Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 15 de abril de 2016

Excursión de 2º e 3º de Primaria: A CORUÑA PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS E DOMUS

Excursión de 2º e 3º de  Primaria

A CORUÑA: PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS 
E DOMUS

A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes,. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo. No planetario viaxaremos polo espazo e o tempo, aprendendo a mirar o ceo cos nosos propios ollos, descubriremos o misterio de Venús… 


Na escuridade do novo Planetario dixital asoman as estrelas visibles na primeira ollada. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o Universo a todos os públicos


A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobre o ser humano. Conta con 1.500 m² de exposicións, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.

As exposicións ofrecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de facilitar información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento.


AVISO: O XANTAR ESTÁ INLUIDO, POLO QUE NON PRECISARÁN LEVALO

NOTA: Os vogais da Anpa que asistirán a mencionada excursión e todos os monitores de Anias Animación sociocultural cumplen a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015 de voluntariado, achegaron os respectivos certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.


0 comentarios:

Publicar un comentario