Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 4 de maio de 2010

XII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO NO PRINCIPAL


Teatro
XII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO NO PRINCIPAL
Do Luns 3 de maio ao Sábado 8 de maio, 20:30 horas.
Lugar: Teatro Principal.
Prezo: Entrada de balde até completar capacidade.




A XII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO trae a Pontevedra os traballos das aulas de teatro procedentes das tres universidades de Galicia, pero tamén de campus internacionais, durante toda a semana. A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela inaugura esta edición, coa comedia "As cuñadas", unha versión dirixida por Roberto Salgueiro do texto orixinal de M. Tremblay e ambientada na Coruña. O martes 4 de maio, o grupo Maricastaña representa a obra "Odisea espacial" e o mércores 5 de maio, a Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña pon no escenario unha creación colectiva, co título "Rinoceronte no camiño".



A XII edición da MITEU conta con actuacións no Teatro Principal de Pontevedra do 3 ao 8 de maio de 2010:


Luns, 3 de maio: Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. “As Cuñadas” de M. Tremblay.

Martes, 4 de maio: Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra. “Eclipses” de Manuel Lourenzo.

Mércores, 5 de maio: Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña. “Odisea espacial” a partir da obra de Arthur C. Clarke.

Xoves, 6 de maio: Aula de Teatro da Universidade da Coruña. “Rinoceronte no camiño”, Creación Colectiva da Aula de Teatro.

Venres, 7 de maio: Compañía de Teatro da USC, Lugo. “Unha dúbida razoable”, adaptación de “12 homes sen piedade” de Reiginald Rose.

Sábado, 8 de maio: Aula de teatro da Universidade de Vigo. Campus de Vigo. “Residuos”, AA.VV.

0 comentarios:

Publicar un comentario