Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

martes, 6 de setembro de 2022

MENÚS ESCOLARES SETEMBRO

 Familias os adxuntamos os menús e almorzos do mes de Setembro .

MENÚS SETEMBRO 22

ALMORZOS SETEMBRO 22


Un Saúdo

Comedor e Madruga 2022-2023

 Familias os achegamos a información que nos pasan dende Arume sobre os  servizos de comedor para o novo curso escolar 22-23.

Lembrámosvos que o servizo de contratación para o mes de Setembro rematou o venres día 2.

Os demáis meses  para a contratación ou modificación  dos servicios deberán ser comunicadas ata o día 25 de cada mes.

CARTA INFORMATIVA ARUME 


Extraescolares 2022-2023

Prezadas familias, a partir de hoxe ábrese o periodo de inscrición nas actividades extraescolares do próximo curso!

O periodo de inscrición vai dende o 6 de ata o 26 de setembro no caso de Anias e ata o 20 no caso de Educaocio,  para poder comezar coas actividades en outubro. Durante o curso escolar a inscrición farase polo mesmo sistema, antes do día 20 do mes anterior.

Comezarán a partir de outubro de 2022 e rematarán en xuño de 2023.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

Este ano traballaremos con dúas empresas, Anias coa que levamos xa varios anos traballando e probaremos unha actividade con Educaocio.

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39. No caso de EDUCAOCIO  enviarase a través do correo electrónico: educaocioanimacion@hotmail.es. Tamén podedes deixalo no buzón da Anpa e farémolo chegar .

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 

LISTAXE ACTIVIDADES ANIAS 

INSCRICIÓN ANIAS 

INSCRICIÓN EDUCAOCIO

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Prezadas familias, adxuntamos a convocatoria para a Asemblea Xeral cos puntos do día, será entregada ao alumnado o primeiro día de clase.

CURSO 2022-2023

Prezadas familias, comeza a volta o cole! Dende a Anpa tentaremos acompañarvos neste novo curso e hoxe actualizamos a páxina con toda a información.

Benvidas/os, comezamos! 



luns, 6 de xuño de 2022

MODELO DE DELEGACIÓN DE VOTO

ADXUNTAMOS O MODELO PARA DELEGAR O VOTO

PARA A ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO DÍA 17 DE XUÑO DE 2022.

 DOCUMENTO PARA DESCARGAR AQUÍ