Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

mércores, 20 de abril de 2016

Cartel Excusions Fin de Curso 2015-2016

Aquí tedes o cartel coas excursions fin de curso programadas para o curso 2015-2016, segundo se acerquen as datas recibiredes a ficha de inscripción para apuntarse as mesmas, así como  a correspondente información sobre a programación de cada unha delas e data de cobro. Agardamos sexa do agrado do alumnado...








venres, 15 de abril de 2016

Excursión de 2º e 3º de Primaria: A CORUÑA PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS E DOMUS

Excursión de 2º e 3º de  Primaria

A CORUÑA: PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS 
E DOMUS

A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes,. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo. No planetario viaxaremos polo espazo e o tempo, aprendendo a mirar o ceo cos nosos propios ollos, descubriremos o misterio de Venús… 


Na escuridade do novo Planetario dixital asoman as estrelas visibles na primeira ollada. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o Universo a todos os públicos


A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobre o ser humano. Conta con 1.500 m² de exposicións, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.

As exposicións ofrecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de facilitar información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento.


AVISO: O XANTAR ESTÁ INLUIDO, POLO QUE NON PRECISARÁN LEVALO

NOTA: Os vogais da Anpa que asistirán a mencionada excursión e todos os monitores de Anias Animación sociocultural cumplen a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015 de voluntariado, achegaron os respectivos certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.


luns, 4 de abril de 2016

Enquisa Acoso Escolar




Co fin de coñecer en maior profundidade a incidencia e gravidade dos casos de acoso escolar, así como as respostas ofrecidas tanto desde os centros educativos como desde as familias, CEAPA está a realizar un estudo interno entre as súas Confederacións, Federacións e as súas ANPA.

Para iso, por primeira vez elaboramos un cuestionario anónimo para que o cubran as familias directamente con distintas preguntas relacionadas sobre o acoso escolar. Só son 5 minutos do teu tempo.

Pola nosa parte procedemos a dixitalizar o proceso de recollida de datos de modo que sexa moito máis fácil de cubrir e de chegar a todas as familias.

A recollida de datos axudará a poder valorar tanto a incidencia coma a calidade das respostas que este delicado problema provoca entre alumnos, familias e centros.

Anpa Alvarez Limeses
ENLACE ENQUISA


        

xoves, 31 de marzo de 2016

Restauración Caixa de Correo do Anpa

  

Estimados socios/as e familias: Na tarde de hoxe o Anpa restituíu a Caixa de Correo situada no lugar habitual, logo de un par de días que se retirou para a súa restauración posto que o paso dos anos fixo mella nos soportes e ista cedeu a principio da semana. Aproveitando esta tesitura , o Anpa procedeu a facer una limpeza en profundidade da mesma, intentando devolverlle a cor orixinal a par que se realizou o pintado en vermello do anagrama de correos. Por outra banda actualizouse o o panel indicativo superior do mesmo cun vinilo, mesmo material que se empregou letreiro frontal. Esta renovada imaxe non muda para nada o fin ultimo da caixa de correo da Anpa Álvarez Limeses, que segue e desexa seguir servindo como nexo e transmisión de información entre, socios e familias e a cal vos animamos a empregar xunto cos outros medios de comunicación que ofrece o Anpa  para transmitirnos as vosas inquedanzas, criticas e xuxerencias etc.. Agardavos sexa do voso agrado.


























mércores, 16 de marzo de 2016

ENLACE BLOG FILME PUIDO SER

Filme Puidoser Castelao: Convocatoria libre para probas de cámara e son


O próximo sábado 19 de marzo de 2016 de 11 a 14 horas vamos facer probas de cámara e son en diversas rúas da cidade.

Punto de encontro: Dainte do Parador.
Hora: ás 11:00

É un ensaio voluntario aberto a todas as actoras e todos os actores que poidan e queiran vir. Poden asistir co vestiario (quen o teña).

As escenas a ensaiar son: Capítulo Gaiolas douradas, Marx (escena 2) e Estatística (escena 1). No é preciso ter un papel específico en algunha delas, nin hai que saber os textos de memoria.

Making off. As nais e os pais que asistan e queiran participar nas gravacións para o making off da rodaxe poden traer as cámaras de video ou os teléfonos e gravar libremente os preparativos para incluir nunha montaxe desenfadada do traballo.


Grazas.


       

luns, 29 de febreiro de 2016

CICLO DE CINE: SÁBADO 5 de MARZO “MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO ”

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h 5 de Marzo e o filme que se proxectará, será:





Maimiño e o espello máxico , Dirección: / Ernesto Padrón/ Bruno López. Conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e emprende unha viaxe chea de aventuras na que se enfrontará a un bosque encantado e debe aprender a utilizar a súa intelixencia para superar todos os obstáculosPalmarés: É a primeira película de animación galego cubana. Foi galardoada co premio Mestre Mateo á mellor película de animación en abril de 2015.






Para asistir é preciso ter localidade.
O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá algunas localidades ata fin de existencias* o mércores, 2 de Marzo e venres 4  de Marzo para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

*Esgotadas as existencias que dispón a Anpa poderánse recoller entradas o mesmo

día no Sexto Edificio do Museo para o público en xeral.

Máis información: http://www.museo.depo.es

mércores, 24 de febreiro de 2016

CICLO DE CINE: SÁBADO 27 de Febreiro “O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN ”

CICLO DE CINE: SÁBADO 27 de Febreiro “O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN 


O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil de animacion 3D, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h 27 de Febreiro e o filme que se proxectará, será:





O soño dunha noite de San Xoán , Dirección: / Ángel de la Cruz / Manuel Gómez  Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare. Editada en DVD en 2005, con pista de audio en galego. Palmarés: Premio Goya da Academia Española á mellor película de animación (xaneiro de 2006).






Para asistir é preciso ter localidade.

O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá algunas localidades ata fin de existencias* o xoves, 25 de Febreiro e venres 26  de Febreiro para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

*Esgotadas as existencias que dispón a Anpa poderánse recoller entradas o mesmo
día no Sexto Edificio do Museo para o público en xeral ata completar aforo.

Máis información: http://www.museo.depo.es


venres, 5 de febreiro de 2016

Bailes de Entroido 2016: Gracias pola vosa asistencia





Estimado socios/as, familias, pais e nais para nós,o equipo directivo da Anpa Álvarez Limeses é grato dirixirnos a vostedes, para facervos  chegar o noso agradecemento por contar coa súa participación e asistencia, nos Bailes de Entroido 2016 que realizamos o pasado 3 e 4 de Febreiro. 


Queremos dar as grazas a todas as persoas que vos animastes a vir aos Bailes de de Entroido. Pola nosa banda, gozamos vendo os nenos/as divertirse.


Esperamos que fose do voso agrado. Estaremos agradecidos de poder contar coa súa presenza para futuros eventos, tamen vos agradecemos que nos transmitades algunha suxerencia ou critica que consideredes oportuna sobre o desenrolo dos Bailes de Entroido 2016, para intentar mellorar en vindeiras edicions.

É o noso anhelo que asistades e participedes, co mesmo entusiasmo e gañas de participar en futuros eventos que se programen, porque o fin último de cada evento e o desfrute de nenas/os e familia.


Atentamente..
Manuel Álvarez 
Presidente


             

martes, 2 de febreiro de 2016

O IV Certame de Relato Curto da FANPA busca os grandes escritores e escritoras en lingua galega do futuro




































Poderá participar todo o alumnado, os seus familiares e o profesorado dos centros públicos de ensino de toda a provincia

O deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, presentou esta mañá o IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de centros públicos de Pontevedra, do que destacou "o seu valor para dinamizar o uso da lingua entre os centros educativos de toda a provincia e promover a capacidade do alumnado para escribir e dar a coñecer as súas historias". Xosé Leal estivo acompañado na presentación polo presidente da FANPA, Rogelio Carballo, a concelleira de Educación de Pontevedra, Carme Fouces, e o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.
O departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra colabora coa edición deste certame a través da impresión de 100.000 marcapáxinas destinados a difundir a iniciativa entre a comunidade educativa, xa que, segundo datos da propia FANPA, o alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos non universitarios ascende a algo máis de 80.000 alumnos e alumnas. Xosé Leal, ademais, asegurou que "sempre estamos abertos a colaborar con este tipo de ideas, posto que contribúen a fomentar a lingua desde idades temperás", ao tempo que fixo fincapé na necesidade de "apoiar este tipo de iniciativas para que sigan madurando e vaian collendo cada vez máis relevancia ano a ano".
O presidente da FANPA, Rogelio Carballo, agradeceu a colaboración do departamento provincial de Cultura e asegurou que " antes non tiñamos tanta capacidade de difusión e os marcapáxinas vannos permitir chegar á práctica totalidade dos centros". Rogelio Carballo anunciou que "este ano, por primeira vez, e atendendo ás solicitudes realizadas polo profesorado, abrirase o certame ao propio profesorado e aos familiares do alumnado, polo que esperamos recibir relatos moi interesantes nesa categoría".
Para facer posible este certame tamén colabora o Concello de Pontevedra, que asume a dotación dos premios do certame con catro vales de 200 euros cada un, e a editorial Kalandraka, que se encarga da publicación dos catro relatos gañadores e os finalistas. Tanto o presidente da FANPA coma o director de Kalandraka e a concelleira de Educación de Pontevedra incidiron na importancia de promover este tipo de certames, co obxecto de dinamizar as inquedanzas do alumnado sobre a escrita. Neste sentido, Carme Fouces afirmou que "o certame pode ser a cerna dos grandes escritores e escritoras en lingua galega do futuro", mentres que Xosé Ballesteros lembrou que "Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil, tivo as súas primeiras experiencias en concursos escolares".
Precisamente será a escritora Ledicia Costas a encargada de prologar o libro que Kalandraka editará cos relatos finalistas, que o ano pasado chegaron a 100, pero que nesta edición, ao ampliar a participación a familiares e profesorado, poderán ascender a 120 relatos. Ademais, todos os relatos gañadores e finalistas serán publicados no Diario de Pontevedra.
Bases, prazos e premios
Poderán presentarse todos os alumnos e as alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, así como o profesorado e familiares que convivan con eles. Cada persoa poderá presentar un relato inédito que conteña entre 200 e 300 palabras e que deberá enviar por correo electrónico a certame.relatocurto@nontedurmas.org antes do 29 de febreiro.
Establécense catro categorías (Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, e Adultos) e un premio de 200 euros para cada unha delas, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón. Ademais, todas as persoas gañadoras e finalistas recibirán un libro colectivo cos seus relatos, que incluirá unha historia elaborada expresamente para o certame pola escritora Ledicia Costas.

O xurado estará formado por filólogos, escritores, profesores e representantes de Kalandraka Editora. A decisión do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2016.