Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 7 de outubro de 2009

VII Xornada de Convivencia Escolar

"Coeducación: ferramenta básica para a prevención da violencia"

O proxecto, “Sen violencia-convivecia”, pretende é previr a violencia e maltrato entre mozos dotando ós menores das habilidades e recursos persoais precisos para evitar este tipo de situacións. Para elo, 38 voluntarios de Cruz Vermella Xuventude organizan talleres educativos para alumnado, pais, nais e docentes. Nestes obradoiros trabállase diferentes aspectos da personalidade como as habilidades sociais e de comunicación, a interculturalidade, a capacidade de convivencia e de resolución de conflitos, empatía, autoestima, sexismo e violencia. No tempo de vida deste proxecto atendeuse a máis de 750 menores da provincia.

Adxunto remitimos o díptico informativo e a ficha de inscripción da VII Edición das Xornadas sobre Convivencia Escolar que veñen celebrando dende hai sete anos, e que este ano levará por título:

"Coeducación: ferramenta básica para a prevención da violencia" . A súa celebración terá lugar o xoves 22 de Outubro no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra.

As xornadas enmárcanse dentro das actuacións do Programa Sen Violencia-Convivencia que Cruz Vermella Pontevedra e a Deputación Provincial desenvolven en convenio dende o ano 2003. Poden remitir as fichas de inscripción por fax ou por correo electrónico:  mailto:senviolencia@cruzroja.es antes do 15 de Outubro.

 Ficha Inscripción Xornada 09

 Díptico Xornada

0 comentarios:

Publicar un comentario