Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 3 de maio de 2013

Circular 12 de 3 de maio de 2013. Curso 2012-2013



Circular 12 de 3 de maio de 2013. Curso 2012-2013

Baile galego. Día da muiñeira 2013
Comezou o grupo que prepara a participación no Día da muiñeira, que se celebra na tarde do venres 31 de  maio, os sábados no ximnasio do colexio en horario de 12:00 a 14:00 hs. os días:27 de abril, 4, 11 e 25 de  maio. Mañá tedes a oportunidade de comezar as/os que aínda non o fixestes. O custo para socias/os é de  5,00 €, e para non socias/os de 20,00 €. Tentaremos conseguir un bo prezo para as  rapazas e os rapaces que teñan que arrendar o traxe para participar na concentración, paseo polas rúas da zona vella e posterior baile  na Avenida Montero Ríos.
As persoas interesadas deben presentarse mañá sábado ás 12:00 hs. no colexio.
Fotos recordatorio
IMPORTANTE ACLARACIÓN: A empresa de fotografía Beni Feijoo propuxo pola súa  conta e risco a ista Anpa a posibilidade de facer fotos de todos os alumnos do colexio para presentar ás familias a un prezo excelente  e sen compromiso de adquisición un sobre con fotografías individuais e de grupo. Como nos pareceu  interesante accedimos a colaborar desinteresadamente pois tratábase de ofertar un plus as familias: as que as  querían pagaban un prezo económico e as que non as devolvían para a súa destrucción posterior.
Duns 360 sobres repartidos a maioría foron ou ben pagados ou devoltos. Pero uns  100-120 nin unha cousa nin a outra, polo que sentimos verdadeira vergoña allea e carraxe en como podemos compartir espazo  educativo con proxenitores que non son quen de responsabilizarse de algo tan sinxelo como achegarse a  Bambola (rúa Cruz Gallástegui, a 100 metros do colexio) para pagar ou devolver as fotos. Como poden  apropiarse indebidamente de algo que non lIes pertence por non habelo pagado ou devolto. Pedimos  encarecidamente que paguen ou devolvan as fotos como mínimo recoñecemento ao esforzo da empresa. Máis adiante e para os cursos fin de ciclo (cada 3 anos) haberá unha orla que se repartirá a prezo asequible e  sempre sen compromiso de adquisición.

Reparto de balde de libros
Con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas e debido á relación de colaboración con OQO editora a Anpa entregará gratuitamente un libro da citada editorial a cada rapaz e rapaza membros da Anpa. Ista  entrega é persoal, debe acudir cada cativo a recoller o libro que elixa dos presentes. O acto de entrega terá lugar o sábado día 11 de maio de 2013 de 11:00 a 14:00 hs. no edificio do comedor do colexio.
Asemade a Anpa sorteará entre todos as/os asociadas/os odía 11 de maio de 2013 ás 13:30 hs. no edificio do  comedor do colexio, 2 vales para unha masaxe de costas e 3 bonos de iniciación a pilates, obsequio de FIMEGA. Ver no blog as ofertas para asociadas/os da Anpa. www.fimega.com
Ciclo de cine
Para o filme "Nocturna, unha aventura máxica" a proxectar no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra o sábado 11 de maio de 2013 a partires das 17:00 hs., as entradas de balde repartiranse o  vindeiro martes 7 de maio de 2013 de 9:00 a 9:15 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. 


0 comentarios:

Publicar un comentario