Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Mesturanzas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mesturanzas. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de marzo de 2011

4º Edición do programa de actividades Mexturanzas

MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Actividades 3 a 7 anos

Obradoiro de creatividade Sensorial

Cada sesión xirará en torno a un tema ou historia relacionada cos sentidos (o mundo de olorín oloroso, o captador de sons, o toca-toca, ...) co que iremos traballando cos nenos/as a percepción sensorial do seu propio corpo e do mundo que o rodea dunha maneira lúdica e divertida

Obradoiro de xogos e cancións

A través da proposta de diferentes xogos e cancións axeitados ás idades (simbólicos, de roda, de correr, con xestos, rítmicos ….)os nenos/as terán a oportunidade de comunicar, expresar e relacionarse cos iguais nun ambiente san e distendido, desenvolvendo ao tempo as súas capacidades motrices, creativas e imaxinativas.

Obradoiro de barro

Traballar con barro proporciónalle ao neno/a unha experiencia multisensorial, estimula a súa imaxinación construtiva e desenvolve a súa coordinación dinámica manual : amasamos, estiramos, facemos figuras con churros, bolas, placas…

Actividades 8 a 12 anos

Obradoiro de experimentos

Os/as nenos/as terán a oportunidade de ver, tocar e entender diferentes aspectos da física, química, bioloxía e astronomia: realizar fabulosas reaccións químicas, saber todo sobre a composición dos alimentos, observar as bactérias ao microscópio, construir pequenos aparatos científicos (densímetros, hidrómetros, ….)

Xogos populares e tradicionais

A partires de xogos de toda a vida, os nenos aprenderán a relacionarse dun xeito aberto, curioso e participativo con outros nenos/as, coñecendo e estimando o seu patrimonio cultural e oral. Habendo tamén un espazo para convidar aos pais e nais a compartir cos fillos/as os xogos que practicaban na súa infancia

Obradoiro de cerámica e modelado

Neste obradoiro o/a neno/a adquirira as técnicas e os coñecementos do modelado básico para traballar libremente a cerámica; achegándoo a busca da expresividade, da creación manual a través do modelado de obxectos tanto utilitarios coma esculturais.

Actividades Pais e nais

Risoterapia e xestión do estres

Este obradoiro quere brindar aos pais e nais un espazo para desfacerse do estres semanal e dotalos de ferramentas e estratexias para saber xestionalo dunha maneira lúdica e creativa.

Danzas do mundo

Un espazo de encontro a través das danzas e as músicas tradicionais de diferentes pobos do mundo. Non fai falta ter experiencia previa, as danzas serán dun nivel inicial e medio en canto a dificultade. 

Actividades en familia

Patinaxe

O obxectivo deste obradoiro e o de divertirse e aprender a patinar en familia con exercicios técnicos propios deste deporte e xogos de todo tipo adaptados e aplicados aos patíns.

Sendeirismo e Tempo Libre

Proporcionar ás familias unha ocasión de convivencia, lecer e coñecemento do noso entorno natural e cultural.




TRÍPTICO MESTURANZAS

luns, 8 de marzo de 2010

EDICIÓN DO PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE MESTURANZAS

Desde a ANPA ALVAREZ LIMESES queremos informarvos que a Federación Provincial de ANPAS de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, puxo en marcha a TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE MESTURANZAS dirixido ás familias dos centros públicos de Pontevedra.

Con este Programa pretendemos ofertar ás familias unha alternativa de ocupación activa do tempo de lecer, favorecendo a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que podedes compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.



PDF - 50.8 KB
Normas de participación


 

 

 


Word - 180 KB
Carta co calendario mesturanzas


Word - 49.5 KB
Ficha inscrición en word


PDF - 54.6 KB
 
Ficha de inscrición