Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de febreiro de 2012

TEATRO : 'ZOO' da compañía YLLANA



TEATRO
'ZOO' da compañía YLLANA
26 de febreiro ás 12.00h. e 18.30h.
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: 4 euros

Domingos do Principal continúa o domingo 26 de febreiro, esta vez no Pazo da Cultura, con ZOO, da compañía YLLANA.No mais profundo do mato uns intrépidos e tolos exploradores tratarán de capturar un animal exótico en vías de extinción para o Zoo da cidade. A misión é máis complicada do que parecía en principio. Yllana volve facer un espectáculo aplicando a súa visión cómica do mundo. Espectáculo de humor xestual.

Recomendado a partir de 8 anos.
As entradas sobrantes poderán adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura dende dúas horas antes do espectáculo.




                                                                  Recibide un cordial saúdo




luns, 30 de xaneiro de 2012

CONCERTO “A ITALIA DESCOÑECIDA”


 
CONCERTO “A ITALIA DESCOÑECIDA”

XOVES, 2 DE FEBREIRO – 21H
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Ciclo de Butaca 2012

Programa

Impressioni di Sardegna...Lao Silesu (arr. Hardy Mertens)
Il Pastore Svizzero [Pezzo da Concerto per Flauto e Banda]...Pietro Morlacchi.
Suite Marchigiana...Luciano Feliciani
Banda Sucre [Marcia Sinfonica]...G. Orsomando

Director convidado: Andrea Loss
Frauta solista: Adrián Silva


Entrada libre ata completar aforo
   
Máis información en:
www.bandamusicapontevedra.org
 
Banda de Música de Pontevedra
R\Alfonso XIII, Nº 7. 36002. Pontevedra

Director convidado: Andrea Loss
Solista: Adrián Silva Magdalena, frauta



Recibe un cordial saúdo


mércores, 18 de xaneiro de 2012

DISNEY EN CONCERTO




DISNEY EN CONCERTO
(Concerto en familia)

SÁBADO, 21 DE XANEIRO – 19:30H
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Ciclo de Butaca 2012

Programa

Fantasía (Jonny E. Vinson)
Cicle of life - Rey León
A Disney spectacular
Hook
Aladín
The incredibles
Titanic
Los picapiedra

Solista: Marina Penas (soprano)
Director titular: Juan Lois Diéguez

Concerto de pago:
Entrada 3€ (a venda en: www.servinova.com (http://taquilla.servinova.com/entradas/main.php#), 902 504 500 ou no despacho de billetes do Teatro Principal unha hora antes do concerto)

Máis información en:
www.bandamusicapontevedra.org
 
Banda de música de Pontevedra
R\Alfonso XIII, Nº 7. 36002. Pontevedra

Recibide un cordial saúdo


luns, 24 de outubro de 2011

TEATRO INFANTIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA: "CAMA E CONTO"


TEATRO INFANTIL
O VENRES 28 OUTUBRO 2011
Na  Biblioteca Pública de Pontevedra a obra
CAMA E CONTOde  Babaluva dentro do programa de actividades culturais “Letras vivas” da Consellería de Cultura e Turismo.
Malva devece por que a súa nai lle lea un conto antes de ir a durmir. Con estas historias viaxa ata un mundo de maxia e de fantasía onde todo é posible….

Público infantil. Recomendado a partir de 4 anos
Horario : 18:30 h
Lugar: Salón de actos da Biblioteca


Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"

Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27

                                                                      Recibide un cordial saudo de

mércores, 28 de setembro de 2011

TEATRO INFANTIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA

informa
           



TEATRO INFANTIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA

"Leo e as estrelas" de Altega
Zascandís, teatro de sombras
pretende achegar a ciencia da astronomía aos máis pequenos da casa, converténdose nunha ocasión única para disfrutar de historias máxicas
Venres, 30 de setembro               Ás 18:30 h.
Recomendado para toda a família!
Lugar: Salón de actos da Biblioteca. Rúa Alfonso XIII, 3.
¡¡¡ Entrada de balde !!!


Mais información :  Teatro Infantil

martes, 4 de maio de 2010

XII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO NO PRINCIPAL


Teatro
XII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO NO PRINCIPAL
Do Luns 3 de maio ao Sábado 8 de maio, 20:30 horas.
Lugar: Teatro Principal.
Prezo: Entrada de balde até completar capacidade.




A XII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO trae a Pontevedra os traballos das aulas de teatro procedentes das tres universidades de Galicia, pero tamén de campus internacionais, durante toda a semana. A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela inaugura esta edición, coa comedia "As cuñadas", unha versión dirixida por Roberto Salgueiro do texto orixinal de M. Tremblay e ambientada na Coruña. O martes 4 de maio, o grupo Maricastaña representa a obra "Odisea espacial" e o mércores 5 de maio, a Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña pon no escenario unha creación colectiva, co título "Rinoceronte no camiño".



A XII edición da MITEU conta con actuacións no Teatro Principal de Pontevedra do 3 ao 8 de maio de 2010:


Luns, 3 de maio: Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. “As Cuñadas” de M. Tremblay.

Martes, 4 de maio: Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra. “Eclipses” de Manuel Lourenzo.

Mércores, 5 de maio: Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña. “Odisea espacial” a partir da obra de Arthur C. Clarke.

Xoves, 6 de maio: Aula de Teatro da Universidade da Coruña. “Rinoceronte no camiño”, Creación Colectiva da Aula de Teatro.

Venres, 7 de maio: Compañía de Teatro da USC, Lugo. “Unha dúbida razoable”, adaptación de “12 homes sen piedade” de Reiginald Rose.

Sábado, 8 de maio: Aula de teatro da Universidade de Vigo. Campus de Vigo. “Residuos”, AA.VV.