Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 8 de marzo de 2010

As ludotecas de verán incorporarán servizo de almorzo e comedor e ampliarán o horario ata as 21.00 horas

O programa de ludotecas de verán dará este ano un salto cualitativo ampliando o seu horario ás tardes e ofrecendo tamén os servizos de almorzo e comedor, co que os pais disporán dunha ampla oferta municipal para conciliar a vida laboral e familiar. O novo formato foi presentado hoxe polo concelleiro de Educación, Julio Castela Martínez, e a presidenta da Federación de ANPA, María José Rodríguez, ás asociacións de nais e pais do municipio. O edil destacou o importante esforzo do seu departamento, reforzando o programa e apostando pola gratuídade para a franxa horaria matutina, nun intencionado xesto de apoio ás economías familiares no actual contexto de crise económica. As novidades inclúen tamén a ampliación da idade dos rapaces, que pasa dos 3 a 10 anos do ano pasado, a un abano que vai dos 3 aos 12 anos.

Fonte: www.concellopontevedra.es

0 comentarios:

Publicar un comentario