Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 22 de setembro de 2011

EL ANPA DEL C.E.I.P ÁLVAREZ LIMESES

¿QUE É A ANPA?

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do Colégio Público Álvarez Limeses está aberta a todas as familias con fillos estudando no colexio. Aínda que nos encargamos de levar adiante numerosas actividades o ANPA é algo máis. Os Pais e Nais debemos de ter unha actitude activa, nunca pasiva, ante o que suceda no centro. Posibilidades tales como a canalización de opinións, o asesoramento aos Pais e Nais, a proposición de actividades, e un longo etcétera de ámbitos de actuación que ofrece o ANPA, van afectar á educación e formación dos nosos fillos e fillas. Este é o motivo fundamental polo cal pensamos que todos os Pais e Nais deberían asociarse e involucrarse no funcionamento da ANPA e do colexio.

COMPOSICIÓN E FUNCIONAMENTO

A composición e funcionamento da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva está detallada nos estatutos da asociación.

O órgano supremo de goberno é a Asemblea Xeral. Reúnese obrigatoriamente unha vez ao ano, durante o primeiro trimestre do curso, en outubro ou novembro, en asemblea anual ordinaria. Os estatutos fixan con detalle as convocatorias, funcións, etc.

 Normalmente preséntase un informe das actividades do curso anterior, un proxecto das actividades previstas para o curso en marcha e apróbanse as contas da asociación.

Cada dous anos a Asemblea nomea unha nova xunta directiva, regulada así mesmo nos estatutos. Na actualidade está composta por presidente, vicepresidente, secretaria, tesoureiro e 9 vogais.

XUNTA DIRECTIVA
(OUTUBRO-2016) 






    • PRESIDENTE : PABLO GÓMEZ TABOADA (Protección de Datos, Seguros e Consello Escolar)
    • VICEPRESIDENTE : MANUEL ÁLVAREZ ÁLVAREZ 
    • SECRETARIA : LARA PEREIRA FIGUEROA (Comision AA.EE e Comedor)
    • TESOUREIRO : JESUS MIGUEL COEJO
    • ADMINSITRADOR DE TIC´S: JORGE FERNÁNDEZ e MANUEL ÁLVAREZ
    • VOGAL 1 :   RICARDO GARCÍA (Comision AA.EE)
    • VOGAL 2 :   GUADALUPE GARCÍA (Comision AA.EE)
    • VOGAL 3 :  JESUS MANUEL FONTÁN(Comision AA.EE)
    • VOGAL 4 :   AGUSTÍN RIOBÓ POUSADA (Comisión excursións)
    • VOGAL 5 :   MARÍA LUISA MARTÍNEZ (Comisión excursións)
    • VOGAL 6 :   NURIA NERJA VILARIÑO (Delegada comedor)
    • VOGAL 7 :   NATALIA RODRÍGUEZ (Delegada comedor)
    • VOGAL 8 :   SAM HICHAM KOURATI (apoio)
    • VOGAL 9:    BLANCA VEGA (apoio)


    A ANPA participa co colexio en arranxos e melloras das instalacións do mesmo, que en moitas ocasións non están dentro do seu orzamento. Fai posible as Extraescolares, etc. Cun pequeno desembolso anual de cada unha das familias, conseguimos moitas cousas. Só son 21 €. Ademais, sendo socio da ANPA, as actividades extraescolares dos teus fillos son máis baratas. Non o penses máis e participa. Só tes que encher un breve formulario e enviárnolo.

    Actividades e funcións da ANPA

    Entre outras, a Asociación participa nas seguintes accións:
    1. Colaborar con proxectos do Centro, dirección e o profesorado domesmo.
    2. Actividades Extraescolares. Colaborando e achegando na planificación e xestión das mesmas.
    3. Subvención das excursións escolares, achegando no seu custo de tal maneira que aos socios e socias sálgalles máis económicas.
    4. Organización e colaboración co colexio nas festas de Nadal, Entroido e Fin de Curso. pondo recursos e traballo para que as mesmas salgan o mellor posible.
    5. Intervención no Consello Escolar do Centro, a través dun representante no mesmo, que traslada ás reunións asuntos de interese para familias e alumnado.
    6. Mediación co Concello e as súas diferentes Concellarías e a Administración, para asuntos de interese para a comunidade escolar.
    7. Velar polo correcto funcionamento do comedo escolar e o servizo do plan madruga facendo de intermediario entre os usuarios, a Federación Provincial de Anpas de Pontevedra e a empresa que presta o servizo.
    8. Apoio ás familias que o solicitaron en relación á mediación coa Dirección do Centro.
    9. Comunicación aos socios e socias de temas de interese para as familias en temas relacionados coa educación o lecer e os recursos, a través de comunicacións vía mail, notas escritas e o Blog.
    10. A Asociación forma parte da FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA. Con isto a asociación está en contacto con outras asociacións de Pontevedra, facilítasenos información e recursos, e dispomos de asesoramento.

    ¿COMO FACERSO SOCIO?

    Lembrámoslle que para realizar as actividades é imprescindible ser socio da A.N.P.A. (para estar cuberto polo Seguro), para o cal terán que:

    1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2016-2017. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
    2. Pago: Pasarase ao cobro no mes de outubro ou novenmbro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o dia xoves 29 de Setembro de 2016 ou venres 30 de setembro de 2016 no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).

    O prazo de inscrición ordinaria remata o 30 de outubro de 2016


    As cotas para o ano 2016/2017, segundo o establecido na Xunta Xeral Ordinaria do 20 de setembro do 2016 son as seguintes

    Por unidade familiar indistintamente do numero de cativos: 21  


    SEGURO DE ACCIDENTES

    A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.

    O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), 
    e é válido até o 1 de outubro de 2017.

    Coberturas do seguro de accidentes:




    Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.


    Para contratalo preencha as casillas correspondentes na ficha de inscrición da Anpa. O cobro será a primeiros de novembro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago

0 comentarios:

Publicar un comentario