS e MUNCYT (A Coruña)

HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 9:00. 

  • EXCURSIÓN DE INFANTIL 3 e 4 anos a Apípolis
HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 9:30. 



¡PRÉGASE PUNTUALIDADE!







Gañadora Sorteo Excursión Fin de Curso Alumnos/as de 6º

A vendedora do boleto agraciado foi Paula Souto e a  gañadora Pastora Esmoris. O acto de entrega do premio tivo lugar o pasado Luns 29 de Abril no patio do colexio. Ao acto de entrega acudiu Lupe Calviño como organizadora da Excursion de alumnos/as de 6º , representante da Anpa Álvarez Limeses e a gañadora Pastora Esmoris.

Lupe Calviño posa co agasallo elixido e e gañadora

                                                                         O boleto agraciado


Pastora Esmoris, gañadora do sorteo posa co seu premio.