Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

mércores, 21 de setembro de 2016

INFORMACIÓN ASOCIARSE AO ANPA CURSO 2016-2017

INFORMACIÓN ASOCIARSE AO  ANPA CURSO 2016-2017


Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2016 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:




 Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21  euros


Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2016-2017. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes novembro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o día xoves 29 de Setembro de 2016 ou Venres 30 de Setembro de 2016  no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o 30 de outubro de 2016.

Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripción de socio da Anpa poderán adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2017 nunhas condicións moi vantaxosas.




mércores, 14 de setembro de 2016

FANPA: ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO E PREÁBACO

Fanpa_logoFanpa_logo

NEUROMOTIVA

CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO E PREABACO

NEUROMOTIVA, é un programa de exercicio mental integral, que estimula a concentración e relaxación dos nenos e nenas  no seu proceso de aprendizaxe na  etapa escolar, favorecendo o desenvolvemento  da creatividade, do pensamento e sobre todo anima a xerar coñecementos propios, utiliza como ferramenta principal o ábaco xaponés que  fortalece a atención selectiva necesaria para calquera modalidade de aprendizaxe.

PREÁBACO favorece a aprendizaxe dos números, a contar correctamente cun apoio visual e manipulativo  e a organizar a estrutura mental do cálculo, estimula o xogo ordenado e preciso co ábaco para adestrar a atención e promover a creatividade ao tempo que fomenta o interese e a motivación de logro.

 CENTROS NOS QUE SE DESENVOLVE
NEUROMOTIVA  CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO
COLEXIO
DÍAS
DESTINATARIOS
PREZO
CAMPOLONGO  
MARTES E XOVES
PRIMARIA
40€
ÁLVAREZ LIMESES
LUNS E VENRES
PRIMARIA
40€
BARCELOS
LUNS E MÉRCORES
PRIMARIA
            40€
   





NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL  PREÁBACO
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE
DÍAS
DESTINATARIOS
PREZO
BARCELOS
MÉRCORES
E. Infantil
20€







* Os grupos de NEUROMOTIVA terán que pagar 30 € anuais de material.

Reunión informativa  o día 15/09  ás 19:00 h no local de FANPA Pontevedra.

MAIS INFORMACIÓN:  Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.Horario de 9:30 a 14:00h.

Teléfonos: 986 864 598 oficina,  685 535 202 Cristina  e  615 780 528 Carmela  de 16:30 a 18:30 h.




martes, 13 de setembro de 2016

Benvida e Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria martes 20 de Setembro 2016


   

A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas, participación no desfile de entroido,magosto, chocolatada...ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festa fin de curso e Xornadas de Convivencia Escolar entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal. Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A crise, os recortes, e axustes, afectan a nosa vida diaria e de forma especial a educación pública, sanidade e dereitos sociais.Por iso hoxe máis que nunca, dende esta ANPA, apoiamos a Educación Pública e queremos que siga sendo unha educación Pública de calidade, xa que de iso depende o futuro dos nosos fillos e fillas e por ende da sociedade. Por ese motivo nos involucramos neste proxecto con vontade de mellorar entre todas e todos o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración con o profesorado e exercendo o noso dereito de intervir no control e xestión do centro educativo. 

A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos. Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono que tedes no encabezado. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Faite socia/o achega as túas ideas, queixas e dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda. 



Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria Curso 2016-2017

A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, convoca Asemblea xeral ordinaria para o vindeiro martes día 20 de setembro de 2016 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

Orde do día:
1. Intervención da Dirección do Colexio(Presentación, Obras de mellora, etc...)
2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
3. Informe da Xunta directiva sobre o curso 2015-2016.
4. Balance de ingresos e gastos do curso 2015-2016, aprobación se procede mediante votación.
5. Cotas de Socio. Orzamento e aprobación se procede mediante votación para o exercicio 2016-2017.
6. Renovación de membros da Xunta directiva.
7. Información e proposta actividades extraescolares curso 2016-2017.
8. Ideas e preguntas.

É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa asistencia á Asemblea, facéndose socio da Anpa e sendo parte da Xunta directiva.

 Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.

É posíbel delegar a asistencia noutra persoa,
 así deberán prencher e entregar na entrada iste formulario 




luns, 12 de setembro de 2016

VOLTA AO COLE CURSO 2016-2017: BENVIDOS/AS


 XA ESTAMOS DE VOLTA !!

Hoxe empezou o curso escolar 2016-2017 e queremos darvos a benvida aos novos pais e nais dos nenos e nenas  de infantil e como non a todos aqueles que xa levades connosco uns anos e para os que iste ano será o derraderio e nos despediremos do centro.Dar a benvida tamén ao equipo directivo do centro , ao profesorao, PAS que coa sua dedicación e esforzo fagan deste curso un ano escolar productivo para toda a comunidade educativa do CEIP ÁLVAREZ LIMESES.

Empezamos un novo curso cheos de ilusión e ganas, moitas cousas por facer e mellorar, novos retos.... E para todo isto necesitámosche. Necesitamos a túa axuda, todo o que nos poidas ofrecer será benvido: tempo, recursos, ideas.... Todo. Non dubides en poñerte en contacto connosco a contarnos os seus pareceres e opinións a través deste  Blog Anpa Alvarez Limeses , ou correo electrónico do anpa ou o buzon da Anpa do Colexio

Aínda que o anunciaremos proximamente, xa vos adianto que o próximo día 20 de Setembro terá lugar a Asemblea Xeral do Anpa onde se elixirán os novos cargos para estes próximos curso anos, é o momento xusto para unirte a nós e seguir mellorando a estancia dos nosos fillos e fillas no colexio, porque ista anpa sen o voso apoio non pode voltar ano tras ano, pois o regreso é máis fácil se sabes que os socios te esperan.






Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses




venres, 9 de setembro de 2016

Arume releva a Serunión na prestación do servizo de comedor

Arume releva a Serunión na prestación do servizo de comedor

Na reunión mantida hoxe a maña na sede de Fanpa Pontevedra coas diversas Anpas de Pontevedra, vos transladamos a información que se nos deu a coñecer para poñelo en coñecemento de todos e todas os usuarios do servizo de comedor do CEIP ÁLVAREZ LIMESES:

Información para as familias usuarias do comedor escolar xestionado por FANPA Pontevedra:
Dende este inicio do curso 201617 a empresa SERUNION que desenvolvía o servizo transfórmase nunha nova empresa denominada ARUME, con sede social en Galicia.
ARUME subrógase en todas as obrigas contractuais da antiga SERUNION. No caso dos comedores de Pontevedra que xestiona FANPA, ARUME asume o servizo nas mesmas condicións que viña prestando SERUNION, polo que agás a imaxe de marca, non notaredes ningunha modificación no servizo, nin tampouco no persoal que atendía o servizo
ata agora.
Pola nosa banda, dámoslle a benvida a unha nova empresa galega da que esperamos que o seu desenvolvemento supoña unha mellora no servizo para os nosos usuarios.

luns, 5 de setembro de 2016

ACTIVIDADE: “CREACIÓN TECNOLÓXICA”

A xunta directiva do ANPA esta a traballar na disposibilidade loxística e espacio temporal que potencialmente podemos dispor para implantar una actividade extraescolar de ROBÓTICA para o presente curso 2016-2017. Con case  total seguridade non estará no cadro inicial de actividades extraescolares, máis en canto teñamos confirmado a disponñibilidade de todos os requirimientos para impartir esta actividade se vos facilitara horarios e demais información.

Para os interesados en actividades de esta índole, a Fanpa pon en marcha unha actividade de creación tecnolóxica 

ACTIVIDADE: “CREACIÓN TECNOLÓXICA”
Actividade anual dirixida a nenas e nenos de 8 a 12 anos.
A actividade comeza en outubro e divídese en 3 trimestres cunha temática distinta cada un. É posible matricularse nun só trimestre, en dous ou nos tres:
1º  TRIMESTRE (outubro a decembro). SCRATCH: CREA UN VIDEOXOGO
Programación, retoques de imaxe, gravación e utilización de sons coa finalidade de realizar un videoxogo con sons e animación.

2º  TRIMESTRE (xaneiro a marzo). DESEÑA UNHA APP PARA A TÚA TABLET

Utilizaranse as bases de programación usando os diferentes recursos que ten o teléfono ou a tablet. Ao final levaranse unha aplicación feita por eles mesmos.  Para esta actividade é necesario levar tablet ou teléfono con sistema android.
3º  TRIMESTRE (abril a xuño). IMPRESIÓN 3D
arase o deseño de pezas en 3D, así como aprender o proceso para a súa impresión. Levaranse unha creación impresa como mostra.
Horarios: Poden escoller o horario que máis se adapte ás súas necesidades.
Sábados de 10:00h a 11:30h
Sábados de 12:00h a 13:30h
Lugar de realización: local da FANPA (r/ Xan Guillermo, 9)
Prazo de matrícula: do 5 ao 23 de setembro, enviando a ficha, que publicamos anexa,  cuberta por correo electrónico a actividades@nontedurmas.org ou entregándoa na oficina da FANPA (r/ Xan Guillermo 9).
Grupos: serán dun máximo de 15 asistentes. A FANPA resérvase o dereito de anular a actividade se non se acada un número mínimo de matrículas.
Prezo:
Socios de ANPA federada na FANPA: 18 euros ao mes
Non socios: 30 euros ao mes
Os cargos en conta pasaranse entre o día 1 e o 5 de cada mes.
Inscrición


luns, 29 de agosto de 2016

Solicitude de praza no Comedor Escolar e Servizo Madruga Curso 2016-2017

Xa se pode efectuar a solicitude de alta para o curso 2016-17 dos servizos complementarios de comedor e madruga. Para iso, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a SERUNION por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo galicia@serunion.elior.com.
Lea atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.

1. Modalidades de contratación dos servizos:

a. Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
b. Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
c. Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.




mércores, 20 de xullo de 2016

TVG: Alumnos do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra fan unha película sobre Castelao

O curso escolar rematou pero os alumnos do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra continúan coas actividades porque están rodando unha película sobre a vida de Castelao en Pontevedra. Metémonos entre eles a ver que andan a rodar...

ENLACE CRTVG: http://www.crtvg.es/informativos/alumnos-do-ceip-lvarez-limeses-de-pontevedra-fan-unha-pelicula-sobre-castelao-2181063


xoves, 30 de xuño de 2016

Puidor ser na TVG




                   O pasado luns 27 de Xuño, un equipo da TVG acercouse a Pontevedra para facer unha pequena reportaxe sobre o filme PUIDO SER Castelao, que está a promover e gravar ista Anpa cos alumnos/as de 5º e 6º. A entrevista emitiráse no magazine A REVISTA FIN DE SEMANA, o vindeiro fin de semán, ou ben  sábado 2 ou domingo 3 de Xuño en horario de 12:00 a 14:00 aproximandamente. Non se nos confirmou o día exacto de emisión dado que moitas fases do programa son en directo e dependendo do trancusrso do tempo o emitirán un ou outro día. Nesta reportaxe ides poder ver algunha gravación inédita  do que se ten gravado e mesmo se o consideran opurtuno algunha toma falsa. Lembrade que esas imaxes e son, inda teñen que pasar por edición e montaxe, así que non sexades moi críticos connosco. Para todos aqueles que non poidan visionalo, cando se colge na web do programa,  facilitaremos o enlace tanto niste blog da Anpa como no blog do Filme PUIDO SER. 

Grazas a todas/os  polo voso apoio, seguimos gravando...



Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses



sábado, 25 de xuño de 2016

Grazas por acompañarnos nas Illas Cíes

Grazas por acompañarnos nesta xornada de Convivencia escolar fin de curso 2016.Agardamos que disfrutárades  dun día distinto,  neste paraíso natural que temos na nosa terra.  Inda que o verdadeiro "paraiso ",  foi poder disfrutar desta xornada ó voso carón.