Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 8 de novembro de 2010

Actos 50 anos de Escola



A toda a comunidade educativa, antigos mestres, ex alumnos, amigos………

Do luns 15 ó venres 19 de novembro o colexio celebrará os seus:

                            

Nesta semana desenvolveranse diversos actos: uns para o alumnado e outros abertos a toda a comunidade educativa que forma e formou parte deste centro escolar.

O luns 15 de novembro farase un pequeno acto conmemorativo do 50 aniversario da escola que contará coa asistencia de distintas autoridades onde os alumnos de 5º e 6º de primaria lerán uns poemas de D. Gerardo Álvarez Limeses e pecharán o acto tocando o Himno Galego.

Como saben o aforo do ximnasio é limitado polo tanto só poderán entrar aquelas persoas que confirmen a súa asistencia ata un máximo de 200, xa que o resto estará ocupado por nenos. ( Teñen que confirmar a asistencia na secretaría e recoller a invitación).


O longo da semana haberá actividades para o alumnado polas mañás e actividades de asistencia libre para pais, nais, titores, etc, polas tardes.

O venres 19 celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra una Xuntanza de convivencia (comida) aberta a todo ó que queira asistir, ás 14:30 h.. O precio é de 30 €.

Para anotarse terán que facer efectivo o pago no nº de conta 2091-0547-21-3000022713 da sucursal de Caixa Galicia da rúa Peregrina poñendo o nome no pagador. A data máxima para facer o ingreso é o luns 15 de novembro. As mesas son de 8-10 comensais. Se alguén quere facer grupo, por favor, teñen que vir pola secretaría para telo en conta na organización das mesas.

Esperamos que os actos da semana sexan do agrado de todos e contamos coa súa asistencia e participación.

Algunhas das actividades para os nenos están desenvolvidas por pais de alumnos/as do centro, outras persoas e entidades colaboradoras de forma altruista. Dende aquí, moitísimas grazas pola súa colaboración e ilusión por participar na vida activa da escola.

                                                                  O CLAUSTRO ESCOLAR


TRÍPTICO INFORMATIVO:

 Tríptico 50 anos de Escola

0 comentarios:

Publicar un comentario