Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 29 de setembro de 2011

PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA 2011-2012



PRESENTACIÓN DA NOVA  XUNTA DIRECTIVA DA ANPA 2011-2012

Como xa sabedes, o pasado 19 de setembro  celebrouse unha asemblea  da ANPA na que se formou a nova Xunta Directiva e na que se informou sobre as actividades realizadas no curso pasado e déronse a coñecer as previstas para o actual.Dende a  ANPA, agradecemos ás nais e pais asistentes que se mostrasen tan activos participando na asemblea coas súas preguntas e intervencións.

Dende a nova Xunta Directiva da  ANPA, dirixímonos a todas as familias, para ofrecervos os nosos servizos e solicitar a vosa participación nas actividades que o presente curso organizaremos dende esta  ANPA  que somos todos.En primeiro lugar,  gustaríamos poñer de manifesto o noso agradecemento á anterior Xunta Directiva por todo o traballo, o esforzo e o tempo que lle dedicaron, así como deixar claro que nos gustaría seguir contando con eles nos proxectos que imos desenvolver. Queremos coñecer as vosas inquietudes, expectativas e suxestións para poder obter os mellores resultados razón pola cal, os animamos a participar activamente como membros da Anpa polas diferentes vías de contacto que ofrecemos, para asi coñecer cales son as demandas reais dos pais do colexio e así dirixir os nosos esforzos cara ao interese xeral.

Animámosvos a todos a participar na medida das vosas posibilidades (tempo, habilidades...). Queremos que saibades que calquera achega será sempre ben recibida e agradecémola de antemán.Por último, gustaríanos dar a benvida a todos os pais de novos alumnos que se incorporan ao colexio este novo curso.

Integrantes da nova  Xunta  Directiva Curso 2011-2012:

PRESIDENTE:           JUAN PÉREZ NARTALLO

VICEPRESIDENTA: MARIA DEL CARMEN IGLESIAS PÉREZ

SECRETARIA:           MARIA VICTORIA SEOANE GARCÍA

TESOUREIRO:          AGUSTÍN RIOBÓ POUSADA

VOCAIS:                      MARGARITA RODRÍGUEZ TORRES
  JOSÉ LUIS MARTÍN           
  DAVID BOLEAS RAMÓN
  BEATRIZ PINTOS TEIGEIRO
  SUSANA CARRACEDO FONTENLA
  MARGARITA ARCA GARCÍA
  GUADALUPE CALVIÑO VÁZQUEZ
  PABLO GÓMEZ TABOADA
  ROGELIO CARBALLO SOLLA
                                                             MANUEL ÁLVAREZ ÁLVAREZ


                                                                          Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario