Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 19 de maio de 2011

Aberto o prazo de inscrición para distintos obradoiros de Maio, Mes da Lingua







MAIO, MES DA LINGUA

Lembrámoslles que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros:

- Obradoiros de cantos de arrolo e masaxe (xúntase a ficha de inscrición no arquivo pdf)
- Obradoiros musicais con creación de instrumentos  (xúntase a ficha de inscrición no arquivo pdf)
- Obradoiro sobre os dereitos lingüísticos



OBRADOIROS DE CANTOS DE ARROLO E MASAXE


Actividade para promover o uso do galego nas familias con nenos/as de 1 a 5 anos, a través da aprendizaxe de cantos de arrolo acompañados de técnicas sinxelas de masaxe para favorecer o descanso dos máis pequenos.
É preciso levar unha toalla ou mantiña para deitar o neno/nena sobre a colchoneta.
Data: sábado 21 de maio de 2011
Lugar: local social do Gorgullón.
Hora: primeira sesión ás 10 h; segunda sesión ás 12 h
Duración de cada sesión: 90 min
Número de prazas por sesión: 20 familias
Entrega de solicitudes:
    • Por correo electrónico ao snl@pontevedra.eu
    • Por fax ao 986 85 18 00
    • Persoalmente no:
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística
Rúa de Arcebispo Malvar, 1

OBRADOIROS MUSICAIS CON CREACIÓN DE INSTRUMENTOS

Actividade para promover o uso do galego entre os máis novos (nenos/as de 7 a 11 anos), mediante as cancións tradicionais cantadas co acompañamento de instrumentos musicais feitos con material de refugallo.
É preciso levar botes de refrescos, briks, ou vasos de iogur para a creación dos instrumentos
Data: sábado 28 de maio de 2011
Lugar e hora: local sociocultural de Xeve, ás 11 h
local social do Gorgullón, ás 18 h
Duración de cada sesión: 3 horas, cunha pausa na metade.
Número de prazas por sesión: 20 persoas
Entrega de solicitudes:
    • Por correo electrónico ao snl@pontevedra.eu
    • Por fax ao 986 85 18 00
    • Persoalmente no:
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística
Rúa de Arcebispo Malvar, 1
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Tel. 986 100 185, ext. 7042


0 comentarios:

Publicar un comentario