Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

mércores, 2 de novembro de 2022

luns, 3 de outubro de 2022

SEMANA DE PORTAS ABERTAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

        INVITACIÓN ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS ACTIVIDADES


EXTRAESCOLARES DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES


DO 3 AO 7 DE OUTUBRO DE 2022


Dende a ANPA do Colexio e a empresa ANIAS queremos convidar aos/as vosos/as fillos/as a participar nunha sesión gratuíta das actividades que aparecen no cadro, nos horarios e días indicados, podendo asistir a todas aquelas nas que esteades interesados/as ao longo da semana do 3 ao 7 de outubro.

Para participar só tendes que chamar ou enviar un whatsapp a calquera destes números: 685 535 202/ 649 346 457 indicando o colexio, nome completo do/a neno/a e a actividade ou actividades nas que vai a participar; así como o nome da persoa que recolle ao menor á saída e teléfono de contacto.

Posteriormente, de estar interesados/as en inscribir ao neno/a en unha ou máis destas actividades, para comezar no mes de outubro será necesario solicitar e entregar a folla de inscrición na oficina de Anias (rúa Echegaray 39, baixo) ou por correo electrónico a extraescolares@anias.es


AS ACTIVIDADES :

COCIÑA PEQUECHEF :Infantil e 1o Primaria Luns no Comedor 16:30 a 17:30

FÚTBOL: 6o Infantil, 1o e 2o Primaria Martes no Patio 17:30 a 18:30

FÚTBOL 3o a 6o Primaria Martes no  Patio 16:30 a 17:30

XOGANDO E CREANDO EN INGLÉS :4o e 5o Infantil Mércores no Comedor 16:30 a 17:30

DEBUXO E PINTURA: Primaria Mércores no Comedor 16:30 a 17:30

SKATE (monopatín): Primaria Mércores, no Patio 16:30 a 17:30

PEQUEBAILE Infantil Xoves no Ximnasio 16:30 a 17:30

PATINAXE 6o Infantil e 1o/2o Primaria Xoves no Patio 16:30 a 17:30

3o A 6o Primaria Xoves no Patio 17:30 a 18:30

CONTOS TEATRALIZADOS Infantil Venres no Comedor 16:30 a 17:30

  ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN:

1o a 3o Primaria Venres na Aula informática 16:30 a 17:30

4o a 6o Primaria Venres na Aula informática 17:30 a 18:30                                                    

mércores, 7 de setembro de 2022

FICHA INSCRIPCIÓN SOCIO DA ANPA CURSO 2022-2023

 Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2022-2023. O importe único é unha cota anual de 25 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). 

Unha vez cuberta a solicitude, deixala xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta na caixa de correo da ANPA na fachada principal do colexio ou tamén é posible facela chegar por correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

DESCARGAR FICHA SOCIO 2022-2023

FICHA INSCRIPCIÓN SEGURO DO ANPA CURSO 2022-2023

 Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición  do seguro escolar da ANPA no curso 2022-2023 O importe único é unha cota anual de 10.00 euros por cada neno/a.

Unha vez cuberta a solicitude, deixala xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta na caixa de correo da ANPA na fachada principal do colexio ou tamén é posible facela chegar por correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com. O prazo máximo é o 30 de Outubro do 2022.

DESCARGAR INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2022-2023

Adxuntamos un resumo das coberturas da póliza:


martes, 6 de setembro de 2022

MENÚS ESCOLARES SETEMBRO

 Familias os adxuntamos os menús e almorzos do mes de Setembro .

MENÚS SETEMBRO 22

ALMORZOS SETEMBRO 22


Un Saúdo

Comedor e Madruga 2022-2023

 Familias os achegamos a información que nos pasan dende Arume sobre os  servizos de comedor para o novo curso escolar 22-23.

Lembrámosvos que o servizo de contratación para o mes de Setembro rematou o venres día 2.

Os demáis meses  para a contratación ou modificación  dos servicios deberán ser comunicadas ata o día 25 de cada mes.

CARTA INFORMATIVA ARUME 


Extraescolares 2022-2023

Prezadas familias, a partir de hoxe ábrese o periodo de inscrición nas actividades extraescolares do próximo curso!

O periodo de inscrición vai dende o 6 de ata o 26 de setembro no caso de Anias e ata o 20 no caso de Educaocio,  para poder comezar coas actividades en outubro. Durante o curso escolar a inscrición farase polo mesmo sistema, antes do día 20 do mes anterior.

Comezarán a partir de outubro de 2022 e rematarán en xuño de 2023.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

Este ano traballaremos con dúas empresas, Anias coa que levamos xa varios anos traballando e probaremos unha actividade con Educaocio.

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39. No caso de EDUCAOCIO  enviarase a través do correo electrónico: educaocioanimacion@hotmail.es. Tamén podedes deixalo no buzón da Anpa e farémolo chegar .

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 

LISTAXE ACTIVIDADES ANIAS 

INSCRICIÓN ANIAS 

INSCRICIÓN EDUCAOCIO

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Prezadas familias, adxuntamos a convocatoria para a Asemblea Xeral cos puntos do día, será entregada ao alumnado o primeiro día de clase.

CURSO 2022-2023

Prezadas familias, comeza a volta o cole! Dende a Anpa tentaremos acompañarvos neste novo curso e hoxe actualizamos a páxina con toda a información.

Benvidas/os, comezamos! 



luns, 6 de xuño de 2022

MODELO DE DELEGACIÓN DE VOTO

ADXUNTAMOS O MODELO PARA DELEGAR O VOTO

PARA A ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO DÍA 17 DE XUÑO DE 2022.

 DOCUMENTO PARA DESCARGAR AQUÍ