Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 22 de setembro de 2011

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E EXCURSIONS CURSO 2018-2019

Xornada Familiar na Illa de Ons: Sábado 22 de Xuño de 2019

Este ano volvemos celebrar a xornada familiar para que todos os que formamos o CEIP Alvarez Limeses podamos compartir un tempo onde coñecernos, afianzar lazos e pasar un día de compañeirismo.

A cita témola o vindeiro sábado 22 de Xuño de 2019 para visitar, durante todo o día, unha das xoias do noso parque natural das illas atlánticas: a illa de Ons.

A continuación tedes toda a información acerca da xornada e podedes descargar a ficha correspondente coas instrucións de inscrición.





Descargar Documento

Excursión a Santa Uxía de Ribeira: Sábado 8 de Xuño (6º Infantil e 1º Primaria)

 

Información, agenda e instrucciones de inscripción para la excursión que los alumnos de 6º de Infantil y 1º de Primaria harán a Santa Uxía de Ribeira el próximo sábado 8 de Junio de 2019.






Listaxe e información da oferta de actividades extraescolares de ANIAS para o CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2018-2019.

Descarga aquí las Actividades Descarga aquí el Formulario Circular piscina Club salvamento acuatico Piscina budo





  • ESCURSIÓNS FIN DE CURSO 2016-2017 : 


NOTA: Os vogais da Anpa que asistirán as mencionada excursións e todos os monitores  cumplen a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015 de voluntariado, achegaron os respectivos certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
_________________________________________________________________________________








Estimados pais,

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria tal  e como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada. A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 30 de setembro de 2016 ou via email a extraescolares@anias.es ou na oficina de Anias da  (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),

  • DATA DE REALIZACIÓN do 3 de outubro de 2016 ao 15 de xuño de 2017.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía email extraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 30 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a,por e mail ou na nosa oficina.
  • COTA(mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra. Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para mais informacion consultar as Circular de Actividades que seguen :







ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FÓRA DO COLEXIO:



Así mesmo, continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Campolongo e no Ximnasio Budo.




PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2016-2017

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago os dias sinalados nas circulares entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. As cotas cuatrimestrais (de 1 de outubro de 2015 a 29 de xaneiro de 2016 e 1 de febreiro de 2016 ao 31 de maio de 2016 ambos inclusive) son de 35 € cada unha. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 3 de outubro de 2016  ao 31 de xaneiro de 2017.

A actividade de “Natación Extraescolar” deste segundo cuatrimeste se levará a cabo do 1 de febreiro de 2017 ao 31 de maio de 2017 ambos inclusive


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destiandos ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amárelo.
Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e nenas menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
Os país que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e nenos menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
As nais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!




PLAYING  IN ENGLISH CURSO 2016-2017










7 comentarios:

Unknown dixo...

Me gustaria tener mas informacion sobre las actividades

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

En primer lugar gracias por participar en el blog y pedirte disculpas porque parece ser que tenemos problemas con el servidor de alojamiento de archivos con lo cual algun impreso de las actividades extraescolares no podian descargarse.

Hemos corregido ese error y esperamos que ahora puedas acceder a la información que solicitas, en todo caso puedes solicitar mas informacián en la empresa ANIAS(encargada de las actividades extraescolares) o bien en en telefono del anpa 686 527 137 o en formulario de contacto que encontraras en la seccion contactar.

Saludos

Anónimo dixo...

HOLA! Son Pedro Quiroga Troncoso, técnico da Asociación Galega de Actividades Náuticas. Dentro do seu amplo MENU DE ACTIVIDADES contamos coa realización de CAMPAMENTOS: Edu. Medioambiental mediante a práctica dos deportes náuticos. Na costa hai bastante diversidade, quizás demasiado orientada a competición. Sen embargo nos encoros do interior a pesar do seu atractivo e grandes posibilidades a penas se coñecen. Vos convidamos a descubrir os CENTROS AO AIRE LIBRE de Taboada e Castrelo de Miño. Albergues onde realizamos os Campamentos, que este ano comenzan en Semana Santa.
Enviaremos información sobre os mesmos para quen queira ampliar os detalles.
Tamén podedes contactar con nos en:
agan.cal@gmail.com

Agradecemos a difusión desta información.

Consultádenos as ofertas para grupos a partir de 10 persoas. Mesmo podedes deseñar as actividades que máis vos interesen a vosa medida.

Gracias pola vosa atención.

Por certo, resulta moi atractiva a información que tedes publicada no BLOG. Apréciase moita vida, traballo e esforzo. Qué envexa!

Anónimo dixo...

Buenas tardes, las clases extraescolares como bien decis, comienzan el viernes dia 3 octubre, cuando van ha salir las listas de los admitidos en cada actividad, gracias.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Boa tarde. Tal e como esta reflectido na fixa e horarios de actvidades extraescolares a data inicio das mesmas é o vindeiro MERCORES 1 DE OUTUBRO para as actividades que realiza a empresa Anias. En canto a actividade extraescolar de natación en Campolongo, como tamen aparece reflexado niste blog e na ficha que se enviou, esta acividade comeza o vindeiro VENRES DIA 3 DE OUTUBRO.

En canto a publicacion de listaxes, a ley de proteccion de datos impide a Anias facer publica esa información, pero se a Anpa e os pais non reciben aviso en sentido contrario é entendible que todos os apuntados están admitidos nas actividades que o solicitaron. No caso contrario Anias se poria en contacto directamente con vos para informarvos.

Lamentamos esta confusión, e agardamos que a dubida fose aclarada, Asemade agradecemos a voso opinion.

Moitas grazas

Anónimo dixo...

boas tardes
Hoxe e a cavalgata de carnavais e queria preguntarvos que como se a suspendido se para a seman que ven o sabado van ir, e se van a que hora e en que calle?

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Boa tarde. O saida prevista disfrazados de amish para o entroido quedou suspendida por varios motivos, polo tempo, e porque tal e como se indicaba no cartel colocado na porta do centro e no tablón de anuncios da Anpa, non se apuntou ninguen para inscribirnos en tal evento, polo que en vistas de que o grupo formado era de unhas 10 personas, se cancelou ante a dificultade de poder formar un grupo o suficientemente numeroso para participar neste evento. O cambio de data non fixo mais que dificultar asistencia de varios dos que iban formar parte de ese grupo reducido, polo que se dicidiu cancelar definitivamente. Lamentamos a molestia, e agardamos poder formar para o ano un grupo o suficientemente numeroso e que o tempo nos acompañe

Moitas grazas

Publicar un comentario