Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

mércores, 24 de febreiro de 2016

CICLO DE CINE: SÁBADO 27 de Febreiro “O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN ”

CICLO DE CINE: SÁBADO 27 de Febreiro “O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN 


O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil de animacion 3D, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h 27 de Febreiro e o filme que se proxectará, será:





O soño dunha noite de San Xoán , Dirección: / Ángel de la Cruz / Manuel Gómez  Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare. Editada en DVD en 2005, con pista de audio en galego. Palmarés: Premio Goya da Academia Española á mellor película de animación (xaneiro de 2006).






Para asistir é preciso ter localidade.

O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá algunas localidades ata fin de existencias* o xoves, 25 de Febreiro e venres 26  de Febreiro para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

*Esgotadas as existencias que dispón a Anpa poderánse recoller entradas o mesmo
día no Sexto Edificio do Museo para o público en xeral ata completar aforo.

Máis información: http://www.museo.depo.es


venres, 5 de febreiro de 2016

Bailes de Entroido 2016: Gracias pola vosa asistencia





Estimado socios/as, familias, pais e nais para nós,o equipo directivo da Anpa Álvarez Limeses é grato dirixirnos a vostedes, para facervos  chegar o noso agradecemento por contar coa súa participación e asistencia, nos Bailes de Entroido 2016 que realizamos o pasado 3 e 4 de Febreiro. 


Queremos dar as grazas a todas as persoas que vos animastes a vir aos Bailes de de Entroido. Pola nosa banda, gozamos vendo os nenos/as divertirse.


Esperamos que fose do voso agrado. Estaremos agradecidos de poder contar coa súa presenza para futuros eventos, tamen vos agradecemos que nos transmitades algunha suxerencia ou critica que consideredes oportuna sobre o desenrolo dos Bailes de Entroido 2016, para intentar mellorar en vindeiras edicions.

É o noso anhelo que asistades e participedes, co mesmo entusiasmo e gañas de participar en futuros eventos que se programen, porque o fin último de cada evento e o desfrute de nenas/os e familia.


Atentamente..
Manuel Álvarez 
Presidente


             

martes, 2 de febreiro de 2016

O IV Certame de Relato Curto da FANPA busca os grandes escritores e escritoras en lingua galega do futuro




































Poderá participar todo o alumnado, os seus familiares e o profesorado dos centros públicos de ensino de toda a provincia

O deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, presentou esta mañá o IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de centros públicos de Pontevedra, do que destacou "o seu valor para dinamizar o uso da lingua entre os centros educativos de toda a provincia e promover a capacidade do alumnado para escribir e dar a coñecer as súas historias". Xosé Leal estivo acompañado na presentación polo presidente da FANPA, Rogelio Carballo, a concelleira de Educación de Pontevedra, Carme Fouces, e o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.
O departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra colabora coa edición deste certame a través da impresión de 100.000 marcapáxinas destinados a difundir a iniciativa entre a comunidade educativa, xa que, segundo datos da propia FANPA, o alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos non universitarios ascende a algo máis de 80.000 alumnos e alumnas. Xosé Leal, ademais, asegurou que "sempre estamos abertos a colaborar con este tipo de ideas, posto que contribúen a fomentar a lingua desde idades temperás", ao tempo que fixo fincapé na necesidade de "apoiar este tipo de iniciativas para que sigan madurando e vaian collendo cada vez máis relevancia ano a ano".
O presidente da FANPA, Rogelio Carballo, agradeceu a colaboración do departamento provincial de Cultura e asegurou que " antes non tiñamos tanta capacidade de difusión e os marcapáxinas vannos permitir chegar á práctica totalidade dos centros". Rogelio Carballo anunciou que "este ano, por primeira vez, e atendendo ás solicitudes realizadas polo profesorado, abrirase o certame ao propio profesorado e aos familiares do alumnado, polo que esperamos recibir relatos moi interesantes nesa categoría".
Para facer posible este certame tamén colabora o Concello de Pontevedra, que asume a dotación dos premios do certame con catro vales de 200 euros cada un, e a editorial Kalandraka, que se encarga da publicación dos catro relatos gañadores e os finalistas. Tanto o presidente da FANPA coma o director de Kalandraka e a concelleira de Educación de Pontevedra incidiron na importancia de promover este tipo de certames, co obxecto de dinamizar as inquedanzas do alumnado sobre a escrita. Neste sentido, Carme Fouces afirmou que "o certame pode ser a cerna dos grandes escritores e escritoras en lingua galega do futuro", mentres que Xosé Ballesteros lembrou que "Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil, tivo as súas primeiras experiencias en concursos escolares".
Precisamente será a escritora Ledicia Costas a encargada de prologar o libro que Kalandraka editará cos relatos finalistas, que o ano pasado chegaron a 100, pero que nesta edición, ao ampliar a participación a familiares e profesorado, poderán ascender a 120 relatos. Ademais, todos os relatos gañadores e finalistas serán publicados no Diario de Pontevedra.
Bases, prazos e premios
Poderán presentarse todos os alumnos e as alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, así como o profesorado e familiares que convivan con eles. Cada persoa poderá presentar un relato inédito que conteña entre 200 e 300 palabras e que deberá enviar por correo electrónico a certame.relatocurto@nontedurmas.org antes do 29 de febreiro.
Establécense catro categorías (Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, e Adultos) e un premio de 200 euros para cada unha delas, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón. Ademais, todas as persoas gañadoras e finalistas recibirán un libro colectivo cos seus relatos, que incluirá unha historia elaborada expresamente para o certame pola escritora Ledicia Costas.

O xurado estará formado por filólogos, escritores, profesores e representantes de Kalandraka Editora. A decisión do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2016.

venres, 29 de xaneiro de 2016

Escrito Secretaría Xeral da Igualdade Bases Convocatoria Axudas 2016

Dende fai varios anos a Secretaría Xeral da Igualdade puxo en marcha axudas para a conciliación da vida familiar e laboral para a organización de actividades extraescolares polas Anpas nos centros públicos de ensino. Na anterior convocatoria do ano 2015, de 400 Anpas provinciais, a Anpa do Alvarez Limeses, foi unha das 15 que se concedeu a subvención integra e cun dos maiores grados de puntuación, chegando a superar incluso unha auditoría a nivel europeo. Isto xa indicaba a dificultade que supuña para as Anpas acollerse a estas axudas e o grado de "profesionalidade" que debían ter na súa xestión altruísta. Mais toda ese esforzo non é suficiente para poder presentarnos á convocatoria de axudas para o presente curso escolar 2015/2016 polos motivos que pasamos a indicar no documento  que poñemos en coñecemento  da  Secretaría Xeral da Igualdade , dos socios e de toda persoa que teña a ben consultalo, no seguinte documento con rexistro de entrada 9824/RX 219154 do 26 de Xaneiro de 2015....



En definitiva, a Xunta directiva da Asociación de nais e pais de alumnos Joaquín Costa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Álvarez Limeses de Pontevedra, despois de participar e conseguir axuda en todas as anteriores convocatorias para a conciliación da vida familiar e laboral desa Secretaría Xeral da Igualdade, renuncia a presentar programa ningún na presente convocatoria,polas trabas operativas que se deducen delas, e que en ultimo termo serán as nenas/os os que se verán prexudicados por unha potencial diminución na calidade e cantidade  das actividades extraescolares, e os pais e nais posto que verán como se dificulta enormemente a conciliación da vida laboral e familiar, fin ultimo de esta convocatoria de axudas e  que segundo estas bases se fai inviable para as Anpas en xeral e a nosa en particular.

A nosa Anpa seguirá a traballar para conseguir a mellor educación posíbel para as nosas fillas e os nosos fillos aplicando principios de igualdade e cooperación nas súas actividades. 


Atentamente,




Manuel Álvarez
Presidente

               


xoves, 28 de xaneiro de 2016

CIRCULAR 3 DO 28 DE XANEIRO 2016: BAILES DE ENTROIDO







Iste ano a Anpa Xoaquin Costa CEIP Álvarez Limeses, organiza os BAILES DE ENTROIDO 2016 ,na  DISCOTECA DANIEL (Rúa Daniel de la Sota Nº1) en horario de 17:00 a 20:00 horas, os seguintes días:

*      Mércores, 3 de Febreiro:Alumnado infantil e 1º e 2º de primaria:

Este día  3 de febreiro haberá persoal de animación  para animar tanto a nenos/as co pais , nais e avós/as etc... con  xogos musicais, coreografías e bailes con música disco, globos xigantes , panos e cordas.

*      Xoves, 4 de Febreiro:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Este día 4 de Febreiro celebraremos un concurso de disfraces con premios nas seguintes categorías:
· Mellor disfraz nena
· Mellor disfraz neno
· Mellor Disfraz en parella
· Mellor disfraz Adulto

Ø  PREZO POR PERSOA PARA NON SOCIOS E ACOMPAÑANTES: 3,00 €
Ø PREZO POR PERSOA PARA SOCIOS E ACOMPAÑANTES: 1,00 €Prezo por persoa 
para non socios e acompañantes: 3,00 €

Non e preciso resera, nin entrada. A entrada cobraráse na porta.
Agardamos os acompañantes veñan disfrazdos cos rapaces


VEN A DIVERTIRTE CON OU SEN DISFRAZ  AGARDÁMOSTE!!!
 
AVISO: Os proxenitores deben coidar de que o  comportamento dos seus fillos/as no interior do local sexa correcto.Recoméndase non levar accesorios dedisfraces que podan resultar perigosos e prohíbese  expresamente o uso de sprays, bombas fétidas,chisqueiros...











mércores, 20 de xaneiro de 2016

CIRCULAR 2 DO 20 DE XANEIRO 2016: PISCINA DE CAMPOLONGO. 2º CUADRIMESTRE

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o venres 22 ou lunes 25 de Xaneiro de 2016 entre as 9:00 e as 10:00 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (luns  1 de febreiro de 2016  ata o martes 31 de maio de 2016, ambas datas incluídas.) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguiráse rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.) e entregar o impreso debidamente cuberto: 


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!



    

luns, 18 de xaneiro de 2016

Circular 1 do 18 de Xaneiro de 2016: REUNIÓN “DESFILE ENTROIDO 2016”

REUNIÓN “DESFILE ENTROIDO 2016”

Queridos alumnas/os, familias e docentes:

Desde a ANPA queremos informarvos que valoramos participar xunto co resto de charangas, no Desfile de Entroido que organiza o Concello  polas rúas do centro de Pontevedra.

As familias interesadas terán que asistir  a,


REUNIÓN INFORMATIVA:  
XOVES 21 DE XANEIRO
HORA: 20:00 horas
LUGAR: XIMNASIO DO COLEXIO

  
 O desfile terá lugar o sábado 6 de febreiro e gustaríanos coñecer cantas persoas estarían interesadas. Participaremos como grupo  pois no desfile iremos disfrazados os pais e nais acompañando aos nosos fillos/as.Como é a primeira vez que imos participar, de xeito conxunto e cun disfraz en común para nais, pais e nenas/os , e para manter e intriga e suspense do disfraz elexido pola xunta directiva, na reunión se informará de todas e cantas preguntas ou suxerencias  queirades formular ó respecto.

Solo decirvos que se trata dun disfraz  sinxelo, que require pouca ou escasa preparación e baixo custe....do cal o xoves desvelaremos a temática.

Trátase dunha forma de pasar un intre divertido cos nosos fillos/as e participar como comunidade educativa.


Esperamos contar coa vosa participación!!!


venres, 18 de decembro de 2015

Bo Nadal 2015 e Bo Ani novo 2016

Hoxe , 18 de Nadal de  2015, os alumnos/s do C.E.I.P. "Álvarez Limeses" recibiron a alegre visita de Papá Noel. Acompañado por membros da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais, obsequiou a todos os nenos cunha maquina de escribir "dixital" xigante  e preguntoulles polo seu comportamento durante todo o ano. Os nenos charlaron con el e fixeronse mogollón de fotos e alguns incluso se arrancaron a cantarlle unhas panxoliñas.

¡Como parece que todos son moi bos, 
durante este nadal, todos recibirán moitos xoguetes!

De seguido podedes ver unha pequena montaxe dixital da visita de Papa Noel.... esperemos que vos gusten.

Dende a Anpa Álvarez Limeses agardamos que pasedes un nadal cheo de agasallos e sorrisos e que o ano 2016 que esta a punto de comenzar veña colmado de boas notas , ledicia e ilusión.








mércores, 2 de decembro de 2015

Agradecemento Participación Carreira Solidaria.



Estimada Socios, familias e comunidade escolar en xeral.:


Como presidente da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses .dende aquí noso máis efusivo agradecemento a todos os, colaboradores e participantes, agradecemento que facemos extensible a todas as persoas que  o pasado día 21 nos acompañaron e apoiaron nista  carreira solidaria “Quilómetros de solidariedade” na que participaron máis de 200 persoas da comunidade educativa do noso centro e que contou cunha recadación de 1.000,00 € que serán enviados integramente  á ONG Save the children contribuíndo así nos programas de axuda á infancia que fai a devandita, singularmente en África.

No nome dos compoñentes da Anpa e no meu propio, recibide a nosa maior consideración e agradecemento pois o exito de ista e calquera outra convocatoria depende de todas/os vos.


Atentamente,
                                                                                                 








Manuel Álvarez Álvarez
Presidente