Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

venres, 27 de abril de 2018

Excursión 6º Infantil e 1º Primaria: Museo do Mar (Vigo)


Data: 12 de maio
O Museo do Mar é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento. Na súa exposición permanente pódense atopar medios audiovisuais e interactivos e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo non só é a colección permanente: explorade tamén as exposicións temporais.

Museo do Mar de Galicia

Información adicional

luns, 2 de abril de 2018

Menús e actividades comedor de Plan Madruga - Abril 2018



Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de abril. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

Menús - Abril 2018
Actividades - Abril 2018

Vantaxes para socios - EB Asesores


Informámosvos dunha nova vantaxe para socios da ANPA.  Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa pertenza á asociación. Podedes acceder á listaxe completa de establecementos adheridos aquí.
Co motivo da campaña Renda 2017 a asesoría e xestoría de empresas EB Asesores ofrece aos socios da ANPA descontos nas tarefas da declaración. Mais detalles aquí.

mércores, 7 de marzo de 2018

8 de marzo - Suspención de servizos de comedor e Plan Madruga


Con motivo da folga do día 8 de marzo a FANPA informa da suspensión dos servizos de comedor e Plan Madruga, ante a imposibilidade de prestalos con seguridade para os alumnos.

'pedímosvos que non enviedes mañá os vosos fillos a madruga e comedor e pregámosvos comprensión coa medida derivada destas circunstancias extraordinarias'

Orixe: FANPA.

martes, 27 de febreiro de 2018

Ludotecas de Semana Santa curso 2017-2018


Este ano o Programa de Ludotecas de Semana Santa abarca os días 26, 27, 28 de marzo, e 2 de abril, en horario de 9:00 a 14:00. O prazo de inscrición comeza o día 12 de marzo e remata o 16 de marzo. Toda a información (cronograma, ficha de inscrición etc.) aquí.

Orixe: FANPA.

Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Marzo 2018



Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de marzo. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

Menús - Marzo 2018
Actividades - Marzo 2018

venres, 16 de febreiro de 2018

Obradoiro de técnicas de estudo para alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe


A FANPA organiza o obradoiro 'Técnicas de estudo para nenos con dificultades específicas de aprendizaxe'. Os destinatarios son alumnos de 5º e 6º de Primaria que presenten algunha dificultade de aprendizaxe. Os obxectivos son os seguintes:
  • Adquirir as ferramentas que faciliten a creación de bos hábitos de estudio.
  • Mellorar a capacidade de aprender a aprender dos alumnos/as.
  • Analizar os principais estilos de aprendizaxes, coñecer como aprende cada alumno/a, que estratexias utiliza de forma intuitiva e como pode transferilas, potencialas e complementalas.
  • Optimizar e planificar mellor o tempo de estudio a través de técnicas de organización.
  • Ensinar técnicas de estudio para que os alumnos/as poidan potenciar a súa memoria, facer esquemas, mellorar a súa comprensión lectora entre outras. Coñecer diferentes técnicas de concentración e relaxación. 
  • Fomentar unha actitude positiva ante o estudio.
Poderedes atopar toda a información pertinente (horarios, prezos, ficha de inscrición etc.) aquí.

Orixe: FANPA.

xoves, 15 de febreiro de 2018

Circular nº 8 - Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria curso 2017-2018


A Xunta Directiva da ANPA convoca Asemblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves día 1 de marzo de 2018 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día:
  • Informe da Xunta Directiva sobre o primeiro cadrimestre do curso 2017-2018.
  • Proposta e aprobación das modificacións dos estatutos do ANPA (as modificacións propostas atópanse aquí)
  • Ratificación do nomeamento dos novos 3 membros da Xunta Directiva do ANPA.
  • Rogos e preguntas.
É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a ANPA polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa presenza e voto na Asemblea.

Adxúntase o documento desta circular, xa que inclúe o formulario para delegar a asistencia e voto noutra persoa.


xoves, 8 de febreiro de 2018

Proposta de renovación dos estatutos da ANPA


Informámosvos da proposta de renovación dos estatutos da ANPA, que serán sometidos a votación na asemblea extraordinaria do vindeiro 1 de marzo de 2018.

martes, 30 de xaneiro de 2018

Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Febreiro 2018



Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de febreiro. Podedes consultar a información completa sobre estes servizos (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

Menús - Febreiro 2018
Actividades - Febreiro 2018