Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 2 de abril de 2013

I Certame de Relato Curto.





A FANPA organiza este certame en colaboración co Concello e Deputación de Pontevedra, no que poderán participar, ademais dos/as alumnos/as de primaria, secundaria e bacharelato dos centros públicos de Pontevedra, as súas familias.

É de temática libre e repartiranse 800 € en vales entre as distintas categorías e publicarase un libro colectivo cos relatos das persoas gañadoras e finalistas.

PDF - 328.5 KB
Bases do certame


BASES:

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames e de temática libre. Deberán estar escritos en galego. 

2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos de Pontevedra de primaria, secundaria e bacharelato. Tamén poderán presentarse as persoas adultas que convivan con eles/as.

3º Cada autor/a poderá presentar un máximo de dous relatos, dos cales o xurado só poderá seleccionar un se reúne a calidade suficiente.

4º Os relatos terán unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estarán escritos en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.

5º Os relatos enviaranse ao enderezo de correo info@nontedurmas.org en arquivos en formato DOC, DOCX ou ODT.

6º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:


7º O prazo de envío dos textos finalizará o 30 de abril de 2013 ás 23 h.

8º O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores, seleccionará os relatos finalistas (un por autor/a) de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría
(primaria, secundaria, bacharelato e adultos). A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2013 a través do web da FANPA: www.nontedurmas.org.

9º Os premios serán:
• para o gañador/a de primaria: 200 euros en vales
• para o gañador/a de secundaria: 200 euros en vales
• para o gañador/a de bacharelato: 200 euros en vales
• para o gañador/a adulto: 200 euros en vales
• para todos os gañadores e finalistas do certame (máximo 90) publicarase un libro colectivo cos seus relatos.

10º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección das faltas gramaticais e léxicas para a súa publicación.

11º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

12º A participación no certame implica a aceptación das bases, cuxa interpretación é responsabilidade da organización do certame.

13º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación
do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos
a terceiros. O interesado poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: info@nontedurmas.org




2 comentarios:

Carlos Benz dixo...

Hola! Mi nombre es Carlos. Fui alumno de este centro (aunque ahora voy en 1ºESO) y me gustó mucho el blog del APA, así que de vez en cuando le echo un vistazo.
Me gustaría saber el código HTML (o el sitio web de origen) del contador de visitas que hay en la barra lateral.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Saludos Carlos¡ Nos encanta que os antiguos alumnos/as sigáis sintiéndoos parte del centro.No puedo facilitarte el código html porque es especifico para cada blog. Pero si buscas en google "contadores de visitas para web" o para blogger encontrarás multitud de enlaces que te indicaran como crear y colocar un contador de visitas en tu web o blog.

Saludos

Publicar un comentario