Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 10 de marzo de 2011

4º Edición do programa de actividades Mexturanzas

MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Actividades 3 a 7 anos

Obradoiro de creatividade Sensorial

Cada sesión xirará en torno a un tema ou historia relacionada cos sentidos (o mundo de olorín oloroso, o captador de sons, o toca-toca, ...) co que iremos traballando cos nenos/as a percepción sensorial do seu propio corpo e do mundo que o rodea dunha maneira lúdica e divertida

Obradoiro de xogos e cancións

A través da proposta de diferentes xogos e cancións axeitados ás idades (simbólicos, de roda, de correr, con xestos, rítmicos ….)os nenos/as terán a oportunidade de comunicar, expresar e relacionarse cos iguais nun ambiente san e distendido, desenvolvendo ao tempo as súas capacidades motrices, creativas e imaxinativas.

Obradoiro de barro

Traballar con barro proporciónalle ao neno/a unha experiencia multisensorial, estimula a súa imaxinación construtiva e desenvolve a súa coordinación dinámica manual : amasamos, estiramos, facemos figuras con churros, bolas, placas…

Actividades 8 a 12 anos

Obradoiro de experimentos

Os/as nenos/as terán a oportunidade de ver, tocar e entender diferentes aspectos da física, química, bioloxía e astronomia: realizar fabulosas reaccións químicas, saber todo sobre a composición dos alimentos, observar as bactérias ao microscópio, construir pequenos aparatos científicos (densímetros, hidrómetros, ….)

Xogos populares e tradicionais

A partires de xogos de toda a vida, os nenos aprenderán a relacionarse dun xeito aberto, curioso e participativo con outros nenos/as, coñecendo e estimando o seu patrimonio cultural e oral. Habendo tamén un espazo para convidar aos pais e nais a compartir cos fillos/as os xogos que practicaban na súa infancia

Obradoiro de cerámica e modelado

Neste obradoiro o/a neno/a adquirira as técnicas e os coñecementos do modelado básico para traballar libremente a cerámica; achegándoo a busca da expresividade, da creación manual a través do modelado de obxectos tanto utilitarios coma esculturais.

Actividades Pais e nais

Risoterapia e xestión do estres

Este obradoiro quere brindar aos pais e nais un espazo para desfacerse do estres semanal e dotalos de ferramentas e estratexias para saber xestionalo dunha maneira lúdica e creativa.

Danzas do mundo

Un espazo de encontro a través das danzas e as músicas tradicionais de diferentes pobos do mundo. Non fai falta ter experiencia previa, as danzas serán dun nivel inicial e medio en canto a dificultade. 

Actividades en familia

Patinaxe

O obxectivo deste obradoiro e o de divertirse e aprender a patinar en familia con exercicios técnicos propios deste deporte e xogos de todo tipo adaptados e aplicados aos patíns.

Sendeirismo e Tempo Libre

Proporcionar ás familias unha ocasión de convivencia, lecer e coñecemento do noso entorno natural e cultural.




TRÍPTICO MESTURANZAS

0 comentarios:

Publicar un comentario