Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

martes, 2 de abril de 2013

I Certame de Relato Curto.





A FANPA organiza este certame en colaboración co Concello e Deputación de Pontevedra, no que poderán participar, ademais dos/as alumnos/as de primaria, secundaria e bacharelato dos centros públicos de Pontevedra, as súas familias.

É de temática libre e repartiranse 800 € en vales entre as distintas categorías e publicarase un libro colectivo cos relatos das persoas gañadoras e finalistas.

PDF - 328.5 KB
Bases do certame


BASES:

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames e de temática libre. Deberán estar escritos en galego. 

2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos de Pontevedra de primaria, secundaria e bacharelato. Tamén poderán presentarse as persoas adultas que convivan con eles/as.

3º Cada autor/a poderá presentar un máximo de dous relatos, dos cales o xurado só poderá seleccionar un se reúne a calidade suficiente.

4º Os relatos terán unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estarán escritos en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.

5º Os relatos enviaranse ao enderezo de correo info@nontedurmas.org en arquivos en formato DOC, DOCX ou ODT.

6º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:


7º O prazo de envío dos textos finalizará o 30 de abril de 2013 ás 23 h.

8º O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores, seleccionará os relatos finalistas (un por autor/a) de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría
(primaria, secundaria, bacharelato e adultos). A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2013 a través do web da FANPA: www.nontedurmas.org.

9º Os premios serán:
• para o gañador/a de primaria: 200 euros en vales
• para o gañador/a de secundaria: 200 euros en vales
• para o gañador/a de bacharelato: 200 euros en vales
• para o gañador/a adulto: 200 euros en vales
• para todos os gañadores e finalistas do certame (máximo 90) publicarase un libro colectivo cos seus relatos.

10º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección das faltas gramaticais e léxicas para a súa publicación.

11º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

12º A participación no certame implica a aceptación das bases, cuxa interpretación é responsabilidade da organización do certame.

13º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación
do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos
a terceiros. O interesado poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: info@nontedurmas.org




A ´Olimpiada no Recreo´ pon a proba os coñecementos dos escolares


Un grupo de alumnos durante unha das probas.

Un centenar de alumnos do CEIP Álvarez Limeses demostraron os seus coñecementos académicos e destrezas deportivas o pasado 20 de Marzo na segunda competición de "Olimpíadas non Recreo". Os pequenos enfrontáronse a actividades comprendidas en catro bloques: Cultura, na que superaron un trivial de preguntas relacionadas con Pontevedra, Galicia e a actualidade; científico-experimental, onde demostraron a súa pericia realizando experimentos; saúde, que comprende a elaboración dunha dieta alimenticia axeitada; e orientación, proba na que percorreron un circuíto de obstáculos.

A competición final desenvolverase en Edugal, o domingo 14 de abril. O colexio gañador obterá un cheque regalo de material escolar de 400 euros; o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. Ademais, haberá unha gran festa final para todos os nenos participantes.

O proxecto "Olimpíadas non Recreo" é un programa de actividades educativas e de ocio para nenos do Concello de Pontevedra, que xira en torno a dous eixes fundamentais: a educación dos nenos de forma diferente e divertida; e a promoción do deporte e os hábitos saudables. Os obxectivos do devandito programa son motivar os escolares na aprendizaxe en diferentes actitudes da vida.

Pontevedra é unha cidade de conto

Hay moitas formas de visitar a cidade e de coñecer a sua historia. A mestra Tina Otero foi unha das coordinadoras de esta actividade innovadora e creativa aproveitando os recursos e atractivos turísticos que ofrece a cidade do Lérez.Como sabedes foi unha visita especialmente guiada polo centro histórico de Pontevedra, e interpretada polos nenos de 6º B   do Ceip Álvarez Limeses, acompañados por nenos e nenas do CEIP  Chancelas e polos alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de guías, información e comercialización turística.

Clica na imaxe para ver o álbum fotográfico.


PDF - 97.6 KB
Visita a Cidade Con Guías Turísticos Cativos


luns, 1 de abril de 2013

Volta ao cole Semana Santa



Un ano máis rematan as vacacións de Semana Santa e habemos de volver á rutina. Regresa o colexio, o traballo, o estrés, o madrugar....Trátase, polo tanto, da recta final do curso escolar, que debemos aproveitar ao máximo. Asi que aproveitade estas ultimas horas de vacacions para divertirvos e xogar e aquiles que non rematastes as fichas nin as tareas...poñedevemos a ilo que van sendo horas.


¡Miramonos maña tod@s!




Retirada quiosco frontal colexio.


Logo de varias conversas ao longo do ano coa Asociación Xoan XXIII, ista accedeu a retirar o quiosco que está diante do colexio. Dita lovoura levouse a cabo nestas vacacions de semana santa, e o resultado da nova imaxe frontal do colexio a falta de varios retoques e arranxos é ista:







venres, 22 de marzo de 2013

Felices Vacacions de Semana Santa





Os que facemos posible este blog e a Xunta Reitora do Anpa Álvarez Limeses queremos desexarvos nestas lineas unhas felices vacacións de Semana Santa e coidado nas procesións que os de Fenosa andan a procura de operarios e nos querémosvos a todos de volta cos vosos fillos/as nas aulas o próximo día 2 de abril.


mércores, 20 de marzo de 2013

Información PAAR Semana Santa 2013: Paisaxes culturais


Semana Santa 2013
O Parque Arqueolóxico comprácese en presentar a programación para Semana Santa 2013. De martes a domingo, ademais das visitas guiadas habituais, poderedes descubrir a parte menos coñecida da área arqueolóxica a través da actividade “Paisaxes Culturais”. Esta visita fai un percorrido por outras estacións rupestres que se atopan dentro do Parque e achegará aos visitantes aos usos da paisaxe desde que estas terras comezaron a ser ocupadas por grupos humanos. A programación complétase con visitas guiadas gratuítas o sábado e exhibicións de lume e caza de xoves a domingo. O horario de apertura en Semana Santa será de martes a domingo de 10:00 a 20:00 h. de forma continuada. Máis información en info@paar.es ou chamando ao 986 696 066.



Equipo de Futbol Álvarez Limeses prepara partido diante Tenorio


O equipo do colexio escoitando atentamente as indicacións do adestrador Oscar antes de principar na tarde de onte venres no partido diante Tenorio.








martes, 19 de marzo de 2013

Ludotecas Semana Santa 2013




LUDOTECAS DE SEMANA SANTA: 25, 26 E 27 DE MARZO

Os días 25,26 e 27 de marzo terán lugar as ludotecas de Semana Santa.

LUGAR DE REALIZACIÓN: CEIP CAMPOLONGO E CEIP MANUEL VIDAL PORTELA. En horario de 9:00 a 14:00 horas.

CONDICIÓNS DE ACCESO: Poderán acceder ás ludotecas os menores entre 3 e 12 anos de idade, que cursen os seus estudios nos Centros Públicos de Pontevedra.
Terán prioridade os/as socios/as de ANPAS federadas.

MATRÍCULA: Realizarase enviando esta folla cuberta á dirección actividades@nontedurmas.org ou presencialmente na sede da FANPA de 9:00 a 14:00 horas, xunto co xustificante da ANPA e xustificante do pago dos 10 euros.

O CUSTO DA ACTIVIDADE É DE 10 EUROS POLOS 3 DIAS. O ingreso farase no número de conta 20805403403040119244 de NovaCaixaGalicia. Indicando en Concepto o nome do/a neno /a e “Ludotecas de Semana Santa”.


PDF - 97.6 KB
Información e inscrición





luns, 18 de marzo de 2013

Admisión do alumnado para o curso académico 2013/2014


Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato
Xúntase a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Xúntanse tamén os anexos editables cos formularios de reserva de praza, admisión de alumnado e matrícula, que os usuarios poderán cubrir e imprimir para a súa presentación nos centros educativos.


      PRAZO:  Entre o 5 e o 17 de abril
      HORARIO: En horario de secretaría ALVAREZ LIMESES : De luns a venres de 9 a 9:50 




AdxuntoTamaño
Zonificación-Limeses.pdf383.73 KB